Aviso pais celebración Antroido 2014

Informamos que o venres 28 de febreiro celebraremos o Antroido con horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá servicio de comedor ata ás 15:30 h. Lembramos que á saída do comedor non hai transporte escolar, polo que deben vir a recoller aos vosos fillos/as.

Se o tempo o permite, ás 10:30 horas faremos un desfile por Exipto. De non ser posible, as actividades realizaranse no centro. Neste caso non é posible, por temas de organización e seguridade, a presenza das familias.

Pedímosvos que o venres manden cos seus fillos/as productos do Antroido para facer unha degustación. Deben envialo en platos e bandexas de plástico desbotables.

As clases reanudaranse o xoves día 6 de marzo.

O Equipo Directivo.

Febreiro do 2014.