Visita a Queixerías BAMA

O 25 de marzo o alumnado de Infantil visitou a Queixería Bama Arquesan en Touro.

Durante toda a xornada estiveron visitando as instalacións  e vendo todo o proceso de fabricación. Incluso tiveron a oportunidade de probar a vestimenta que se usa na fabricación do queixo: gorros, delantais...

A merenda, como non podía ser doutra maneira, fíxose con bocadillos de queixo Bama.

Logo dun momento para o xogo, chegou a hora de traballar, e cada alumno e alumna elaborou o seu propio queixo que nuns días recibirán no colexio.

Podes ver as imaxes na nosa galería.