Axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24

Gallego

Adxúntase a ORDE do 22 de setembro de 2023 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24 (código de procedemento ED516B).

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 13 de novembro de 2023.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

c
Gallego

Resolución definitiva do 9 de outubro de 2023 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2023/24, conforme ao disposto no apartado 7 da resolución do 13 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

Colectivo: 

Proposta de concesión das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, 2023

Gallego

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes para a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”

Gallego

Amplíase ata o 15 de outubro de 2023 o prazo de presentación de solicitudes para a participación no programa de formación Observa_Acción segundo a resolución  do 22 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

 

Colectivo: 

Sección: 

Publicación da listaxe de candidaturas dos premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2023/24

pi
Gallego

Os centros poderán presentar a documentación ausente nas súas solicitudes durante cinco días hábiles a partir da publicación da listaxe de candidaturas admitidas e excluídas no Portal Educativo.

 

Colectivo: 

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24

Gallego

Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24.

O prazo de emenda de documentación estará aberto ata o día 16 de outubro ás 23:59:59 hora peninsular española.

Tema: 

Colectivo: 

Resolución provisional dos centros participantes no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado co de centros da Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) no curso 2023/24

Picasso mob
Gallego

Achégase resolución provisional dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2023/2024.

Ábrese un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias ante a persoa que exerza a presidencia da comisión.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución provisional de centros admitidos na fase 3 do programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”

Gallego

Resolución provisional de acceso á fase 3 do programa de formación "Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

Colectivo: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593 e 594), e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño(595)

Gallego

Publícase a resolución do 5 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593), do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 6 de outubro ata o día martes 17 de outubro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 6 de outubro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Publicación da listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2023/24

Gallego

Achégase a listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2023/24.

Ábrese un prazo de cinco días hábiles a partir do día da publicación deste anuncio, para facer as alegacións que se consideren ao correo electrónico formacion.fprofe@edu.xunta.gal.

 

Tema: 

Colectivo: