Skip to Content

Drupal 5.7

Licenza


Porque Creative Commons?

As licenzas Creative Commons concíbense respecto ó uso de materiais didácticos, música, películas, fotografías, blogs, etc.
Segundo a lexislación vixente se o autor dunha obra non especifica a que tipo de licenza a somete, esta adquire directamente Copyright dende o momento da súa creación.
Acollerse a este tipo de licenza libre significa permitir certos usos das obras que creamos, que non estarían dispoñibles se non o especificamos.
O coñecemento deste tipo de licenzas faise, se cabe, máis importante no eido educativo xa que responde directamente ó principio educativo de colaboración, facilitando o traballo en equipo a través do uso das TIC.

Que tipo de permisos podemos otorgar con este tipo de licenzas?

Tal e como explica a páxina oficial de Creative Commons existen catro tipos de condicións que combinadas dan lugar a seis tipos de licenza diferentes.

Catro condicións:

Recoñecemento (Atribution): Significa o recoñecemento da obra utilizada. Esta é a única condición obrigatoria.

Non Comercial (Non commercial): A utilización da obra non pode ser para uso comercial.

Sen obras derivadas (No Derivate Works): Non permite a modificación da obra orixinal, co cal non se poderán facer obras derivadas.

Compartir Igual (Share alike): Os usuarios poderán modificar a obra orixinal sempre e cando a nova obra manteña o mesmo tipo de licenza. Esta condición é imortante xa que garante a continuidade da cadea de colaboración.

Seis tipos de licenza:

Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restricción.
Recoñecemento – NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais.
Recoñecemento – NonComercial – CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas. A distribución deberase facer con unha licenza igual a que regula a obra orixinal.
Recoñecemento – NonComercial – SenObraDerivada (by-nc-nd): Non se permite o uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.
Recoñeccemento – CompartirIgual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas. A distribución deberase facer con unha licenza igual á que regula a obra orixinal.
Recoñecemento – SenObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas.

Recomendamos a lectura de:

Junta de Extremadura y OCDE (2008): El conocimiento libre y los recursos educativos abiertos.(Descarga en pdf)

VER PRESENTACIÓN CREATIVE COMMONS: Sé Creativo

Visualizar PDF e outros

Nos utilizamos os servicios de http://www.scribd.com/ a través do módulo "ipaper" http://drupal.org/project/ipaper que pode instalarse facilmente en Drupal.

É un módulo moi util e fácil de usar, pero o ficheiro flash resultante queda aloxado en Scribd e está suxeito as condicións que eles establecen. Podedes ver o resultado en http://centros.edu.xunta.es/iesdecurtis/node/186. Outra posibilidade e utilizar Macromedia - FlashPaper 2 http://www.adobe.com/products/flashpaper/ ou Print2flash http://print2flash.com/ que permiten transformar calqueira PDF a flash, pero son programas de pago aínda que teñen a ventaxa de que o ficheiro resultante pode subirse directamente o servidor da Consellería.

O mellor sería que a Consellería puxese un módulo en Drupal que permitise ver os PDF que subíramos as páxinas dos centros. Tamén sería necesario un módulo que permitise importar os Blogs que case tódolos los centros teñen en Blogger ou Wordpress polos problemas que pode haber pola utilización de fotos de menores fora do servidor da Consellería. Outra cousa que botamos en falta é unha mellor integración de Drupal con Coppermine.

Conservar código Lim

Para poder editar un código de Lim sen perdelo hai que metelo dentro dunha táboa.

As Webs Dinámicas nos Centros Educativos Galegos

Estades a utilizar as Webs Dinámicas no voso centro dun xeito orixinal?

Tivéchedes unha boa idea e estádela a poñer en práctica?

Gustaríavos compartir o voso traballo cos compañeiros?

ANIMÁDEVOS

Compartide os vosos contidos, charlade cos compañeiros sobre o uso que lle estades a dar ás as aplicacións, criticade ou felicitade...

Idéntificate e "Comparte a vosa experiencia"

 

Experiencias
Drupal

  Experiencias
Moodle

  Experiencias
Coppermine

 

Recomendacións:

  • Si é posible, cando nos contes o que estades a facer acopañádeo con un enlace para que podaimos velo. De tódolos xeitos preferimos que nolo contedes igual aínda que non poidamos velo.
  • Algúns puntos que podedes tratar son os seguintes:
    • Necesidades das que parteu a vosa idea
    • Membros da comunidade educativa que participan dela
    • Dificultades na implatación
    • Descripción da experiencia
    • Potencial que ten e posibles mellora
Comparte e protexe os teus contidos, publícaos baixo licenzas libres Creative Commons

http://www.flickr.com/photos/ojo_de_vidrio/3404648835/sizes/o/

Consulta de dúbidas

Neste foro os centros educativos poderán realizar as súas consultas sobre a utilización das aplicacións.

