Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2019-2020) Queres coñecer que normas acordamos e como fixemos o seu panel?

Entre todo o que fixemos ó longo destas primeiras semanas, estivo refacer as normas da nosa aula, posto que as que tiñamos foran feitas o curso anterior.

O primeiro foi acordar entre todos e todas que normas deberíamos ter na aula. O profe foi escribíndoas para ter claro cales eran.

Segundo o que tiñamos escrito fomos "dramatizando as normas" e tomando unha fotografía de cada unha delas.

 

Con tódalas fotos feitas, chegou o momento de pintar o panel onde irían pegadas. Por primeira vez tivemos que poñernos dacordo para pintar a "nosa zona" da cor que correspondía... pero coa axuda dos maiores todo traballamos xuntos sen problema.

 

Co panel xa rematado e seco, fomos pegando as fotografías en cada cor. Os máis pequenos encargáronse de facelo.

 

Pola súa parte, os maiores foron os encargados de escribir o texto que acordaramos para cada norma, e pegalo debaixo da fotografía que correspondía.

 

 

Deste xeito as normas quedaron rematadas e listas para consultalas cando precisemos. 

 

 

(2019-2020) Así foron os primeiros días deste curso en Infantil 2

Durante estes primeiros días do curso estivemos "adaptándonos" ás dinámicas e rutinas da aula, sobre todo para que os novos compañeiros e compañeiras se sentiran parte do noso grupo.

Xogamos todos xuntos nos recreos e ensinámoslle ós novos compeñeiros/as, "tódolos trucos" que aprendimos estes cursos.

 

Presentámoslles a "RAYO" e a "EVAN" as nosas tartarugas, e ensinámoslle como darlle a comida e as nomas de respecto e coidado das dúas.

 

 

Fomos sendo "encargados" e descubrindo todo o que toca facer cando se é "encargado ese día". 

 

 

Fixemos os nosos carnets QR, co que poder acceder ó calendario online (que podes ver neste mesmo recanto) e que usaremos para facer o préstamo de libros os venres.

 

 

Estrenámolos facendo os rexistros do encargado, no calendario online.

 

 

Tamén cambiamos a nosa foto de grupo da porta de clase. Traballando todos xuntos demos feito co traballo.

 

 

 

 

Tamén levamos unha foto pequena de todo o grupo para as nosas casas, así puidemos presentarlles os novos compañeiros e compañeiras ás nosas familias.

 

Creamos as nosas novas bandexas para as merendas, escollendo as fotos que queríamos poñer. 

 

 

E agora xa podemos usalas nas merendas. Quedaron fantásticas! 

 

Aínda nos quedan un par de semanas para "rematar de deixar a aula ó noso gusto"... seguide todo o que fagamos neste blogue.

(2019-2020) Xa estamos de volta!... con compañeiros novos. Queres coñecelos?

Rematadas as vacións de verán xa estamos aquí de novo. 

Este curso temos cinco novos compañeiros e compañeiras, para que poidas coñecernos aquí estamos todos, na nosa primeira foto do curso.

 

ANXO - IVÁN - BRAIS - CÉSAR  -  YAIZA  -  ÓSCAR (profe)

CLAUDIA  -  NEREA  -  ELSA   - ENZO

 

Ó longo das sucesivas semanas deste curso, poderedes estar ó tanto neste blogue de todo o que suceda na nosa aula. En que aventuras nos embarcaremos?... permanecede atentos a este blogue para enterarvos de todo.

 

 

 

(2018-2019) Remata o curso e despedímonos dos compañeiros e compañeiras que marchan a primeiro

Chegou o último día do curso, e con el o momento de despedirnos dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro o vindeiro curso.

Desexámoslle o mellor a ÓLIVER, ADÁN, MARIÑA, ARIADNA e HECTOR, así como ós compañeiros e compañeiras de EI1 que tamén estarán en primeiro o vindeiro curso.

Non esquezades vir de visita ;)

 

 

Dentro duns meses, en setembro, voltaremos a estar por aquí, xa con novos compañeiros e compañeiras, que se unirán a tódalas aventuras que sucedan na nosa aula.

 

Ata ese momento... PASADE UN FANTÁSTICO VERÁN!!!

 

Queremos agradecer a tódalas familias, a colaboración amosada durante todo este curso así como nos anteriores.

Moitas grazas a todos e todas

Óscar

(2018-2019) E ademais no mes de xuño sucedeu todo isto en Infantil 2

 Neste último mes do curso sucederon unha chea de cousas, ademais de todo o que xa vos fomos contando en entradas anteriores:

21/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Presentamos o noso telexornal ante as familias e compañeiros. Queres velo? 
21/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Buscamos un tesouro escondido seguindo un mapa 
21/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019 Celebramos os aniversarios de xuño e do verán 
13/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Así rematamos o noso Telexornal. Xa está listo e poderás velo dentro dunha semana. 
13/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul 
13/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Viaxamos en tren ata Vigo para visitar o Zoo e Indiana Bill

 

Cando comezou o mes anotamos no "calendario online" os feitos significativos que terían lugar nas seguintes semanas. Deste xeito a medida que iamos facendo os rexistros e rutinas diarias, puidemos controlar cantos días faltaban para que tiver lugar cada un deles.

