Skip to Content

XORNADAS LECTURA E FAMILIAS. OBRADOIRO USO SEGURO E RESPONSABLE DAS TRIC

Continuamos coas Xornadas de Lectura e Familia.

O próximo Martes 27 de febreiro terá lugar o Obradoiro sobre o uso seguro e responsable das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación (TRIC), como un dos obxectivos do noso Plan Dixital de Centro co obxectivo de mellorar a competencia dixital da nosa comunidade educativa, así como do Plan Lector, enfocándoo dende a lectura nun momento no que as ferramentas dixitais son uns dos recursos que máis empregamos para esta práctica, polo que é imprescindible aprender a usalas correctamente.

Neste obradoiro abordaranse diferentes contidos de interese e de grande importancia para o noso alumnado e as familias, como poden ser: cómo comunicarnos positivamente nas redes sociais, riscos asociados ao seu uso e cómo afrontalos, procura e uso da información, lexislación educativa actual... E moito máis!

Na seguinte imaxe poderedes consultar os grupos e os horarios. Esperamos que sexa do voso interese.



page | by Dr. Radut