Publicadas listas solicitude transporte curso 2014-2015

Adxuntamos listado de alumnado que solicitou trasporte e con domicilio a menos de 2 Kms..

COMPROBE que o seu fillo ou filla está no listado no caso de estar a menos de 2 Kms dende o domicilio. Comprobe tamén que os datos do alumno/a e a parada son correctos.

O Magosto

Coma todos os anos, no mes de novembro chega o San Martiño e con el... a celebración do Magosto. Os nenos e nenas do noso colexio reúnense ao redor da fogueira para comer castañas asadas;
pero ademais diso, aproveitamos para dar a coñecer e practicar diferentes xogos tradicionais e populares como as chapas, a chave, a ra...

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos alumn@s de 5º que disfrutaron deste día.

Non deixedes de visitar a nosa galería para ver máis momentos divertidos!

Saída ao ecoparque Marín (2º e 3º ciclo)

O 6 de maio, nenos e nenas do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria realizaron unha saída ao Ecoparque Multiaventura de Marín. Alí realizaron diferentes circuítos arbóreos (graduados en dificultade) e unha ruta de sendeirismo polo Lago Castiñeiras.

A continuación deixámosvos unha pequena mostra do ben que o pasamos ese día. Se queres ver máis imaxes, non deixes de visitar a nosa galería fotográfica.

ESPERAMOS PODER REPETIR!!

Abanqueiro's American Day 2014

Solicitude de transporte e comedor curso 2014-2015

Tódalas familias antes do 30 de maio debe entregar os impresos que se adxuntan referidos ao uso do transporte escolar e ao servizo de comedor.

En caso de ter que aplicar o baremo poderase pedir nova documentación unha vez o publique a Consellería. Manteremosvos informados.

 

Visita a Queixerías BAMA

O 25 de marzo o alumnado de Infantil visitou a Queixería Bama Arquesan en Touro.

Durante toda a xornada estiveron visitando as instalacións  e vendo todo o proceso de fabricación. Incluso tiveron a oportunidade de probar a vestimenta que se usa na fabricación do queixo: gorros, delantais...

A merenda, como non podía ser doutra maneira, fíxose con bocadillos de queixo Bama.

Logo dun momento para o xogo, chegou a hora de traballar, e cada alumno e alumna elaborou o seu propio queixo que nuns días recibirán no colexio.

Visita de Anxo Moure.

O venres 21 de marzo contamos coa visita de Anxo Moure. Despois de ler as súa obras As árbores da paz e O carballo con botas, puidemos disfrutar coas súas historias.

A todo o alumnado de Infantil e Primaria gustounos moito compartir a seu amor pola natureza e as árbores, e o seu chamamento para que non se perda a esperanza.

Recomendámosvos que leades algúns dos seus libros ou que vaiades a velo se tendes oportunidade.

American Breakfast 2014 (6º de Primaria)

On Monday, March 17th, students in 6th grade enjoyed a typical American breakfast.

Podes ver as imaxes na nosa galería. 

Carreira de campo a través Concello de Boiro 2014

Este xoves, 13 de marzo, celebrouse no paseo marítimo de Praia Xardín, unha carreira de campo a través para tódolos escolares do Concello. Esta proba consistía en percorrer 700 metros ( 800 metros no caso da categoría infantil ) polo circuíto deseñado no paseo.

O CEIP PLURILINGÜE ABANQUEIRO participou en tódalas categorías, recollendo un total de 3 medallas.

  • 1 medalla de BENXAMÍN MASCULINO: Manuel Mariño Romero (5º posto)
  • 2 medallas BENXAMÍN FEMININO: Sabela Liñares Torrado (7º posto) e Andrea Rodríguez Viturro (2º posto).

Con todo isto, o centro conseguiu un 5º posto na clasificación xeral.

Dancing "What Does the Fox Say?" - Carnaval 2014

For Carnaval at school we learned a song in English class during the month of February: "What Does the Fox say?" by the Swedish band Ylvis. We practiced the names and sounds of varius animals like dogs, cats, ducks, and seals, and had a lot of fun dancing and singing about foxes. On Friday of Carnaval the whole school danced along to the What Does the Fox Say music video.

Despedimos o Antroido 2014

Este ano celebramos con gran entusiasmo o Antroido. O tempo acompañou e poidemos facer o tradicional desfile de disfraces por Exipto, coa compañía das familias. Pero, chegou a hora de despedir o Antroido 2014. Depois de disfrutar da compañía  de A Ceboliña, chegou o momento de dixarnos. Pero como soe decirse, é un "ata logo" non un adeus. Esperamos con ilusión o vindeiro Atroido.

Visita do escritor Antonio M. Fraga (Premio Merlin 203)

O xoves 27 de febreiro recibimos a visita do "Premio Merlin de Literatura Xuvenil 2013".

O alumnado de quinto e sexto de Primaria leron o libro "O castañeiro de abril" e posteriormente, o seu autor, Antonio M. Fraga, visitounos para contarnos como cousas do seu libro e para contestar as preguntas do alumnado.

Aviso pais celebración Antroido 2014

Informamos que o venres 28 de febreiro celebraremos o Antroido con horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá servicio de comedor ata ás 15:30 h. Lembramos que á saída do comedor non hai transporte escolar, polo que deben vir a recoller aos vosos fillos/as.

Se o tempo o permite, ás 10:30 horas faremos un desfile por Exipto. De non ser posible, as actividades realizaranse no centro. Neste caso non é posible, por temas de organización e seguridade, a presenza das familias.

O noso pesar por Dna. Ceboliña Amante Gandula

click na imaxe para ver a maior tamaño

Antroido 2014

Esta semana que entra celebramos o Antroido. "A ceboliña" xa está preparada para darnos as súas ordes.

Luns:
O luns pola albotrada
Nada verás
por eso gafas traerás.

Martes:
Polo martes ó mencer
Unhas folliñas de árbore
Na cabeza tes qie traer

Mércores:
Arremanga o pantalón
Para ver
un calcetín de cada cor

Xoves:
O xoves pola mañanciña
O pixamiña
Non me quito de enriba

Distribuir contido