 

Rematamos o noso dicionario xigante deste curso, e tamén o individual, que agora tedes xa nas vosas casas.

 

Completamos o noso boletín trimestral de auto-avaliación, revisando cales foron os libros que levamos máis veces. Usamos para elo a aplicación da biblioteca online do recanto de infantil.

 

 

Asistimos á entrega de medallas do Deporte Escolar, ós compañeiros e compañeiras de primaria.

 

Levamos a cabo o noso último experimento do curso, "A auga que non cae". Plantexando hipóteses do que podería suceder, verificándoas e repetindo o experimento en cada un dos equipos. Finalmente completamos no noso caderno de campo, os fenómenos observados. 

Os compañeiros de EI1 foron os encargados de crear o vídeo deste experimento. Podes velo así como os doutros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.

 

Preparamos na nosa carpeta, todo o material que tiñamos que levar para casa.

 

 

Na aula de primeiro e segundo, xunto cos compañeiros e compañeiras destes cursos, creamos os nosos saquiños perfumados de "lavanda"

 

Traballamos co probot e co beebot, antes de participar na gran competición de fin de curso:

(2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso 

 

Exploramos o noso lado creativo coa témpera.

 

 

Preparamos a "despedida dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro".

 

Participamos nos actos de despedida tanto dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeriro, como dos sexto que o ano que ven estarán no instituto.

 

Rematamos a celebración cun concerto da "banda de música" de Campo Lameiro.

 

 

Cada un dos compañeiros recibiu un agasallo que contiña unha foto dos "graduados" e un pequeno libro.

 

 

 

A que estabamos guapísimos ;)

(2018-2019) E ademais no mes de maio...

Durante o mes de maio ademais do que xa vos comentamos en entradas anteriores (que podes atopar no final desta páxina), sucedeu todo o que indicamos de seguido:

Anotamos no noso calendario online os feitos relevantes do mes, controlamos as faltas de asistencia e outras rutinas que levou a cabo diariamente o encargado.

 

 

Continuamos a participar nos "apadriñamentos lectores", con compañeiros e compañeiras doutros niveis, organizados pola biblioteca escolar.

 

Participamos no concurso de poesía organizado pola ANPA, creando unha poesía pola que nos deron un fantástico premio. 

 

 

Asistimos a unha sesión de cutrametraxes sobre a igualdade:

 

 

O noso Dicionario Xigante continou medrando, xa case estamos a punto de rematalo, ó igual que sucede co noso dicionario individual.

 

 

Continuamos a traballar en equipos cooperativos, en diferentes actividades que se plantexan na aula.

 

 

Cada semana, nanosa quenda, temos regar as plantas aromáticas e medicinais, que plantamos no xardín vertical da entrada.

 

HECTOR trouxo novos "inquilinos" para a nosa aula, uns gusanos de seda.

 

Dous compañeiros de primeiro e segundo, viñeron a contarnos os beneficios das froitas, nesta ocasión da laranxa.

 

Rematamos de levar a mochila viaxeira para as nosas casas.

 

Exploramos o uso do PROBOT, uns dos nosos robots educativos.

 

 

RAYO e EVAN continúan vivindo na nosa aula, grazas ós coidados ós que nos comprometemos a darlle cada semana.

 

Continuamos reciclando e compostando os nosos "residuos" da merenda.

 

Participamos nun concerto de Susa Herrera, que nos presentou o seu novo libro de cancións.

 

 

Aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista, que formará a formar parte do telexornal que estamos a crear.

 

 

Participamos nas actividades para celebrar a Semana das Letras Galegas.

 

Exploramos as nosas posibilidades creativas coa témpera.

 

 

 

E ata superamos un reto que nos "auto-impuxemos" nos momentos de xogo libre... Poderíamos facer unha torre que chegase ata o tabeirón? 

 

 

Despois de varios días, varios intentos e de probar diferentes estratexias, colaborando todos e todas demos conseguido o gran reto. 

 

No mes de xuño, antes de que remate este curso, aínda nos queda moito por facer como rematar o noso telexornal, recibir a visita dos compañeiros/as da Galiña Azul, despedirnos dos compañeiros/as que marchan para primeiro e a nosa fantástica excursión de fin de curso.

De todo isto como sempre recibiredes cumprida información neste mesmo blogue.

