Gallego

Convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar na actividade "Semana STEM" 2019 dirixida a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO

Gallego

Achégase a Resolución do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para participar na actividade "Semana STEM" dirixida a alumnado de quinto e sexto de educación primaria e primeiro e segundo cursos de educación secundaria obrigatoria.

  • O prazo para presentar as solicitudes rematará o 1 de xullo de 2019.

 

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2019/2020

Gallego

Resolución do 22 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2019/20.

  O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2019.

Convócase a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2019/2020

Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2019/20.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o día 29 de maio de 2019.

Colectivo: 

Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2019/2020

Gallego

Resolución do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2019/20.

  •   O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2019.

 

Colectivo: 

Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019

Gallego

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso escolar 2018/19

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada á educación infantil e educación primaria.

  • Categoría B: destinada á educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional básica.

Concederanse, para cada categoría, catro premios.

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accesit

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accesit

500 €

 

Os centros premiados co primeiro premio recibirán o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

  • O prazo de presentación das solicitudes será do 30 de abril ao 29 de maio de 2019.

Enderezo electrónico: inclusioneducativa@edu.xunta.gal

Colectivo: 

Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2018/2019

Gallego

Publicación da Circular 2/2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2018/2019.

Reclamacións no centro. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: 22 e 23 de maio de 2019 (ata as 14.00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 25 e 26 de xuño de 2019 (ata as 14.00 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 18.00 horas do día 27 de maio de 2019.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do día 27 de xuño de 2019.

Recepción do expediente na comisión de supervisión. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 29 de maio de 2019.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do día 28 de xuño de 2019.
Ensinanza: 

Convocadas axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Gallego

Orde do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.
     
Servizo relacionado: 

VI Concurso de Traballo por Proxectos. Convocatoria 2018/2019

Gallego
Xúntase a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 15 de abril de 2019, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do VI CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para o curso 2018/2019.

Búscase estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias de traballos por proxectos, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ou ABP), realizados en centros non universitarios durante o presente curso 2018/2019.

Os centros participantes deberán optar por unha destas modalidades:
 

  1.  Proxectos de carácter interdisciplinario, ou Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (ou un 40% dos departamentos, no caso d dos centros de ensino secundario).
  2.  Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, nas seguintes sub-modalidades:
  • Traballos de grupo/nivel
  • Traballos de ciclo/departamento
  • Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO “Investigación e Tratamento da Información”, ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria.

3. Proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas (máximo 3 centros).

Todos estes traballos teñen que realizarse co apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades.

A temática do proxecto escollida pode ser de calquera ámbito do coñecemento, pero contemplarase un apartado especial de traballos do ámbito científico

  •     O prazo para a presentación dos traballos remata o 10 de xullo de 2019.
File: 
Colectivo: 

Proxecto de Orde das titulacións que permiten a incorporación ás listas de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, PES, PT, EOI que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio de educación

Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre a información pública o proxecto de Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, de Profesores de Ensinanza Secundaria, de Profesores Técnicos de Formación Profesional e de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

A través do Portal de Transparencia da Xunta de Galicia poderán facerse as achegas ao dito proxecto dende o día 27 de marzo ata o 16 de abril de 2019.

Pode acceder a través do seguinte enlace:

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

 

Colectivo: 

Instrucións para a realización, dentro do curso 2018/2019, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/2020

Gallego

Resolución do 11 de febreiro de 2019, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2018/19, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/20.

 

Ensinanza: