XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS - FASE 1: INDAGACIÓN
Aquí tedes as primeiras imaxes do alumnado de 2ºBdeEducación Primaria desenvolvendo a primeira fase do proxecto “Xornada de Xogos Tradicionais” organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Sangriña:
A nivel de centro efectuarase unha xornada de xogos tradicionais, organizada polo EDLG, que constará de 3 fases que a continuación se sinalarán:
Fase 1 - Indagación:cada nivel educativo indagará sobre un xogo tradicional.
Fase 2 - Construción do produto: estreitamente relacionada coa PDI “Salvemos o planeta” posto que cada grupo de alumnas/os recreará mediante materiais de reciclaxe o xogo escollido.
Fase 3 - Xornada conxunta: o seu desenvolvemento coincidirá coa semana das Letras Galegas, desenvolveremos unha xornada de xogos tradicionais o 15 de maio.
Proximamente mostrarémosvos imaxes dos diferentes cursos desenvolvendo as fases sinaladas anteriormente. Polo que, estean ben atentas e atentos!!!
Os alumnos de 2º de primaria, dentro da súa participación da P.D.I " SALVEMOS O PLANETA" estiveron realizando unhas pequenas recomendación para enviarlle a Papá Noel para que as teña en conta cando merque os agasallos de Nadal.
Desde a biblioteca queren compartir con todos a celebración do Día da Biblioteca!
Hoxe celebramos o noso día, o Día das Bibliotecas!!!
E... que mellor que celebralo cun vídeo feito polos nosos nenos??
Este ano, os alumnos de 2º de Educación Primaria fixeron un vídeo marabilloso. Nel contan todas as cousas que podemos atopar en Bibliopepeiño!! E, por suposto, convidanvos a todos a visitar un mundo cheo de soños... un mundo no que todo é posible! O MUNDO MÁXICO DOS LIBROS!!!Atrévete a soñar, imaxinar, sentir, vivir outras vidas...
Como din os nosos nenos... NON ESPERES MÁIS!!!!
VENTE Á BIBLIO XA!!
Son uns auténticos actores! Esperamos que vos guste! Cámaraaaas e.... ACCIÓN!!!!!