Resolución da Dirección Xeral de FP pola que se aproba a selección de proxectos de mobilidades de FP Dual

Gallego

Xúntase a resolución do 2 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se aproba e publica a relación definitiva de proxectos correspondentes ao programa de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024.

Os centros solicitantes poderán formular, recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do dia seguinte ao da súa ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, contra esta relación definitiva de proxectos de mobilidade autorizados e rexeitados.

Este recurso poderá ser presentado por medios electrónicos a través do procedemento PR004A, que deberá identificarse co asunto “Recurso de alzada contra á resolución definitiva de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024”, na epígrafe “Asunto relacionado”. Tamén se poderá presentar por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Achégase resolución, relación definitiva de proxectos autorizados e relación de proxectos non autorizados.

Tema: 

Colectivo: 

Resolución definitiva de centros admitidos e non admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2023/24

proxecta
Gallego

A Resolución do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa regula o Plan Proxecta+ e establece as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24.

Finalizado o procedemento establecido na citada resolución, procédese a facer pública a relación definitiva de centros docentes seleccionados en cada programa educativo do Plan Proxecta+ durante o curso escolar 2023/24, segundo o disposto no apartado 10.3.

 

Colectivo: 

Sección: 

Proposta de adxudicación de axudas do Programa Retorna Talento FP 2023/24 (Modalidade A)

Gallego

Publicada a proposta de adxudicación de axudas do Programa Retorna Talento FP 2023/24 correspondentes á modalidade A do programa (pendente de publicación en DOG)

Tema: 

Colectivo: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)

Gallego

Xúntase a Resolución do 2 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de organización e proc. de mantemento de vehículos (590111), organización e proxectos de fabricación mecánica (590112), organización e proxectos sistemas enerxéticos (590113, procesos e medios de comunicación (590119) e de técnicas e procedementos de imaxe e son (590229) do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas

Colectivo: 

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593 e 594), artes plásticas e deseño (595)

Gallego

Xúntase a Resolución do 2 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593 e 594), e de artes plásticas e deseño (595) (Código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
  • Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas

Colectivo: 

Proposta de concesión predoutorais 2023

Gallego

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PESSFP (598)

Gallego

Xúntase a Resolución do 30 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (Código de procedemento ED003A).

 

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
  • Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas

 

Colectivo: 

Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con Contratos-Programa Innova (CPinnova) seleccionados e non seleccionados, para o curso 2023/2024

cpinnova
Gallego

A Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa publica a resolución provisional de centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería seleccionados e non seleccionados para participar nos Contratos-Programa Innova durante o curso 23/24.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias, dirixidas á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que deberán presentarse obrigatoriamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A) que se deberá identificar coa denominación “CPInnova”, xunto coa documentación complementaria.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar na fase 1 (Autonómica) no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva de centros seleccionados para participar na fase 1 (Autonómica) no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

 

Colectivo: 

Sección: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres

Gallego

Xúntase a Resolución do 27 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres (597033) (Código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

 

Colectivo: