Skip to Content

PARA OS CURIOSOS E CURIOSAS

 

RECORDAMOS QUE, ADEMAIS DAS PUBLICACIÓNS QUE APARECEN NA PÁXINA PRINCIPAL, 

NA BARRA LATERAL ESQUERDA, NO APARTADO CICLOS E NO APARTADO ESPECIALISTAS,

      PODEREDES CONSULTAR ACTIVIDADES E PROXECTOS                                                    ESPECÍFICOS DE CADA CICLO E ESPECIALIDADES.

 

OS SUPERHEROES DO SALADINO FOMENTANDO A PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA

Durante este mes foron varias as actividades nas que os nosos superheroes Saladino Man e Saladina Woman fomentaron a práctica da actividade física no alumnado coa finalidade de acadar poderes especiais para combater o sedentarismo e a obesidade. Foron 3 sesións onde os poderes acadados foron a forza, o ritmo e a resistencia. Na derradeira sesión todos e todas acadaron o seu carné de superheroes...

Para o próximo curso seguirán acumulando outros poderes.

Grazas o mestre de música, Alex, pola crear a canción dos superheroes.

FESTA DA AUGA

Rematamos o curso a remoxo! Un ano máis a disfrutar da Festa da Auga! O departamento de Educación Física agradece a impliación de todo o persoal, especialmente o taller de xardineria. Obxectivo cumplido; pasalo ben!!!

EXCURSIÓN AS ILLAS CÍES

Con motivo do concurso "Xeoparque, Illas Cíes, O Paraíso de Todos e Todas", recibimos o primer premio na categoría grupal, que consistía nun viaxe as Illas Cíes. Foi un traballo en equipo, onde o alumnado de Tránsito e o dos Programas Formativos, uníronse para deixar voar a súa imaxinación. Parabéns a todas e todos !!!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO PRIMARIA E SECUNDARIA

Non hai nada mellor que rematar o curso cunha saída a praia. Paseamos, xogamos, gozamos das vistas... e o máis importante...compartimos momentos inolvidables cos nosos compañeir@s.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO TVA

Esta semana o alumnado de TVA desfrutou da súa excursión de fin de curso facendo unha saída pola praia de Samil. Alí deron unha volta polo mítico paseo, merendaron ao aire libre nas mesiñas da zona verde e tomaron algo nunha cafetaría.

Foi un rato do máis agradable. Podedes velo no vídeo. 

 

CONCERTO DA MAN DE IGUALARTE

Un ano máis no cole puidemos desfrutar dun concerto de música popular grazas aos instrumentistas de Igualarte, que nos fixeron bailar e pasar un momento marabilloso.

No vídeo podedes ver o ben que o pasamos. Desfrutádeo!

 

DÍA DA ÁRBORE

Celebramos o Día da Árbore, co compromiso de seguir traballando por un mundo mellor; coidando da nosa contorna, dos nosos bosques. Queremos dar as grazas a Comunidad de Montes de Cabral por permitirnos formar parte dous seus obxectivos medio ambientais.

LETRAS GALEGAS E XOGOS FLORAIS

Neste mes de maio celebramos as letras galegas e os xogos florais. Grazas a todas as familias que participaron nos Xogos Florais . Leímos os nosos contos, os nosos poemas e gozamos coa lingua galega.

 

"EQUIPO SALADINO"

O profesorado de Educación Física do Saladino, fomenta o deporte a través de  numerosas actividades, entre elas, a participación na  liga da FGDA. A continuación mostramos ao noso equipo do Saladino xogando a baloncesto.  Temos un equipazo!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut