Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

2º Educación Primaria

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE EL AUTISMO

Se estima que 7 millóns de personas teñen trastorno do espectro autista (TEA) en Europa. En España, máis de 450.000. Para elas, o acceso educación e o emprego non son solo un dereito, senón tamén factores clave para a súa  calidade de vida.   

Para visibilizar as barreiras e oportunidades das personas con autismo os nenos viñeron ao cole  cunha prenda de cor azúl e fixewron unha serie de  actividades  que poderedes ver no seguinte vídeo:

 

GRAZAS POR PARTICIPAR!

CARAMELOS POLA PAZ

Este ano o equipo de convivencia do cole organizou un actividade moi bonita para conmemorar o día da Paz: caramelos pola paz. Cada neno elaborou o seu propio caramelo e escribiu nel unha mensaxe de Paz para levar para súa casa. Ademáis os nenos e nenas de 4 anos fixeron botellas de paz, os de 5º e 6º traballaron a canción  "Imagine" de John Lennon, os de 5 anos debuxaron o planeta terra rodeada de nenos dándose  a mán, os de segundo fixeron con papiroflexia as pombas da paz, etc.

Aquí está a reportaxe fotográfica con algúns dos traballos feitos, esperamos que vos guste!!

 

Leire Vázque Rodicio, alumna de 2º B gana o concurso de debuxo sobre o Cambio Climático

A nosa alumna Leire xunto con resto de compañeiros da súa clase participou nun concurso de debuxo titulado "E ti, cómo ves o Cambio Climático?"organizado por FEGAMA e  pola Deputación de Pontevedra. Resultou ser a gañadora do primeiro premio e agracida cunha tarxeta regalo do Corte Inglés de  180 euros e un Diploma.

Estamos moi orgullosos dela e queremos que compartir a súa obra titulada "Poe un mundo mellor":

 

Noraboa Leire!!!

Aulas galegas

Un grupo de mestres e mestras, ante a situación na que nos atopamos, crean a páxina AULAS GALEGAS na que nos  ofrecen recursos, materiais e outras actividades para que os mestres, os nenos e  as familias poidamos desfrutalos.

Os recursos están ordenados por nivel académico. Tamén teñen seccións para os maiores, para a lectura e para  enredos.

Clica na imaxe e descubre todo o que nos ofrecen!!!


Mil gracias equipo!

Que temos que saber do Coronavirus?

SABEMOS QUE É O CORONAVIRUS? QUE PODEMOS FACER PARA COMBATER AO VIRUS DENDE A NOSA CASA?
 
Queridos rapaces, como xa sabedes, estaremos un tempo sen vernos por un virus chamado Coronavirus. Pero sabemos en que consiste ese virus? Imos aprender un pouquiño sobre el.
 



Moi ben rapaces! No vídeo, fálase de tres regras que temos que cumprir todas e todos. A segunda é lavarse as mans. Pero ti sabes se o están facendo ben? Compróballo!!

 

Que ben! As mestras e mestres estamos segurísim@s que agora xa sabes como lavar as mans correctamente. Noraboa!
 
Que che parece se agora facemos un pequeno experimento? Só precisas, un recipiente (un prato por exemplo), auga, pementa negra e xabón.
 
Os pasos a seguir, son os seguintes:
 
1º Collemos o material necesario para desenvolver o experimento.
2º Vertemos auga no prato.
3º Botamos unha pouca de pementa negra no prato e mesturámola coa auga.
4º Introducimos un dedo e observamos que pasa.
5º Lavamos as mans con xabón, tal como aprendemos no vídeo anterior.
6º Volvemos a introducir un dedo con xabón dentro do prato.
 
Que sucedeu? Abraiado/a? 
 
Agora podes ver un vídeo dun neno facendo ese mesmo experimento. Comproba se el e o adulto que o acompaña chegaron a mesma conclusión que ti.
 



Como podes observar, dende a túa casa podes combater ao virus. Confiamos en ti!!
 
SÚMATE AO RETO " QUEDA NA CASA "
 
Pero, recorda non estamos de vacacións. Cada día fai a  tarefa que tes encomendada polos mestres e estuda.
 

Unha aperta virtual das mestres e mestres.

O NOSO COLE CONTA CON 7 CAIXAS NIÑO

ESTE CURSO CONTAMOS CON 7 CAIXAS NIÑO NO PATIO:4 DELAS FORON ELABORADAS ARTESANALMENTE POLO PAI DE INÉS, UNHA NENA DE 4 ANOS E OUTRAS 3 FOROS DOADAS E COLOCADAS POLA COMUNIDAD DE MONTES DE A GUARDA.

AQUÍ PODEDES VER COMO DECORAN E AXUDAN A COLOCALAS OS NENOS DE 4 ANOS:

E AQUI OS AXUDANTES SON OS NENOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA QUE OBSERVAN COMO O ENCARGADO DA COMUNIDADE DE MONTES AS  COLOCA NAS ÁRBORES QUE SE ATOPAN PEGADAS AO VALADO DO COLE:

Fomos ao cine!!!

O martes, convidados polo Concello, os alumnos de E. Infantil, 1º e 2º de primaria fomos ao Centro Cultural para ver a película : Piratas.

Saímos do cole moi ledos e ilusinados.
Os pequerechos foron  acompañados polos maiores que se sentían responsables deles.

 

 


Xa dentro, sentados e impacientes, desaxando que comezara !!!

 

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS - FASE 1: INDAGACIÓN

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS - FASE 1: INDAGACIÓN

O alumnado do CEIP A Sangriña continúa traballando na primeira fase do proxecto “Xornada de Xogos Tradicionais”. A continuación poden visualizar diferentes imaxes (dalgúns cursos do noso cole) do proceso creativo que lles permitiu reflexar os datos da indagación previa.

ALUMNADO DE 1ºA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

ALUMNADO DE 1ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

ALUMNADO DE 2ºA E B DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

BO TRABALLO!!!

Con agarimo,

O EDLG.

VISITAMOS O BELEN BENÉFICO DE GENEROSO

 


Os alumnos de 2º de primaria Visitaron o Belen benéfico que Generoso vai construíndo coas súas mans e que pon en funcionamento  cada Nadal na súa  casa a favor da Asociación SOS Baixo Miño.


Comprobamos con que maestría vai elaborando cada unha das pezas do seu Belén. 
Unha das moitas curiosidades: o tellado do Portal ten 1140 tellas
feitas unha por unha!

 
Utiliza materiais reciclados: pedriñas da praia, plásticos, canas dos foguetes, poriespan das embalaxes, cespede do campo de fútbol, motores de vellos electrodomésticos....

 

Clica na imaxe e non deixes de velo!

 

 

 

 

 

 

 

Saída :Teatro "A nena e o grilo de máis aló"

Os alumnos de 1º e 2º de primaria,  desprazáronse ao  teatro Abanca de Vigo para asistir ao espectáculo de Magín Blanco “ A NENA E O GRILO DE MÁIS ALÓ”

 
 
Esta obra músico- teatral  é unha divertida aventura  chea de misterio e intriga que leva aos cativos ao mundo dos mortos.
Clica na imaxe para ver máis.
Distribuir contido


by Dr. Radut