Recorda! Antes de deixar a vosa pregunta consultade no buscador, é moi posible que xa fora respostada.

Accede ó buscador

 

Clica no logo para entrar nos foros

Foro de

logo_drupal

 

Foro de

logo_moodle

 

Foro de

logo_coppermine

 

 DRUPAL  MOODLE   COPPERMINE

 

Recomendacións para a realización de consultas:

  • É importante describir moi brevemente a consulta no título do tema, xa que isto facilitará a posterior busca por parte dun compañeiro. Cando se realiza a busca, as palabras contidas no título funcionan como "palabras clave" principais.
  • Tenta describir o mellor posible a situación.

Publicación de RSS nun bloque

Para publicar as noticias ofrecidas por algunha fonte de RSS externa nun bloque da nosa páxina deberemos de facer o seguinte:

  • Como administradores da páxina ir á Administrar > Administración do contido > Agregador de novas.
  • Engadiremos unha nova Categoría desde a pestana Engadir categoría.
  • A continuación debemos de engadir unha Orixe desde a pestana Engadir orixe (previamente deberemos de ter copiada a URL da orixe que queremos crear).
    • Engadimos o Título (personalizado).
    • Engadimor a URL.
    • Intervalo de actualización: A pesares de que podemos configurar o intervalo nesta sección, non funcionará ata que lancemos o cron (cron.php) da nosa páxina.
    • Seleccionamos ás Categorías á cal pertence a nova orixe.
  • Regresamos sobre a pestana Lista e prememos sobre a opción de actualizar elementos para que se carguen por primeira vez as novas da orixe RSS incorporada.

A continuación veremos como engadir esta orixe a un bloque na nosa web.

  • Iremos á sección de Administrar > Construcción da páxina > Bloques.
  • Dentro dos bloques desactivados poderemos atopar a orixe RSS incorporada anteirormente: últimos elementos da orixe...
  •  Deberemos de seleccionar a rexión da páxina onde desexamos que aparezan: barra lateral dereita, barra lateral esquerda,...
Con isto xa poderemos ver as novas RSS na nosa web.

O anunciado corte do acceso por ftp

Despois de ler neste foro que en breve se cortará o acceso por ftp ás carpetas das páxinas web (http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/537#comment-450), estiven repasando todo o que puiden facer durante os dous últimos anos grazas a ese servizo. Entre outras cousas: - Cambiei as cabeceiras de Moodle e Coppermine - Cambiei lixeiramente o tema B7 (tamaños de letra e cores) - Fixen subcarpetas para os arquivos do usuario administrador (cambiando os permisos) - Fixen movementos ou renomeamentos dalgúns arquivos - Etc, etc Moitos dos trucos que se explicaban neste foro para mellorar as páxinas pasaban polo ftp. Por exemplo, inserir vídeos agora é máis fácil adxuntando os arquivos, pero o sistema que se explicaba neste foro orixinalmente (http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/category/3/99) daba máis liberdade, porque permitía elixir a imaxe do reprodutor cando está parado ou centrar o vídeo horizontalmente (a ver se alguén coñece o xeito de facer estas dúas cousas co sistema de adxuntar, porque sería o ideal). Tamén era interesante a posibilidade de subir moitas fotos xuntas a Coppermine por ftp. En fin, creo que eu nunca fixen dano co ftp e parecíame un servizo fantástico. É posible que alguén o utilizara mal e agora paguemos xustos por pecadores. Penso tamén que era unha forma de quitarvos traballo aos responsables das webs dinámicas, polo que agradecería que se reconsiderara a medida. Un saúdo

Abertos os foros para a súa lectura dos usuarios anónimos

Quedan abertos os foros para que calquera usuario poida ver as entradas e os comentarios que se fagan sobre as aplicacións do proxecto para a súa consulta.

FOROS: DRUPAL - AULA VIRTUAL - GALERÍAS

Lembramos que para poder participar activamente dos mesmos é necesaio entrar empregando o usuario que se remiteu ao centro no momento da incorporación ao proxecto.

Listados de centros participantes

Desde os seguintes enlaces podemos acceder aos listados de centros participantes no proxecto.

Nestes listados aparece en primeiro lugar o centro máis recentemente incorporado ao proxecto.

Listados de centros por asesoría
A EstradaAllarizA Pobra do CaramiñalBetanzos
BurelaCarballoCeeFerrol
LugoMelideMonforteO Barco de Valdeorras
OrtigueiraOurensePontevedraTui
VigoVilagarcíaZona cero LISTADO COMPLETO
Distribuir contido


by Dr. Radut