Magosto - Samaín
MAGOSTO NO COLE
Hai uns días celebramos o cole o noso MAGOSTO, un fantástico día de xogos e diversión.
Festa de Samagostín 2021
Un ano máis o noso cole encheuse de monstruos e seres arrepíantes comendo castañas e bailando ao son da música.
Samagostín 2021
Mañá xoves 28 de outubro celebraremos o noso tradicional Samagostín!!!
Samaín arrepiante!!
Un ano máis chegou o Samaín ao noso centro, este ano estivo moi lonxe de ser a festa que celebrábamos, pero aínda así, intentamos pasalo de medo. Aquí tedes unha pequena mostra.
E CHEGOU O SAMAIN
Un ano máis chegou ao cole a festa do Samain. Como cada curso, disfrutamos dun día de diversión e medo cos nosos disfrazes e a decoración das aulas e do cole.
Debido ao mal tempo, tivemos que anular o magosto, pero ainda así pasamos un gran día. En infantil compartiron unha sana merenda terrorifica, e despois todos saimos ao patio a xogar e pasalo moi ben!!!!!
FESTEXAMOS O SAMAGOSTÍN!
O mércores 31 de outubro festexamos a nosa tradicional festa de Samagostín, onde o terror do Samaín e o arrecendo das castañas asadas mestúranse para facer unha festa tan terrorífica como deliciosa!
Para a celebración desta conmemoración leváronse a cabo diferentes actividades relacionadas co noso proxecto anual "Sementamos para vivir as aventuras deste curso" e proxecto de innovación educativa "Hortus Cultus 3.0":
O martes 30, o alumnado de infantil realizou unha merendola moi sabrosa e saudable! | |
As portas das aulas enchéronse de apócemas moi orixinais e ao alcance de todos e todas, xa que os seus ingredientes atópanse na horta! | |
Non podíamos esquecer facer o noso photocall de medo! | |
Compartimos tod@s xunt@s xogos no patio e a posterior degustación de castañas. Non queremos deixar de agradecer aos asadores a súa labor e esforzo a pesar do tempo! |
Para acceder as fotos só tendes que clicar aquí.
Adeus Casilda e Hermenexilda!!
Esta semana as castañas Casilda e Hermenexilda, que compartiron con todos nós a celebración do Samagostín, despedíronse para voltar a súa árbore.
De recordo deixáronnos, en cada aula, un diploma pola boa participación nos xogos celebrados e momentos especiais que queremos compartir con todos!!!
ATA O VINDEIRO ANO!!!!
Podedes ver as fotos aquí
Festa do Samagostín 2016
Samagostín 2016!
Posted Outubro 27th, 2016 by ines.sanchezO vindeiro xoves 3 de novembro celebraremos o noso Samagostín e todo o cole está preparado para a festa.
Pinchade na imaxe para ver a montaxe!