PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.
QUE acades disas patrias a vindima.
QUE amaine o vento, beberás o viño.
QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.»
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior
O Día Internacional da Muller 2025 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Para as mulleres e nenas en TODA a súa diversidade:Dereitos, igualdade e empoderamento", reivindica ampliar a igualdade de dereitos, o poder e as oportunidades para todas, cun futuro feminista no que non se deixe a ninguén atrás. O empoderamento da próxima xeración é o núcleo desta idea, xa que a mocidade, en especial as mulleres novas e as nenas adolescentes, serán as protagonista de cambios duradeiros no futuro.
A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo "Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: "A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas. Concienciar, difundir e apoiar iniciativas na liña sinalada pola propia ONU: «a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible». Se se promove a igualdade no acceso á educación, á atención médica, a un traballo decente, e unha representación nos procesos de adopción de decisións políticas e económicas, impulsaranse economías sostibles, igualitarias e máis humanas.
As bibliotecas escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ...
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Día da Muller, 8M
- CEIP P. Antonio Fernández López (Sarria-Lugo): Día da Muller no xornal de Antolín
- CEIP P. Barrié de la Maza (Sta. Comba-A Coruña): Xornal 8M e Xornadas de Mulleres Xalleiras
- CEIP de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Kamishibai Pepa a Loba
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Bótalle flores - 8M
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Selección de lecturas
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): No 8M hai bolboretas
- CEIP P. Irmáns Vilar (Ourense): Serás aquela que quixeches ser
- CEIP Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): 8M no Sensat
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): 8-M Día da Muller
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Día da Muller. Día de Todas. Día da Igualdade
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña): Semana da Muller 2025, Encontro con Sabela Fernández, Charo Pita na Semana da Muller 2025
- CEIP Monte Baliño (Pantón-Lugo): Lucía, muller brava!, Día da muller
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Conmemoración do 8M
- CEIP de Oca (A Estrada-Pontevedra): 8M: Día Internacional da Muller
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Día da Muller 25
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Mulleres de Europa
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros-Lugo): 8M na nosa biblioteca
- CEIP de Seixalbo (Ourense): Mulleres que nos levaron á lúa
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Concentración, Mulleres que fixeron historia
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño-A Coruña): Día Internacional da Muller, Recursos
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Recomendacións lectoras, Día da Muller e Día da Radio
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Xogos en igualdade polo Día da Muller
- IES Blanco Amor (Ourense): Muller e Memoria, Memoria Histórica
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): 8M Día Internacional da Muller
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Obradoiro de camisetas, Faladoiro de saúde mental e xénero
- IES Monte das Moas (A Coruña): Mulleres de Teatro. 8M 2025
- IES Muralla Romana (Lugo): 8M: descubrindo xogando
- IES Praia Barraña (Boiro-A Coruña): Selección de lecturas, Coñecendo ás mulleres que constrúen o mundo
- IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense): Eu tamén navegar!
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Cine Xornal 8M