Lista provisional de centros admitidos no programa Plurinfantil, para o curso 2023/2024

pli
Gallego

Xúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.

  • Ábrese un prazo de reclamación e alegación de 5 días hábiles. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación no correo electrónico centrosplurilingues@edu.xunta.gal.

Ensinanza: 

Sección: 

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023

Gallego

Publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Bibliotecas Escolares Solidarias 2022/2023: centros seleccionados en Voluntariado de Lectura-Primaria e Selos "Biblioteca Escolar Solidaria"

bes
Gallego

Publicase a resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 25 de maio de 2023, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS correspondentes ao curso 2022/2023.

Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" 2022/2023 a 5 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.

Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias dun total de 50 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de Primaria".

O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas da convocatoria 2023

Gallego

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2023 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Tema: 

Colectivo: 

Convocatoria do programa Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional 2023

Gallego

Publicada a Resolución do 23 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 26 de maio ata o 14 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.

Colectivo: 

Convocatoria do programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional 2023

Gallego

Publicada a Resolución do 23 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional en centros públicos que impartan ciclos medios e superiores de Formación Profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 26 de maio de 2023 e o 14 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.

Colectivo: 

Listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas artísticas superiores de música 2023/24

Gallego

Listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas artísticas superiores de música 2023/24.

  • Poderanse presentar reclamacións os días 25 e 26 de maio de 2023.

 

Tema: 

Colectivo: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba substitutiva de titulación de bacharelato. Ensinanzas deportivas – grao superior. Curso 2023/24

Gallego

Xúntase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba substitutiva de titulación de bacharelato. Ensinanzas deportivas – grao superior. Curso 2023/24.

  • Poderanse presentar alegacións os días 25 e 26 de maio de 2023 a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude.

 

Tema: 

Colectivo: 

Listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas: aspirantes que se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas artísticas superiores de arte dramática 2023/24

Gallego

Listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas: aspirantes que se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas artísticas superiores de arte dramática.

  • Poderanse presentar reclamacións os días 25 e 26 de maio de 2023.

 

Tema: 

Colectivo: 

Listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas: aspirantes que se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas artísticas superiores de deseño 2023/24

Gallego

Xúntase a Listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas: aspirantes que se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas artísticas superiores de deseño.
 

  • Poderanse presentar reclamacións os días 25 e 26 de maio de 2023.

 

Tema: 

Colectivo: