O 3 de decembro é o día para celebrar a diversidade, pero vos preguntaredes... Qué é a diversidade?
A diversidade somos todos e todas. Por iso é tan importante por o çenfase na variedade de características a e capacidades, iso que nos fai tan especiais e únicas, iso que nos fai diferentes, pero que nos une por formar parte dunha sociedade na que todos e todas aportamos.
Feliz Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional, e grazas a todo o noso alumnado por participar en todas as actividades que propoñemos e especial agradecemento a un dos nosos alumnos que nos está a axudar facen incribles animacións como a que vedes na portada deste vídeo.
O CLUB DEPORTIVO SALADINO CORTIZO REMATA A TEMPADA DEPORTIVA 2023
Coa celebración das III xornadas da liga de baloncesto, fútbol sala e fútbol 8 finaliza a tempada 2023. Durante este trimestre disputouse a III e derradeiras xornadas das ligas deportivas nas que está a participara o Club Deportivo Saladino Cortizo. Como ven sendo habitual, o club deportivo do centro participa cada ano nas actividades deportivas organizadas pola FGDA. Ademais das ligas de baloncesto, fútbol sala e fútbol 8, tamén participamos en xornadas puntuais ou campionatos como atletismo, cros ou natación. Este ano participamos con dous equipos na categoría adaptada mixta cun total de 22 deportistas, onde o importante, ademais de pasalo ben e compartir momentos con outros compañeiros, é o fomento da practica de actividade física e hábitos saudables. Destacar a vitoria do equipo A na liga de baloncesto na categoría de adaptada mixta. Moitos parabéns para todos/as eles/elas.
O alumnado do centro utiliza diversos sistemas de comunicación, entre eles os comunicadores. O equipo SAAC queremos achegarvos un tríptico cos primeiros pasos para comezar a usar un comunicador. Esperamos que vos sexa de utilidade.