Skip to Content

Drupal 5.7

Módulos Drupal

Drupal é modular. As súas posibilidades e funcionalidades dependen dos módulos que incorporemos e activemos.

Algúns módulos xa os trae por defecto a aplicación. Son os módulos core.

Nós para o noso proxecto incorporamos ata dagora os seguintes módulos non core:

Event Image Image_assist
Feedback
Scheduler Webform Taxonomy_acces control
Taxonomy_menu
Tinymce

IMCE

Autologout Article
Javascript tools
Mail Duplicate Role
Paging
Site Map
SWF Tools
   

Tódolos módulos para que funcionen teñen que ser activados na ruta administrar-construcción da páxina-módulos.

É importante que se execute update.php cada vez que se actualiza ou incorpora un módulo.

Logo, para que un usuario disfrute das posibilidades dun modulo ten que ter activados os permisos necesarios.

Os permisos actívanse na ruta administrar-mantemento de usuarios-control de acceso

Os módulos poden baixarse de http://drupal.org/project/Modules

Permisos desbaratados

Os centros podemos publicar en calquera categoría de webs dinámicas!

Este descontrol de permisos tamén se está producindo nos Drupal dos centros. Que pasou?

Nós temos apartados que eran ocultos para os usuarios anónimos á vista de todo o mundo!

Os límites de subida de imaxes para cada rol feitos no IMC settings tampouco se respectan...

Supoño que será algo xeral do multisite que afectará a toda Galicia.

Xa contaredes

Un saúdo

Módulos de Durpal 5.7 instalados no modelo de centros.edu.xunta.es

Na instalación de websdinámicas que viñamos utilizando no servidor de "centros.edu.xunta.es" estamos a utilizar os seguintes módulos que aparecen selecionados na seguinte imaxe:

drupal mod

 

Códigos embebidos. Fallo no Tinymce.

Téñense dado casos de que algún usuario quere meter un contido embebido nas páxinas creadas con Drupal e non lle funcionar, por exemplo, ao meter revistas aloxadas en ISSUU (http://issuu.com/home).

O que sucede é que o paquete do módulo Tinymce está mal, ten algún fallo ou problema.

Para resolver estas incidencias hai que substituir o módulo do tinymce existente polo que se xunta nesta mensaxe.

Actualización e mellora do Proxecto Webs Dinámicas

Dende o Proxecto Websdinámicas estamos a traballar nunha actualización das aplicacións que se ofrecen ós centros. Estas suporán melloras técnicas significativas reducindo dun xeito moi considerable a solución de problemas así como o tempo de resposta e as novas melloras que se poidan incorporar.

Por este motivo debemos facer unha pequena parada técnica no proceso de instalación das aplicacións dos novos centros, xa que o tempo é limitado e faise necesaria a priorización de obxectivos.

Tal e como indica o protocolo “¿Como solicitar?”, os centros educativos poden continuar facendo as súas solicitudes de participación e serán incluídos na lista de centros pendentes que podedes consultar nesta páxina.

Entendemos dende o Proxecto Webs Dinámicas as molestias que esta espera pode causar, pero a mellora estructural do mesmo así o require. Confiamos en poder instalar os centros pendentes o antes posible e continuamos traballando en favor dunha introducción integral das TIC na educación galega.

 

Atentamente, Proxecto Webs Dinámicas
Santiago de Compostela, 28 de Setembro de 2009

Arranxado: Comentarios entre centros nos foros

A finais do curso pasado detectamos a cola de moderación activada para os comentarios que os centros facían a contidos publicados por outros centros.

Aínda que isto non impedía a publicación de novos temas, si facía imposible a colaboración entre centros, factor importante no proxecto.

Como é normal, isto causou certa extrañeza en algúns compañeiros, xa que non entra na liña de traballo colaborativo que dende o proxecto queremos impulsar.

Por todo isto, comunicámosvos que o problema quedou arranxado e que os comentarios que no portal fagades publicaranse automáticamente, favorecendo o dinamismo do propio portal.

Animámovos tamén a que participedes no foro "Comparte a túa experiencia".

Para unha mellor fluidez do coñecemento libre na rede recomendamos Licenzas Creative Commons

Proxecto Webs Dinámicas
21 de Setembro de 2009

Configuración dun bloque para a presentacion de Novas a través de RSS

PresentacionTrátase que dun xeito sinxelo os usuarios poidan publicar Novas e que estas aparezan listadas nun bloque da páxina. Podedes ver un exemplo nesta imaxe.

Requisitos:

  • Ter activado e configurado o módulo Mapa do Sitio (ver Activar Mapa do Sitio).
  • Ter activado o módulo Agregator


Proceso de publicacion das novas unha vez configurado o proceso:

Os usuarios crean contido na categoría que configuraremos como “Novas”.
As novas actualizaranse no bloque cando, unha vez producida a actualización automáitca da orixe RSS, se execute o CRON na páxina do centro. Ainda que executar o CRON (indexación de contidos) é moi sinxelo, este é un proceso manual que deberemos executar premento en “Lanzar CRON” no bloque denominado “CRON”.

ÍNDICE

1.- Proceso de configuración do bloque:

1.1.- Creación de categoría “Novas”

1.2.- Configuración dos permisos para a categoría “Novas”

1.3.- Publicación da categoría no Mapa do Sitio: Ver Activar Mapa do Sitio

1.4.- Obtención do enlace emisor RSS da categoría “Novas”:

1.5.- Sindicación RSS á categoría “Novas”:

1.6.- Publicación do bloque coas Novas RSS

2.- Cuestións a ter en conta:

 

LER MÁIS

 

Activar o Mapa do Sitio

mapa do sitioSi o módulo non está instalado podedes poñervos en contacto con nós a través do correo do proxecto: websdinamicas@edu.xunta.es (É NECESARIO ESPERAR Á ACTUALIZACIÓN A MULTISITE).
Si o módulo está xa instalado:

Activar módulo:

Administrar → Construcción da páxina → Módulos.

Activamos Site Map e gardamos a configuración

Configurar permisos do módulo:

Administrar → Mantemento de usuarios → Control de acceso → aggregator módulo → Configurar permisos.

Deberemos permitir só ó rol administrador “administrar orixes de novas”, e decidir que roles poden “acceder a orixes de novas”.

Configurar o Mapa do sitio:

Administrar → Configuración da páxina → Mapa do Sitio.

Configuramos as variables necesarias.

A ter en conta:
Tal e como vimos recomendando, os menús constrúense en base a categorías co cal só será necesario marcar aquelas “Categorías para incluir no mapa do sitio” que desexemos se vexan no mapa.

Debemos marcar o tic “Incluir enlaces RSS” para dar a posibilidade ós visitantes a sindicarse a cada unha das orixes RSS.

Finalmente debemos pasar o enlace “Mapa do Sitio”, que aparece no “Menú Navegación”, a “Enlaces Secundarios” para que apareza na cabezeira da páxina. Non confundir o enlace co de administración do “Mapa do Sitio” xa que se chaman igual.

Xustificación teórica do proxecto en base a lecturas recomendas.

Sociedade da Información
Distribuir contido


by Dr. Radut