Blogues

RECIPE 6º EP

O alumnado de 6º de primaria estivo traballando a redación dunha receta en inglés e tamén quixeron traer unha mostra da mesma.

Que rico estaba todo!!

Fomos a piscina de Rianxo!

 

Hoxe desde o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro queremos agradecer a todo o persoal, especialmente a Óscar, polas facilidades para levar a nosa rapazada de 4º, 5º e 6º a piscina de Rianxo.

Fondo Libros e Axudas para Adquisición de Material

SPRING WEEK

A semana pasada o alumnado de 6º de primaria conviviu con outros alumnos e alumnas de toda Galicia nunha semana de inmersión lingüística en inglés en Mondariz, onde tiveron realizaron actividades como tiro con arco, jincana, beach volley, montar a cabalo, geocaching e unha excursión ao Castelo de Sobroso. As noites estiveron cheas de emoción con actividades como Werewolves, Furor, Karaoke e disco.

Prazo de Reserva, Admisión e Matrícula

reserva

Prazos de Solicitude de Reserva, Admisión e Formalización de Matrícula

2024-2025

INFORMAMOS DE QUE XA ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNAS E ALUMNOS ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO, RESULTANDO ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS

 

Data a ter en conta:

O prazo de confirmación de matrícula é durante o mes de xuño. Dispoñen de documento de formalización (Anexo III) en axuntos.

 

Novo taller de EspazoFamiliaS

Novo taller de formación para Nais e Pais da man de EspazoFamiliaS e o Concello de Boiro

PUSS IN BOOTS

O alumnado de 6º de primaria representou a obra de teatro "Puss in Boots" (El Gato con Botas).

Aquí vos deixo a mostra da representación.

Parabéns!! Fixéstelo xenial!

Próximas actividades no Concello de Boiro

Andaina solidaria

Feira empresarial

Hoxe realizamos unha "Feira empresarial" como sesión final do proxecto "A empresa e o emprendemento" que realizou o alumnado de 6º. Despois de varias semanas preparando a empresa eleborando os produtos, realizando "marketing" e devolvendo o préstamo solicitado; todas as empresas foron viables e superaron amplamente os obxectivos marcados. A continuación tendes un álbum coas fotos do desenvolvemento deste proxecto.

CHAMELEON THEATRE

O vindeiro luns 18 o alumnado do centro desprazarase ata o Centro Social de Abanqueiro para asistir a unha representación teatral en inglés ofrecida pola compañía madrileña Chameleon.

Estas son as obras ás que asistirá o alumnado en función do seu nivel:

       

Charla-taller "A Alimentación en Idade Escolar"

 

O vindeiro mércores día 13 de marzo terá lugar, no CEIPP de Abanqueiro, unha charla-taller sobre A Alimentación en Idade Escolar. Esta charla forma parte dunha serie de actividades para traballar co alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (coas familias) o camiño para unha corecta e saudable alimentación.

Ademais, disporemos dun servizo de canguraxe para aqueles que o necesiten; previa reserva no correo-e ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal.

Esta charla (e o conxunto de actividades que a forman) está financiada pola ANPA NAPABÁN a través da liña de axudas do Concello de Boiro.

MA ROUTINE DU MATIN!

Ma routine du matin!

 

Nesta actividade podemos ver a rapazada de francés contando como é a súa rutina matinal. Estivemos vendo na clase as horas, as partes do corpo e as diferentes accións que fan desde que se levantan até ir ao cole.

O equipo de atletismo estrena equipación

 

Grazas a Carnicería Boga e Exipto Motor, o equipo de atletismo do CEIPP de Abanqueiro estrea nova equipación.

Que guapos están os campións!!

Entroido 2024

Como cada ano celebramos o entroido e nesta ocasión adicado o coidado do planeta e por iso fomos disfrazados dos distintos contedores que empregamos para o reciclaxe dos residuos que producimos nos nosos fogares.

A continuación tedes o enlace o álbum coas fotos da festa.

Distribuir contido