Skip to Content

Secundaria

VISITA CONCELLO DE VIGO

Os alumnos e alumnas de primaria e secundaria visitaron o Concello de Vigo. Non esquezas ver o vídeo!!

UN POUCO DE NÓS

Os rapaces de primaria e secundaria participaron no concurso do CEEPR San Xerome Emiliani "Un pouco de nós". Fixeron un traballo fantástico sobre a nosa cidade, Vigo. Podedes desfrutalo premendo no vídeo.

PRIMARIA E SECUNDARIA: 2º TRIMESTRE

Rematou o trimestre, botade unha ollada a todo o que fixemos!

 

PRIMARIA E SECUNDARIA: 1º TRIMESTRE

Preme na imaxe para botar unha ollada ao traballo realizado polo alumnado do noso ciclo no primeiro trimestre.

B

CONTOS DE MEDO!

Boas a tod@s!

No obradoiro de habilidades comunicativas os nosos alumn@s do ciclo de secundaria elaboraron uns contos terroríficos de Samaín.

Premede nas imaxes para pasar medo!!

                                         CONTO 2 

SECUNDARIA: TERCEIRO E ÚLTIMO TRIMESTRE EN PETISCOS

Rematou o curso! E podemos dicir que o alumnado de secundaria fixo un curso excepcional :) Todos/as melloraron moitísimo, grazas ao seu esforzo, implicación e compromiso.

Grazas equipo de secundaria! Todo o que logramos conseguímolo xuntas/os!

FELIZ VERÁN! Vémonos o próximo curso... Sodes xeniais!

SECUNDARIA NO TALLER DE RADIO PONTE...NAS ONDAS!

Esta semana, como xa puidéchedes ver o CEE Saladino Cortizo participou nunha actividade do máis interesante. Os rapaces de Secundaria fixeron a súa aportación no obradoro de radio organizado pola biblio do centro falando de temas como o deporte, a música, o cine e a literatura... temas de interese para o noso alumnado e dos que coñecen moitísimo!

Non volo perdades e ollade :)

#RadioTartaruga

SECUNDARIA: 2º TRIMESTRE EN PETISCOS...

Pasou rápido, pero este 2º trimestre foi do máis completo, aprendemos e traballamos moito e, como de costume, tamén nos divertimos... Descubrídeo!

MERENDAS SAUDABLES: MÁIS QUE UN PROXECTO

Dende o ciclo de secundaria do CEE Saladino Cortizo, grazas a colaboración, implicación e compromiso das familias do noso alumnado, este curso o proxecto "MERENDAS SAUDABLES" está a crecer un pouco máis:

Non só ensinámoslle ao noso alumnado a importancia dunha alimentación saudable, senón tamén a ser eles/as os/as responsables de preparar a súa merenda.

Queredes saber máis? Agora volo contamos..

Os nosos alumnos e alumnas levarán a casa unha .folla que lles servirá de guía e lles axudará a tomar decisións sobre qué queren merendar, e para isto dividimos os alimentos en 4 bloques, previamente traballados con eles/as, con variedade de opcións. Na parte inferior da folla atopamos o calendario segundo os días da semana, indicando qué traer cada día. Do que se trata é de que eles/as escollan os grupos de alimentos dos bloques segundo o indicado cada día.

Pero isto non é todo... Para facilitarlles a organizar as súas merendas, levarán a casa unha friameira dividida en apartados onde se indican con pictogramas e a palabra escrita ónde colocar cada alimento.

Rapazas e rapaces, lembrade que a merenda é un bo momento para experimentar novos sabores e texturas... EXPERIMENTA!

SECUNDARIA: 1º TRIMESTRE EN PETISCOS...

Aínda que non de todo, pouco a pouco imos recuperando a normalidade, por iso un ano máis e neste curso 2021/2022, queremos amosarvos o moito que traballan as rapazas e rapaces do noso ciclo de Secundaria nos obradoiros... Non hai pandemia que os/as frene! Máis non todo é traballar, por iso tamén vos ensinamos o ben que o pasamos todos e todas xuntas, axudándonos uns aos outros/as, limpando, recollendo, cociñando, xogando... 

Achegádevos premendo na imaxe para ver o vídeo e DESFRUTADE!

Distribuir contido


by Dr. Radut