Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PESSFP (598)

Gallego

Xúntase a Resolución do 30 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (Código de procedemento ED003A).

 

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
  • Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas

 

Colectivo: 

Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con Contratos-Programa Innova (CPinnova) seleccionados e non seleccionados, para o curso 2023/2024

cpinnova
Gallego

A Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa publica a resolución provisional de centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería seleccionados e non seleccionados para participar nos Contratos-Programa Innova durante o curso 23/24.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias, dirixidas á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que deberán presentarse obrigatoriamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A) que se deberá identificar coa denominación “CPInnova”, xunto coa documentación complementaria.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar na fase 1 (Autonómica) no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva de centros seleccionados para participar na fase 1 (Autonómica) no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

 

Colectivo: 

Sección: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres

Gallego

Xúntase a Resolución do 27 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres (597033) (Código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

 

Colectivo: 

Resolución do 23 de outubro de 2023, pola que se adxudican as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, ano 2023

Gallego

Xúntase Resolución do 23 de outubro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Puntuacións provisionais obtidas polas persoas candidatas aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade, correspondentes ao curso 2022/23

Gallego

Colectivo: 

Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria de Radio na Biblio para o curso 2023/24

rb
Gallego

Achégase arquivo coa resolución provisional dos centros seleccionados para o programa Radio na Biblio 2023/24 nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.

Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións e renuncias.

 

Colectivo: 

Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria de Biblioteca Creativa para o curso 2023/24

bc
Gallego

Achégase arquivo coa resolución provisional dos centros seleccionados para o programa Biblioteca Creativa 2023/24 nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.

Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións e renuncias.

 

Colectivo: 

Convocatoria do programa educativo “EduReferentes” dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24

c
Gallego

Xúntase a Resolución do 25 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo “EduReferentes” dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

 

Colectivo: 

Sección: 

Documento informativo dos acordos de colaboración coas Comunidades Autónomas para o programa de formación “Observa-Acción”. Fase 3 interautonómica (Conecta)

Gallego

Colectivo: 

Sección: