Skip to Content

2022-23

PROXECTO MEL SALADINO

Os rapaces de primaria fixeron un proxecto relacionado co seu disfraz do entroido. Premede na imaxe para ver que ben lles quedou!!

                         

 

CONCURSO DE DEBUXO: "DESEÑA UN AZULEXO DE RECORDO NO COLE"

Este ano decidimos cambiar o agasallo de recordo do alumnado que remate a escolarización no centro e organinzamos un concurso para que todo o alumnado que quixese deseñase un azulexo, que será o agasallo de recordo.

Todos os azulexos presentados son do máis bonitos, qué artistas!

CONCURSO POSTAIS DE NADAL SPECIAL OLYMPICS

Onte o alumnado do centro foi recoller os seus premios  a Santiago por participar e gañar no concurso de postáis de nadal de "Special Olympics".

VISITA DO HEMATOCRÍTICO

Onte o alumnado de Secundaria e TVA contoucoa visita do autor e docente Miguel López, tamén coñecido como "O Hematocrítico". Puideron desfrutar dunha sesión de lectura dalgunha das súas obras e lle fixeron unha entrevista para compartir inquedanzas, intereses e para coñecer un pouco máis ao autor.

Premede para ver a entrevista. 

ENTROIDO

 No CEE Saladino Cortizo festexamos o Entroido!!! Seguimos as ordes do Meco, e ademais, o venres houbo unha festa con desfile, música, postres típicos...

Preme para ver o vídeo.

 

 

DÍA DA RADIO CON PONTE NAS ONDAS

Hoxe algúns dos nosos alumnos e alumnas participaron nunha xornada organizada pola asociación Ponte... Nas Ondas! para celebrar o Día da Radio.

Premendo na imaxe poderedes acceder ao vídeo compartido pola RTVEGalicia a través da plataforma Twitter.

 

DÍA DA PAZ 2023

Este luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, traballamos un montón para construir o noso propio camiño da paz e os nosos desexos! Pero fixemos moito máis.

Xa podedes ver o vídeo no noso canal de youtube... Preme para descubrilo.

CONCURSO ILLAS CÍES: O PARAÍSO DE TODOS

O noso alumnado participou un ano máis no concurso "Illas Cíes: paraíso de todos" e algúns deles, co seu esforzo e grazas ao seu gran traballo, gañaron un dos premios.

A continuación amosamos os vídeos do alumnado que participou e o gañador, esperamos que vos gusten!

                                                                SECUNDARIA                                                                                                                  

                                                                         TVA

 

                                                                VÍDEO GAÑADOR 

DERRADEIRA XORNADA DA LIGA DE FÚTBOL 8

O EQUIPO SLADINO CORTIZO B, REMATOU 2º NA LIGA DE FÚTBOL 8.

 

O pasado 23 de novembro celebrouse nas instalacións deportivas de A Madroa a terceira e derradeira xornada da liga de fútbol 8 2022 organizada pola FGDA.

O Sladino Cortizo participou nesta liga con 2 equipos mixtos na categoría adaptada. Acandando o equipo B o segundo posto da clasificación final.

Podedes consultar as clasificación na páxina da FGDA.

A tempada 2022 xa rematou, pero xa estamos preparando a próxima, onde teremos novos reforzos.

25N NO SALADINO

No C.E.E. Saladino Cortizo conmemoramos o Díaz Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. Neste vídeo podedes ver unha mostra das accións levadas ao cabo con tal motivo. Porque no C.E.E. Saladino Cortizo querémolas a todas...

...VIVAS E CEIBES!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut