Skip to Content

SLALOM NO SALADINO

O venres 8 de abril o noso alumnado, levou a cabo unha práctica de slalom. A iniciativa xurdiu como parte dun proxecto da alumna Antía e unha das súas mestras Ana Cortegoso. Estes alumnos fixeron un percorrido con obstáculos no ximnasio do centro ante a atenta mirada dos seus compañeiros de TVA, FPB e persoal do centro.

O slalom é unha modalidade deportiva practicada por persoas con parálise cerebral que consiste nunha carreira de obstáculos en cadeira de rodas. Trátase dunha carreira contra reloxo na que o deportista ten que percorrer un circuíto, superando determinados obstáculos no menor tempo posible, e pode ser practicado en cadeira de rodas ou eléctrica.

Noraboa por este gran proxecto!



story | by Dr. Radut