Skip to Content

2022-23

MAIOS SALADINOS E LETRAS GALEGAS

No mes de maio no Saladino celebramos o Día das Letras Galegas e os Maios con ledicia. Preme "play" e desfruta do vídeo!

ENTREGA PREMIOS VIGOLANDIA

Noraboa David! Os alumnos de 2º G representaron ao seu compañeiro, gañador do concurso Vigolandia. Foron a recoller o diploma e agasallos no Concello de Vigo.

VISITA CONCELLO DE VIGO

Os alumnos e alumnas de primaria e secundaria visitaron o Concello de Vigo. Non esquezas ver o vídeo!!

DÍA DO LIBRO 2023

Aquí tendes a nosa propia sección de recomendación de libros con motivo da conmemoración do Día do Libro.

Ademais, o alumnado de TVA participou nunha actividade interactiva na que coñecemos algçuns dos libros da nosa biblio centrándonos tanto na ilustración como no texto, atendendo ás diferentes vías de acceso á información.

Preme para ver o vídeo!

 

EXCURSIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA

Os rapaces e rapazas de primaria e secundaria foron de excursión e pasárono xenial. Preme no vídeo!!

DESPEDIDA INVERNO SENSORIAL

No Saladino despedimos o inverno con todos os sentidos. Os rapaces e rapazas do centro puideron desfrutar desta actividade multisensorial tan interesante. Premede no video!!!

UN POUCO DE NÓS

Os rapaces de primaria e secundaria participaron no concurso do CEEPR San Xerome Emiliani "Un pouco de nós". Fixeron un traballo fantástico sobre a nosa cidade, Vigo. Podedes desfrutalo premendo no vídeo.

RADIO GALEGA

O alumnado de TVA foi á Radio Galega, en Santiago de Compostela, como parte do premio do último concurso de Podcast - Radio na Biblio. Os alumnos e alumnas puideron ver a redacción, os estudios de radio e o plató de televisión.  

CELEBRAMOS O 8M NO SALADINO

Coma cada ano, este mes celebramos unha data moi especial, o 8M Día Internacional da Muller. Dende o centro, quixemos dedicarlle tempo e esforzo a importancia de educar en igualdade, aspecto no que hai que incidir día a día, visibilizando as aportacións das mulleres na sociedade e nas nosas vidas.

Ollade!

DEMOSTRACIÓN DE MÁQUINAS AOS PROGRAMAS DE XARDINARÍA E VIVEIRISMO

Onte viu a empresa Makita a facer unha demostración con maquinaria eléctrica ao noso cole. 

O alumnado dos dous Programas de Xardinaría e Viveirismo asistiron á demostración e utilizaron diferentes máquinas.

Ollade. 

Distribuir contido


by Dr. Radut