O Portal Educativo publica hoxe a Resolución de 30 de novembro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca, para o curso 2018/2019, o programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, en colaboración coa D.X. de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social).
No curso pasado participaron realizaron voluntariado na biblioteca escolar un total de 1.128 alumnos e alumnas de secundaria, así como 2.032 alumnos e alumnas de primaria (5º e 6º). Recibiron o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" dous novos centros e renovaron este selo tres centros que xa o recibiran na convocatoria de 2015. O seguinte cadro resume o contido do programa e as datas clave para cada unha das modalidades.
1 | Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” | Recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar |
|
2 | Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) | Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes. Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial. |
|
3 | Voluntariado de lectura – A (Primaria) |
Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. |
|