Skip to Content

2016-17

VISITA Á BIBLIOTECA NEIRA VILAS

Hoxe o alumnado de TVA fomos á Biblioteca Neira Vilas de Vigo. Ao chegar recollimos cada un o seu carné de Biblioteca que solicitaramos a través da web dende o cole. Despois sentámonos nun sofá e algúns no chan para escoitar os contos que Noelia e Mar nos ensinaron. Eran contos relacionados cos sentidos e fixemos actividades para traballalos: escoitar instrumentos, ulir botes (de colonia, de café), tocar texturas, probar sabores (limón, laranxa, sal, zucre...). logo marchamos para o cole e agasalláronnos cun marcapáxinas.

 

 
 
E AQUÍ OUTRO ENLACE RELACIONADO QUE COLGAMOS NO BLOGUE DA NOSA BIBLIOTECA:

Guardar

VISITA A AQUALIA

Neste segundo trimestre o alumnado de 2º ciclo visitou Aqualia para aprender cómo chega a auga ata as casas e para concienciarnos dun uso responsable da mesma.

 
 
Tamén o alumnado de TVA realizou a mesma visita o 7 de febreiro, esta vez non chovía e aproveitaron máis para ver a parte exterior:
 
 

RECOLLIDA DE PREMIOS

O pasado 30 de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas de segundo ciclo acompañaron a Antía de TVA e Lucía de 2º ciclo a recoller os seus premios por gañar o concurso de postais de Special Olympics. Aquí vos deixamos unhas fotiños:

 

Guardar

DÍA DA PAZ

SAÍDAS AO TEATRO

O pasado 19 de xaneiro o alumnado de TVA fomos ao Teatro de Afundación a ver Freaky.

 

 

 

 
 
E hoxe volvimos para ver outra obra: Sandra e Meirol en Xistralia.
 
 

Guardar

OBRADOIRO DE FOGAR

No obradoiro de Fogar aprendemos a facer a cama, tender a roupa...

 

FESTIVAL NADAL 2016

FESTIVAL NADAL

OBRA DE TEATRO

O alumnado de TVA estreou a súa primeira obra deste curso: Caracol e Caracola. Usando o fecto da luz negra e baseándose nun conto da nosa Biblioteca sorprenderon ao público coa súa actuación. Grazas, profes Marta Barros e Sofía, por este traballo tan ben guiado.

 

SAÍDA AO CENTRO DE VIGO

Neste mes de decembro fixemos a tradicional saída ao centro de Vigo para visitar a exposición de Beléns na que participamos e de paso tomarnos un chocolatiño con churros e contemplar os adornos navideños da cidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut