O pasado 11 de outubro, a Asociación de palangreiros guardeses ORPAGU, invitou aos alumnos de 3º de primaria a visitar un dos seus barcos, " Nuevo Rumbo" e a lonxa de Vigo.
Foi moi interesante comprobar como é a vida a bordo dun barco contada polos seus tripulantes, ver os aparellos dos que dispoñen e coñecer as distintas dependencias do barco.
Os seus tripulantes contáronlles moitas das súas experiencias e contestaron as todas as súas preguntas.
Despois dirixíronse a lonxa onde puideron ver moitos tipos de peixes: ollomoles, meros, meigas, peixe espada, tabeiróns... e mariscos.
Foi unha experiencia fantástica!
Grazas ORPAGU !!!