Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Biblioteca

Contos compartidos

Nova edición de contos compartidos na que Ariadna e Daniela Garrote viñeron a contarnos El nuevo nido de los pequeños marsupilamis, unha historia moi graciosa na que a familia de marsupilamis busca un novo fogar para vivir, na súa búsqueda terán que resolver diferentes situacións que implican a outros animais. Grazas compañeiras por vir a ler á nosa clase.

Contos compartidos

Unha das cousas que mais lle gusta ao alumnado é a interacción entre os diferentes cursos, esta vez Ariadna e Irea viñeron a ler un conto que lles encantou ás nenas e nenos de 5º de educación infantil; contaron ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?. As nenas e nenos da clase prestaron moitísima atención e estiveron dacordo en que ser unha princesa rosa é moi pero que moi aburrido. Grazas compañeiras por vir a ler!

Actividades na biblioteca

Durante o primeiro trimestre de curso todos os xoves o alumnado visitou a biblioteca non só para realizar empréstitos de libros senón tamén para desfrutrar das diferentes actividades que se presentan na mesma.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Deixámosvos unhas propostas de lectura para este Nadal. 

Agardamos sexan do voso interese e que gocedes con elas.  

gO equipo de biblioteca.

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Este mes de Novembro foi o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas polo que nos momentos semanais de biblio tivemos preparadas diferentes propostas concretas relacionadas con esta temática para que os nenos e nenas puideran realizar: coloreado de diferentes plantillas científicas que unha vez escaneadas coa tablet cobraban vida, empregando para isto a realidade aumentada, creación de chapas co nome do noso proxecto de centro, retos de construción diversos e tamén a posibilidade de empregar as nosas gafas de realidade virtual onde nos mergullamos no fondo do océano para ollar diferentes especies mariñas entre outras cousas.

 

 

 

BIBLIOTECA DE CENTRO

Este curso temos á nosa disposición todos os recursos da biblioteca de centro os xoves, éste será o día no que o alumnado levará un conto emprestado e tamén á mochila viaxeira.

Xogamos co alumnado de E. Infantil

A semana pasada celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, unha das actividades propostas foi que o alumnado de 3º ciclo aprendera nas súas clases  diferentes xogos de mesa axeitados ao resto de cursos do cole. O obxectivo era ensinarlles a xogar aos máis novos e desfrutar dunha xornada divertida. Compartimos con vós algunhas fotiños do venres no que o alumnado de 5º de E. Primaria compartiu o seu tempo co alumnado de 5º e 6º de E. Infantil. 

Día das Escritoras

Hoxe, luns 16 de outubro, conmemoramos o Día das Escritoras. Esta data vense conmemorando dende outubro do 2016  para recuperar o legado das mulleres escritoras, facer visible o traballo das mulleres na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia. Este luns traballamos  o poema de Gloria Fuertes "Poema al No". Pasamos o poema ao galego, o escribimos entre todos e todas e fixemos un pequeño mural para decorar a porta da nosa aula.

 

 

 

LECTURA E FAMILIAS: TEATRO E MOVEMENTO

A semana pasada o alumnado de 6º de EI, de 1º, 2º e 3º de Primaria tivemos o pracer de gozar en familia dun obradoiro impartido por María Torres. Este obradoiro versaba sobre o teatro e o movemento, nel fixemos actividades de improvisación, de imitación… todo isto dentro dunha atmósfera lúdica.

Foi unha experiencia xenial! Grazas ás familias que puideron asistir por compartir este anaquiño do seu tempo con nós e por facer escola xuntas!

Para o vindeiro curso máis! 

Centifest: feira de xogos

O martes 30 de maio celebraremos o CENTIFEST!, a nosa feira escolar. Este ano será unha feira de xogos, como colofón final do noso proxecto de centro "A maxia do xogo".

Queres vir vernos ou participar na nosa feira? Reserva xa o día e anímate!

Distribuir contido