As vidas que perdemos
Na vida que perdemos
fomos deixando as mudas de pel polo camiño
no vértice do corazón
no pulso da vida
na exclamación da urxencia.
Pilar Maseda. VV. AA. Manifesto 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller. Alvarellos e Asociación Cultural Caldaloba, 2021
As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade.
Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Desde a ONU alertan de que aunque todas las mujeres, en todas partes del mundo, pueden sufrir violencia de género, algunas mujeres y niñas son particularmente vulnerables, ejemplo de ellas son las niñas y las mujeres más mayores, las mujeres que se identifican como lesbianas, bisexuales, transgénero o intersex, las migrantes y refugiadas, las de pueblos indígenas o minorías étnicas, o mujeres y niñas que viven con el VIH y discapacidades, y aquellas en crisis humanitarias.
O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás.
Imaxe da biblioteca Safo do IES Espiñeira de Boiro.
Escribamos, xuntas e xuntos, un novo relato desde as nosas bibliotecas escolares:
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): Deixando pegada contra a violencia de xénero
- CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Vigo-Pontevedra): Cando é o estado que maltrata
- CEIP Antonio Fernández López (Sarria-Lugo): 25 N-Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): 25 N. En contra da violencia de xénero
- CEIP Cabada Vázquez (A Estrada-Pontevedra): Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña): Dillo a quen te maltrata
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo/Cotobade-Pontevedra): Día contra a violencia de xénero
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña): Escribir NON dende a biblioteca escolar
- CEIP de Coutada-Beade (Vigo-Pontevedra): O 25N no Coutada
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): 25 N día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): 25 N
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Lecturas violetas
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Lecturas polo 25 de novembro
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): 25 de Novembro
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): 25 de novembro; a violencia non é o camiño
- CEIP P. Graxal (Cambre-A Coruña): 25N Contra a violencia de xénero
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): 25N "Día Contra a Violencia de Xénero"
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Día contra a violencia de xénero e a favor da igualdade na Radio Pingueira
- CEIP P. Manuel Sueiro (Ourense): Día internacional contra a violencia cara ás mulleres
- CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera (Ponteareas-Pontevedra): Lunares no 25 N
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Lúa quere viaxar a ... Marte!, Polo 25N... Teatro, Decálogo 3D polo 25N
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): 25N-Manifestación
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): 25_N: Mergullados nun mar de igualdade
- CEIP P. O Ruxidoiro 8barbadás-Ourense): A rapazada do Ruxidoiro dí basta!
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Actividades diversas en torno ao 25 de novembro
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): 25N, nin unha menos!!
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña): 25N: Todos xuntos dicimos que non!!!
- CEIP P. da Rabadeira (Oleiros-A Coruña): 25 N. Autoras galegas precursoras na loita contra a violencia de xénero, Manifesto 25N Radio Escolar Rabadeira
- CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros-A Coruña): Quero fácil
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
- CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): 25 de novembro
- CEIP P. Vicente Otero Valcárcel (Carral-A Coruña): 25 N - Día contra a Violencia de Xénero
- CIFP Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Preparando o 25 N
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): 25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños-A Coruña): 25N-Mar de Fondo
- CPI P. Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): 25N
- CPI Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): 25N Contra a Violencia de xénero
- CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea-Ourense): Preparando o 25N
- CRA A Picaraña (Ponteareas-Pontevedra): Escolma de libros para o 25N
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Recomendacións de lectura, EmPoderArte
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Escribindo novembro: Referentes, coidar de quen nos coida
- IES A Xunqueira I (Pontevedra): 25 N: Na biblioteca dicimos non á violencia contra a muller con diversas actividades
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Obradoiro do voluntariado, Bolboretas para o 25N
- IES Espiñeira (Boiro-A Coruña): A biblioteca escolar escribe contra a violencia de xénero , Desde a biblioteca dicimos non á violencia
- IES Francisco Asorey (Cambados-Pontevedra): Contra a vampirización patriarcal!!!
- IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño-Ourense): 25N no Chamoso
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Mural 25N, Manifesto 25N, TikTok "Por elas", Exposición 25N
- IES Monte das Moas (A Coruña): Nas Moas dámoslle as costas a violencia contra as mulleres
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Día 25 de Novembro
- IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense): Escribir NON na biblioteca escolar
- IES San Paiio (Tui-Pontevedra): Escribir o maltrato ás mulleres, Annie Ernaux escribiu a violencia contra a súa nai
- IES Urbano Lugrís (Malpica-A Coruña): 25 N
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): 25 N no IES de Vilalonga