Skip to Content

2016-17

OBRADOIRO FOTOGRAFÍA 2º CICLO

Neste trimestre dende o obradoiro de fotografía traballamos un montón, aqui tedes unha mostra dos nosos traballos. Esperamos que vos guste.¡Pasámolo en grande!

Guardar

EQUINOTERAPIA

Velaquí as últimas fotos deste ano 2016 en Abraín, no noso centro de Equinoterapia, con alumnado de 1º ciclo e de TVA.

OBRADOIRO DE BENESTAR E COIDADO PERSOAL

Aquí vos deixamos con fotos do alumnado de segundo ciclo que participou neste primeiro trimestre no Obradoiro de Benestar e Coidado Persoal. Podedes comprobar as habilidades dos nosos rapaces e rapazas no propio coidado da imaxe e no manexo de ferramentas básicas para o peiteado, corte e coloración.

 

PHOTOCALL

Xa están proximas as festas de Nadal e estamos preparando o cole con adornos, murais e este ano fixemos un PHOTOCALL na entrada. Aquí unha mostra das mellores fotos:

 

MUNDO PIRATA PARK - 1º CICLO E TVA

0 pasado 29 de novembro de 2016 os máis peques do Cole e os alumnos/as de TVA fomos pasar unha xornada moi divertida ás instalacións de Mundo Pirata Park en Alcabre ( Vigo). Ademáis aproveitamos a ocasión para celebrar os aniversarios de Manu, Ignacio, Adriana e Estela. 

Guardar

RAMALLADAS

Este curso seguimos interactuando con BRONCE, unha cadela coa que aprendemos moitas cousas. Coidámola, aseámola, levámola de paseo... E logo na aula facemos actividades relacionadas como por exemplo un quebracabezas de BRONCE.

 

MURAL DO MAGOSTO

Xa temos na entrada do noso cole o mural do outono, no que colaboramos varios alumnos e alumnas. Mirade como traballamos para transformar o mural coa temática do samaín.

MAGOSTO

O pasado venres celebramos o Magosto no patio do Saladino. Fixemos xogos: carreiras de relevos, tiro do aro, tres en raia, paracaídas, brilé, encestar castañas... O alumnado de Xardinería prendeu a fogueira e asou as castañas. Bailamos en roda unha xota co profe de música. E na entrada do cole tiñamos unha magnífica exposición de froitos do outono, feita polo alumnado do cole. Aquí van unhas fotiños e tamén algún anaco de vídeo, para que poidades observar todo o que fixemos.
 

SEGUNDO CICLO NA BOLEIRA!!!!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d76700706k1635856o1l1/bole...

ESTA SEMANA FOMOS Á BOLEIRA DO AREAL, EN VIGO.

PASÁMOLO XENIAL , COMA SEMPRE... XOGAMOS UNHA PARTIDA, MERENDAMOS , TOMAMOS ALGO, DEMOS UN PASEO....UNHA MAÑÁ ESTUPENDA!!!!

(Pinchade no enlace para ver as fotos).

TITORIAL COREO "CASTAÑAS DO TEU MAGOSTO"

PRESENTAMOS UN TITORIAL PARA APRENDER A BAILAR A CANTIGA "CASTAÑAS DO TEU MAGOSTO" QUE REPRESENTAREMOS TODO O CENTRO O DÍA 11 DE NOVEMBRO NA NOSA FESTA DO MAGOSTO. A ENSAIAR! Pinchade no enlace:

https://youtu.be/0y1ABUfXpTk

 

 XOTA INTERPRETADA POR ANDRÉS (PROFESOR DE MÚSICA), NOELIA, ANXO, BEA E ADRIÁN (ALUMNOS/AS DE 2º CICLO). NA CANTIGA DE FONDO PARTICIPAN: ANDRÉS (PROFE DE MÚSICA) E ADRIÁN AMOEDO (ALUMNO DE TVA).

Distribuir contido


by Dr. Radut