 

Lembra que podes ver outros tarefas que tiveron lugar ó longo deste mes nas seguintes entradas.

01/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Continuamos a cociñar. Nas últimas semanas fixemos Spagueti e Magdalenas 
01/06/19: (2018-2019) Sabes como meter papel en auga e que non se molle? Descúbreo co noso vídeo deste experimento 
01/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Celebramos os aniversarios de Anxo e Antía no mes de maio 
25/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Continuamos a crear as novas que formarán parte do noso telexornal 
25/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Participamos nas “lecturas na carballeira” cunha poesía de Rosalía de Castro 
11/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Entrevistamos a Susa Herrera para o telexornal que estamos creando en infantil 
11/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Convertímonos en Chefs: Comezamos cociñando unha pizza

 

 

(2018-2019) Sabes como meter papel en auga e que non se molle? Descúbreo co noso vídeo deste experimento

Este mes descubrimos como meter papel en auga sen que se molle, grazas o experimento que levaríamos a cabo.

Nesta ocasión nos correspondería a Infantil 2 crear o vídeo explicativo do experimento (que podes ver ó final desta entrada), tería que facelo a antigo equipo COCODRILO, que eran quenes restaban por facelo.

Como sempre facemos, antes de nada plantexamos as nosas hipóteses de que podería facerse usando ese material, houbo moitas ideas diferentes:

  • Metendo o papel na auga cambia de cor
  • Poñendo o vaso como un barco non en entra auga e o papel no se molla.
  • Se pos o vaso do revés o papel si se molla.
  • Se metes o papel desfaise e desaparece
  • [...]

 

Comprobamos as diferentes hipóteses pero ningunha funcionaba. Non era posible meter o papel na auga, pero si metíamos o papel no vaso apretado contra o fondo, ó meter o vaso do revés non se mollaba.

Era todo un misterio porque non subía a auga ata o papel... despois dun debate entre todos chegamos á conclusión de que a razón é que había algo entre o papel e auga, dentro do vaso. Seguramente aire.

 

 

Chegou despois do turno de que cada un dos equipos cooperativos levase a cabo o experimento, para verificar que sempre sucedía o mesmo resultado. Por suposto, unha vez feito, puideron facer tódalas modificacións e experimentacións que consideraron co material.

 

 

Unha vez feito en tódolos equipos, e despois de facer a auto-avaliación do seu traballo co "panel das caras". O antigo equipo cocodrilo tivo que organizarse para rodar o vídeo do experimento.

Tiveron que decididir quen diría cada parte da explicación, así como escribir o material que se precisa nun cartel. 

 

 Así quedou o vídeo do experimento unha vez rematado.

 

Tan só nos quedaba por anotar, os resultados e as observacións no caderno de campo individual do experimento.

 

Podes ver este vídeo e os vídeos doutros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.

 

(2018-2019) E ademais... no mes de abril

Ó longo deste mes de abril sucederon unha chea de cousas na nosa aula. Algunhas delas xa as comentamos en entradas anteriores neste mesmo blogue, e doutras daremos conta moi pronto en próximas publicacións.

Ademais de celebrar os aniversarios do mes, participar nas actividades da semana do libro, "sementar aromas", traballar con robots, iniciar a creación do noso telexornal, crear novos equipos cooperativos e facer os preparativos paro o obradoiro de cociña; sucedeu tamén todo isto:

Marcamos os eventos máis importantes, facemos seguimento estatístico do tempo meteorolóxico, as faltas, etc... no noso CALENDARIO ONLINE.

O encargado ten un papel moi relevante cada día levando conta de todo.

 

 

A mochila viaxeira da biblioteca, continúa a súa viaxe polas nosas casas, acompañada de colorines (o elefante que adoptamos con WWF)

 

Compartimos cos compañeiros e compañeiras todo o que fixemos na casa coa mochila.

 

 

O noso Diccionario Xigante continúa a encherse coas nosas palabras favoritas. 

 

 

Os venres seguimos a levar, e anotar na aplicación online e no noso rexistro en papel, o libro que levamos para casa da biblioteca de aula.

 

 

Asistimos á presentación da exposición "sobre as mulleres e a igualdade" no Concello.

 

 

Reciclamos e compostamos o noso lixo, depositando cada cousas no seu contedor.

 

Exploramos a nosa creatividade coa témpera

 

En próximas entradas contarémosvos todo o que temos entre mans e que comezamos a artellar ó longo deste mes.

Ata entón podedes ler as anteriores entradas deste blogue, das que xa vos falábamos ó comezo da publicación, para afondar en todo o que fixemos.

 

 

 

 

(2018-2019) Temos novos equipos cooperativos. Queres coñecelos?

Rematado o proxecto de investigación sobre os Dinosaurios coa creación do noso propio museo, chegou o momento de organizarnos en novos equipos cooperativos.

