
Á vista das necesidades observadas durante o periodo da suspensión da actividade educativa presencial cómpre iniciar un periodo de reflexión por parte dos axentes implicados nos programas de desenvolvemento das bibliotecas escolares e fomento da lectura: equipos de biblioteca e Asesoría de bibliotecas escolares, especialmente.
A Asesoría elaborou dous documentos que convidan á reflexión sobre o feito nestes meses e a valoración dos aspectos a ter en conta na planificación do curso 2020/2021:
Os equipos de biblioteca empezan a achegar propostas con protocolos para o remate deste curso e o inicio do próximo:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Protocolo COVID-19
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña): Devolución de libros da biblioteca
- CEIP P. Manuel Berúdez Couso (Pobra de Trives-Ourense): Protocolo Biblioteca Tololeo
- CEIP P. Monforte (Monforte de Lemos-Lugo): Protocolo de uso da biblioteca
- CEIP P. de Palmeira (Ribeira-A Coruña): Protocolo Covid da Biblioteca
- CPI A Picota (Mazaricos-A Coruña): Protocolo de acceso á biblioteca para final de curso
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Préstamo especial verán
- IES Indalecio Pérez Tizón (Tui-Pontevedra): Libros para o verán
- IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín-Pontevedra): Normas de uso da Biblioteca a causa da COVID-19
- IES 12 de Outubro (Ourense): Protocolo do uso da biblioteca