Skip to Content

MERENDAS SAUDABLES: MÁIS QUE UN PROXECTO

Dende o ciclo de secundaria do CEE Saladino Cortizo, grazas a colaboración, implicación e compromiso das familias do noso alumnado, este curso o proxecto "MERENDAS SAUDABLES" está a crecer un pouco máis:

Non só ensinámoslle ao noso alumnado a importancia dunha alimentación saudable, senón tamén a ser eles/as os/as responsables de preparar a súa merenda.

Queredes saber máis? Agora volo contamos..

Os nosos alumnos e alumnas levarán a casa unha .folla que lles servirá de guía e lles axudará a tomar decisións sobre qué queren merendar, e para isto dividimos os alimentos en 4 bloques, previamente traballados con eles/as, con variedade de opcións. Na parte inferior da folla atopamos o calendario segundo os días da semana, indicando qué traer cada día. Do que se trata é de que eles/as escollan os grupos de alimentos dos bloques segundo o indicado cada día.

Pero isto non é todo... Para facilitarlles a organizar as súas merendas, levarán a casa unha friameira dividida en apartados onde se indican con pictogramas e a palabra escrita ónde colocar cada alimento.

Rapazas e rapaces, lembrade que a merenda é un bo momento para experimentar novos sabores e texturas... EXPERIMENTA!



story | by Dr. Radut