O primeiro foi descubrir con quen estaría cada quen nos tres equipos. Con eles traballaremos xa ata o final do curso.

 

Así quedamos repartidos nos tres equipos: 

 

 

Cada equipo tivo que acordar como querían charmarse e de que cor sería o seu panel. Despois de duras negociacións, agurmentando e contra argumentando, todos e todas chegaron a un acordo.

 

 

Decidida a cor e o nome do equipo, tan só quedaba crear cadanseu panel de autoavaliación, estampando con letras o nome do equipo...

 

 

... para posteriormente buscar e imprimir unha foto en inernet, que pegarían xunto á foto de grupo no seu panel. Acodando previamente onde e de que xeito organizalo.

 

Tan só quedaba por escribir os nomes dos integrantes de cada equipo para deixalo rematado.

 

Así quedaron os paneis de cada un equipos. Agora xa podes coñecer ós nosos tres novos equipos cooperativos.

EQUIPO SELVA:

 

EQUIPO FLASH:

 

EQUIPO  RAYO:

 

A partir de agora xa vos iremos contando como traballamos, en diferentes momentos, cos nosos novos equipos cooperativos. 

 

(2018-2019) E ademais, para rematar o segundo trimestre, no mes de marzo...

Ó longo deste mes de marzo ademais de todo o que xa vos contamos en entradas anteriores (facer o nos libreo para o Salón do libro para logo visitar a Orbil, celebrar os aniversarios e deseñar, elaborar e participar no Entroido co noso disfraz de elefante), tamén sucedeu todo isto na nosa aula.

Como cada comezo de mes, cando cambiamos a folla do calendario, anotamos no calendario online tódolos eventos que terán lugar nas seguintes semanas, no mes de marzo había unha chea deles.

Sobre el o encargado controla as faltas de asistencia, facemos un seguimento estatístico do día que fai, descubrimos que profes veñen á nosa clase ese día...

 

Fomos a plantar árbores no día internacional dos bosques, coa axuda dos axentes forestais e xunto os compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

 

 

Tivemos que escoller as cancións que soan nas entradas e nas saídas para a última semana do mes.

 

Bony, o coello de Yaiza, fíxonos unha visita ;) 

 

Polo día da muller, recibimos a visita da nai de Joaquín e Alberto, que se acercou a lernos unha historia fantástica.

 BLOG DA BIBLIOTECA: 22/03/19: 2018-2019 MAMÁS LECTORAS

 

E visionamos cos compañeiros e EI1, 1º e 2º moitas curtametraxes, para debatir despois, sobre a coeducación e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

 

 

Continuamos a encher o dicionario xigante, coas nosas palabras favoritas, escolléndoas, buscándoas na aplicación online para logo imprimilas, pegalas e escribilas.

 

Evan, a tartaruga de ÓLIVER, veu a vivir con Rayo (a nosa mascota) no seu acuario.

 

Cada semana participamos, cos compañerios e compañeiras de todo o colexio nos "apadriñamentos lectores". E continuamos a levar libros para casa os venres, da nosa biblioteca de aula.

 

O plátano viaxeiro rematou as súas viaxes polas casas de todos nós...

 

... pero comezamos a levar para casa a "mochila viaxeira", organizada polo Biblioteca do centro, na que ademais levamos a colorines (o elefante que adoptamos polo día da paz)

09/02/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Xestos de amizade e adoptamos animais en perigo de extinción na semana da Paz

 

Nesta ocasión a mochila inclúe un libro da biblioteca de aula que escolle cada uno de nós, cando lle toca o turno. 

 

Recibimos unha maleta chea de libros de poesía, na semana da poesía organizada pola Biblioteca do centro. 

 

Que levamos ós compañeiros e compañeiras de 1º e 2º cando rematamos de mirar tódolos libros.

 

 

Escribimos as estrofas dunha poesía de Gloria Fuertes, para poñer na árbore de poemas da entrada do colexio, xunto a tódolos compañeiros e compañeiras do centro.

 

Desenvolvimos a nosa creatividade pintando con témpera e mesturando cores.

 

Fixemos uns calendarios de agasallo para os nosos pais.

 

Deseñando tamén o papel de regalo para empaquetalo.

 

Como remataba o segundo trimestre, tamén levamos para casa o noso boletín de auto-avaliación "As novas da Escola" e o noso dossier da investigación sobre os dinosaurios, de seguido podes ver un exemplo de como nos quedou. 

 

 

 

Lembra que tes máis información sobre este proxecto na seguinte entrada:

16/03/19: (2018-201) Así creamos o noso museo dos dinosaurios, despois de rematar a investigación. Queres ver en vídeo como quedou?

 

No terceiro trimestre, xa desde a semana que ven, temos aínda moito que facer, descubrir e, por suposto contarvos.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.