Informacións varias no Concello de Boiro

Convocatoria "Mércores Negro"

Dende a ANPA facemos publicidade do seguinte comunicado:

 

 

A convocatoria repítese este mércores 18 de setembro

 

Agradecemento infinito a ANPA

Coma sempre, a ANPA traballa para podermos gozar no traballo do centro.

Tiñamos a zona da entrada vella e descoidada, e elas encargáronse de que poidamos iniciar o curso con mellor aspecto e  máis zonas exteriores de uso. 

Grazas por sosternos!

Agradecemento infinito a ANPA

SERVIZO MADRUGADORES

Mural do 8M

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS, LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, Libros de texto e material escolar 

Fondo Libros

 

Publicada a Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, aquisición de libros de texto e material escolar no tabolerio do centro.

Tamén poden consultala a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave365 ou Certificado Dixital.

Segundo a Orde 7 de maio do 2024 (20/05/24) as listaxes só se poden consultar no taboleiro do centro e indican os libros asignados. No caso de que lle asignaran 4 libros deberá comprobar cales ten que mercar. Aqueles que non lle fora asignado ningún libro ou que non presentara a solicitude deberán mercar a totalidade dos libros de texto.

 

Publicada Listaxe Provisional de Admitidos en Fondo Libros

Listaxe Provisional de Admitidos en Fondo Libros

Fondo Libros

 

Publicada a Listaxe Provisional de Admitidos en Fondo Libros no tabolerio do centro.

Tamén poden consultala a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave365 ou Certificado Dixital.

Toledo e Santoña en Abanqueiro!

Do 3 ao 6 de xuño tivemos o pracer de recibir a visita da rapazada de Santoña e Toledo. Aquí a mostra de tan bonito recordo, pinchade no enlace a continuación https://photos.app.goo.gl/dQZcQyyf8N3YKRgQA

Toledo e Santoña en Abanqueiro!

Do 3 ao 6 de xuño tivemos o pracer de recibir a visita da rapazada de Santoña e Toledo. Aquí a mostra de tan bonito recordo, pinchade no enlace a continuación https://photos.app.goo.gl/dQZcQyyf8N3YKRgQA

LIBROS TEXTO 2024-2025

LIBROS CURSO 2024/2025

No arquivo axunto pódese ver a listaxe de libros para o vindeiro curso 2024-2025.

Veráns deportivos do Concello de Boiro

Máis info en boiro.gal

Últimas novas do Concello de Boiro

Escola de Golf

Ademais de facer unha visita polas instalacións e unha práctica de tiro, informamos a todas as familias que nos ofrecen un mes de proba gratuita durante os sábados pola mañá. Para todos os cursos!!!

Si queredes poñervos en contacto con Diego, que nos tratou de maravilla, o seu número é o 649899499.

Escola de Golf

Practicando Golf

O pasado venres, ademais de visitar a incríble fervenza de Cadarnoxo, fomos ao campo de golf a coñecer un deporte que temos aquí ao lado.

Practicando Golf

Fomos a piscina de Rianxo!

 

Hoxe desde o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro queremos agradecer a todo o persoal, especialmente a Óscar, polas facilidades para levar a nosa rapazada de 4º, 5º e 6º a piscina de Rianxo.

Distribuir contido