O anunciado corte do acceso por ftp
Despois de ler neste foro que en breve se cortará o acceso por ftp ás carpetas das páxinas web (http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/537#comment-450), estiven repasando todo o que puiden facer durante os dous últimos anos grazas a ese servizo. Entre outras cousas:
- Cambiei as cabeceiras de Moodle e Coppermine
- Cambiei lixeiramente o tema B7 (tamaños de letra e cores)
- Fixen subcarpetas para os arquivos do usuario administrador (cambiando os permisos)
- Fixen movementos ou renomeamentos dalgúns arquivos
- Etc, etc
Moitos dos trucos que se explicaban neste foro para mellorar as páxinas pasaban polo ftp.
Por exemplo, inserir vídeos agora é máis fácil adxuntando os arquivos, pero o sistema que se explicaba neste foro orixinalmente (http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/category/3/99) daba máis liberdade, porque permitía elixir a imaxe do reprodutor cando está parado ou centrar o vídeo horizontalmente (a ver se alguén coñece o xeito de facer estas dúas cousas co sistema de adxuntar, porque sería o ideal).
Tamén era interesante a posibilidade de subir moitas fotos xuntas a Coppermine por ftp.
En fin, creo que eu nunca fixen dano co ftp e parecíame un servizo fantástico. É posible que alguén o utilizara mal e agora paguemos xustos por pecadores. Penso tamén que era unha forma de quitarvos traballo aos responsables das webs dinámicas, polo que agradecería que se reconsiderara a medida.
Un saúdo
- APIs de Blogue
Corte de acceso por FTP.
Ola.
Antes de nada quería comentarvos que todos estes cambios que temos previstos non van noutra dirección que na de mellorar tanto o servizo como as prestacións das aplicacións e poder chegar a unha utilización óptima dos recursos. Por iso, ao igual que sempre, a nosa pretensión é poder dar resposta a todas as necesidades coherentes dos centros educativos.
En respecto aos cambios que mencionades e que realizástedes coa axuda do FTP, pode ser que a curto prazo se vexan así, como unha axuda, pero moitos dos cambios que mencionades poden traer consecuencias á hora de realizar as actualizacións das aplicacións xa que implicarían seguir mantendo arquivos antigos nas novas versións ou realizar novamente os cambios anteriores, por exemplo, follas de estilos, imaxes xenéricas ou a clasificación dos ficheiros.
No momento que teñamos unha instalación única como base para todos os centros de Galicia, non é posible deixar aberto o acceso a estes arquivos, xa que un cambio en calquera deles afectaría a todos os centros participantes.
Tamén quixera comentar que non se debe este cambio a que ninguén fixera o que non debía, xa que non é o caso. Tan só son decisións e cambios aos que nos vemos obrigados se queremos que este proxecto se manteña e perdure.
En calquera caso, sempre imos agradecervos moito calquera aportación que nos poidades facer chegar sobre módulos e utilidades que coñezades.
Un saúdo.
Follas de estilos e logos