Esta semana recibimos a visita de SaladinoMan e SaladinoWoman. Contáronnos que organizaron " O mes da actividade física". Comezaron está semana cunha sesión de HIIT.
Esperando xa pola seguinte actividade!
Ao final de tódolas sesións realizarase un vídeo para que comprobodes o ben que o pasamos.
Esta semana o alumnado de TVA e Secundaria tiveron unha excursión moi especial. Acudiron ás xornadas de teatro no auditorio do Concello de Vigo onde puideron desfrutar e animar ao grupo de teatro do noso cole nas representacións que fixeron dos contos "Limón" e "Peixe arcoiris".
Ademais, este ano foron unhas xornadas moi especiais, pois puidemos agradecerlle á mestra Marta Barros o seu esforzo, creatividade e dedicación posto na organización deste grupo de teatro ao longo de 10 anos, pois este, é o seu último ano no cole.
Por todo isto, grazas profe Marta, grazas profes do cole por todos os vosos esforzos e grazas alumnado, por facer do teatro unhas xornadas moi especiais.
O venres 3 celebramos a FESTA DOS MAIOS, festa da natureza. Cada ciclo colaborou creando o seu propio maio. O presentaron aos compañeiros/as no salón de actos e todos/as xuntos/as cantaron as coplas. Para rematar, os maios quedaron expostos na entrada do centro.
Atentos ao vídeo, no que tamen poderedes escoitar as coplas.
A semana pasada tivemos a oportunidade de coñecer da man de Entresignos as mochilas vibratorias. Estas rexistran as frecuencias das nosas cancións preferidas e as transforman en vibracións. Polo tanto, ao ter posta a mochila podemos percibilas en diferentes partes da espalda e peito, con varias intensidades.
Unha oportunidade para coñecer e sentir mellor o noso propio corpo.
Este mes no centro desenvolveuse unha actividade chamada "Pintando árbores con pinceis", relacionada coa temática da natureza. Para realizar a actividade fixéronse dous grandes grupos. O alumnado de PFFPB participou na elaboración dun mural que se fixo no ximnasio, mentres o alumnado de primaria, secundaria e TVA realizaron unha actividade de decoración de bolsas de tela. Foi do máis divertido!