Resolución provisional de centros admitidos e non admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2023/24

p
Gallego

Resolución provisional de centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería admitidos e non admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2023/24. Poderán facer as súas reclamacións ou renuncias, tal e como consta no apartado décimo da resolución da convocatoria, por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto co modelo que se facilita.

Os centros disporán de 5 días hábiles a partir da publicación desta resolución no Portal Educativo.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de centros seleccionados para participar na fase 1 (Autonómica) no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”

Gallego

Xúntase a Resolución provisional de centros seleccionados para participar na fase 1 (Autonómica) no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de centros educativos públicos que desenvolven un plan de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2023/24

Gallego

Colectivo: 

Resolución definitiva Programa Acompaña

c
Gallego

Resolución definitiva do 19 de outubro de 2023 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados e non seleccionados para participar no Programa Acompaña, conforme ao disposto na Resolución do 23 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

Colectivo: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións nas especialidades de informática e de sistemas e aplicacións informáticas do corpo de PES (590)

Gallego

Xúntase a Resolución do 19 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de informática (590107) e de sistemas e aplicacións informáticas (590227) do corpo de profesores de ensino secundario (590) (Código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.

 

Colectivo: 

Resolución definitiva de centros admitidos na fase 3 do programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”

Gallego

Resolución definitiva de participación na fase 3 do programa de formación "Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional. En breve publicarase o número de centros das diferentes comunidades autónomas coas que se estableceron acordos para levar a cabo o intercambio de centros.

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do Concurso-Exposición sobre Luísa Villalta, a Autora Homenaxeada o Día das Letras Galegas 2024

Gallego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.

  • Categoría A: educación infantil e primaria
  • Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.

O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).

O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 19 de xaneiro de 2024.

 

Departamento: 

Sección: 

Publicación da listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2023/24

Gallego

Xúntase a listaxe definitiva de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional para o curso 2023/24.

 

Tema: 

Colectivo: 

Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24

Gallego

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24.

Tema: 

Colectivo: