Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Biblioteca
Nace o noso Proxecto!!
Este venres ás 12:00 tivemos a presentación do noso proxecto que nos levará durante todo o ano a descubrir, investigar e aprender sobre o Camiño de Santiago. Sorprendímonos moito ao ver que o teito da biblioteca é agora un ceo estrelado, aprendimos uns primeiros datos sobre o camiño e os peregríns, Centi contounos que está bastante aburrido na biblioteca e que quere facer o camiño e entre todos escollemos o nome do proxecto:
Despois subimos ás aulas e xogamos ó xogo da oca, que parece ser que simboliza o camiño de Santiago... Vaia sorpresa!
Esta foi a primeira de moitas e apaixoantes xornadas.

VISITA de ELVIRA MENÉNDEZ
O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria comezamos esta última semana do mes de abril coa visita da escritora de moitos libros de literatura infantil e xuvenil Elvira Menéndez. Elvira non so é escritora tamén é actriz e guionista. Traballou en programas infantís como "Barrio Sésamo", "La Bola de Cristal", "La Cometa Blanca" e en series como "Hospital Central", "7 vidas"...
Hoxe estivo con nós e falamos do seu libro "La máquina maravillosa" un libro de ciencia ficción que nos cautivou a todos e todas dende o primeiro capítulo. A xuntanza resultou moi amena e entretida, nela compartiu con nós as súas vivencias e contestou a todas as nosas preguntas. Moitísimas grazas Elvira pola túa visita!
DÍA DO LIBRO 2019
Onte, 23 de abril, conmemoramos o día do libro.
Para celebralo, as familias de todo o alumnado do colexio viñeron na hora de ler.
Fixemos círculos de lectura cos voluntarios e voluntarias que quixeron compartir con nós os seus contos.
Pasámolo moi ben!!!
Semana da prensa
Esta semana celebramos a SEMANA DA PRENSA!
Montamos na entrada do colexio un quiosco polo que todas as aulas foron pasando a facer diferentes actividades:
- Sopas de letras.
- Buscar as diferencias.
- Escribir noticias empregando uns dados con imaxes.
- Sudokus.
- Comecocos...
No quiosco podían encontrar tamén periódicos de diferentes países e algunha revista.
Foi unha actividade moi motivadora!
OS DEREITOS DA INFANCIA
Hoxe, 20 de novembro, celébrase o día dos Dereitos da Infancia. Estes dereitos son un conxunto de normas de dereito internacional que protexen ás persoas cando aínda son menores de idade. É responsabilidade dos adultos facer cumprir estes dereitos.
ÁNXELA LOUREIRO visita o noso cole
Hoxe foi un día completo no noso cole, o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de contar con Ánxela Loureiro autora de "Laia, a nena da illa", a visita foi todo un éxito. Falamos do libro, que nos gustou moito, pero o que non imaxináramos era que íamos rematar cantando e bailando.
Grazas Ánxela, foi unha charla inmellorable!!
RECANTO DE MÚSICA NA BIBLIOTECA
Hoxe o alumnado de 5º de E.I estreamos o RECANTO de música que está na biblioteca.Foi todo un acontecemento !!!Primeiro escollimos o CD que querían escoitar , este foi BRINCAVAI de PACO NOGUEIRAS e logo colocamos os auriculares.Que caras !!!Que alegría!!! que risas!!!. Ata poñían a orella para escoitar un pouquiño da múasica das compis.Foi divertido para todas e todos.Xa sabemos que cando vaiamos á biblioteca entre outras cousas tamén podemos escoitar música, eso sí, respetando as normas para un mellor funcionamento do RECANTO e sobre todo coa supervisión dos maiores.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »
