Skip to Content

PROXECTO "PROTEXE AOS ANIMAIS"

Este curso o alumnado de TVA está a participar nun proxecto chamado "Protexe aos animais", no que colaboran coa protectora Os Biosbardos

Este proxecto céntrase nunha campaña de promoción da adopción e de recollida de doazóns para os animais da protectora, na que poderá participar toda a comunidade educativa.

Para isto, o proxecto comeza coa campaña de promoción da adopción, que introducimos cunha adaptación do conto "A historia de Parche" creada pola protectora, cun genially interactivo. Logo presentamos aos cans e gatos que buscan adopción e aos que teñen que axudar a atopar unha casa, e a partir de aí, o alumnado, no obradoiro de TIC, elaborou algunhas fichas con datos dalgúns animais que buscan con urxencia adopción, así como uns vídeos de promoción empregando sistemas aumentativos de comunicación que se comparten nas RRSS do noso centro.

A continuación poderedes ver o vídeo da primeira parte da campaña de promoción da adopción. No seguinte trimestre subiremos a segunda parte e, despois, continuaremos coa campaña de recollida de doazóns. Esperamos que vos guste!

 



page | by Dr. Radut