O pasado mércores 7 de febreiro arrancou a tempada da FGDA coa disputa do campionato galego de campo a través en Pontevedra. Un curso máis o CEE Saladino Cortizo estará presente no calendario de probas deportivas organizadas pola FGDA. Nesta proba o centro estivo representado por 18 alumnos e alumnas que desfrutaron dunha xornada deportiva e de convivencia cos compañeiros doutros centros e asociacións.
No que se refire ao deportivo destacar a vitoria nas súas respectivas categorías de Diego e Viki.
A próxima competición será o 28 de febreiro coa disputa da 1ª xornada de fútbol sala en Redondela.
Moitas Grazas a familia de Ruí, por compartir con todo o alumnado do noso centro este libro tan maravilloso de María Fumaça. Iker inspirouse nel para facer uns debuxos fantásticos.
Este martes 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e da Non Violencia. Dende o cole promovemos o camiño cara a paz, transmitimos a importancia de fomentar o compañerismo, a axuda mútua e a resolución de conflictos, aspectos que traballamos día a día. Pero o máis importante é transmitir que debemos ser felices!
O 3 de decembro é o día para celebrar a diversidade, pero vos preguntaredes... Qué é a diversidade?
A diversidade somos todos e todas. Por iso é tan importante por o çenfase na variedade de características a e capacidades, iso que nos fai tan especiais e únicas, iso que nos fai diferentes, pero que nos une por formar parte dunha sociedade na que todos e todas aportamos.
Feliz Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional, e grazas a todo o noso alumnado por participar en todas as actividades que propoñemos e especial agradecemento a un dos nosos alumnos que nos está a axudar facen incribles animacións como a que vedes na portada deste vídeo.