Bó dia.
Dende que migramos os contidos a nova estructura "multisite" os contidos flash que se inserian nos bloques e nos contidos deixaron de executarse ben. A cuestión máis en concreto é a seguinte: or arquivos swf carganse ben, xenérase correctamente o código embebido, a ruta é a correcta, crease os espazo onde vai o banner, pero este quedase en branco. Non é un problema das ligazóns aos swf, nin da versión Flash. O sistema operativo tampouco é o problema xa que en ningún ordenador se me executan. Os arquivos swf están ben xa que os podo executar fora de drupal (con un navegador). O módulo que teño activado para Flash é o de SWFtools. Penso que é algunha cousa da instalación de drupal que hai que configurar, pero levo pelexando co tema varios días e non dou atopado cal é o problema.
O único que se me ocurre é que algunha das opcións do módulo SWF Tools que está desactivada (ver captura inferior) teña que activarse, pero non sei como facelo.
Graciñas pola atención e agradeceria algunha solución.
Un saúdo
arquivos .swf
A min pásame o mesmo ca os compañeiros. Sigo sin atopar a solución no propio drupal.
Manual
Tedes que mudar a maneira de enviar os swf aqui deixo un manual
Eu sigo con problemas
Os swf, ao inserilos seguindo o manual danos problemas. A solución que atopei foi usar a miña conta de dropbox, pero prefiro atopar unha solución definitiva.
Deixovos un pantallazo para que vexades o erro concreto.
Gracias pola axuda.
Grazas pola axuda. Funcionou
Grazas pola axuda. Funcionou todo correctamente.
Solución
Podías aclararnos cal é a solución que che funcionou? a do manual ou a de subir a Dropbox?
A o cpi santa lucía
A min CPI Santa Lucía, Moraña, so me funciona se uso o dropbox, utilizando o manual queda como se marca no pantallazo que colguei. A quen lle funciona e a o IES Valadares...
O dropbox, é unha chapuza, xa que eu para o ano podo marchar, e non vou a estar toda a vida facendo de servidor.
Seguro que hai unha solución, non sei por onde, pero seguro que vos que sodes unhas máquinas o arranxades.
Un saúdo.
Si queres pódesme mandar o
Si queres pódesme mandar o ficheiro SWF en cuestión á conta de websdinamicas@edu.xunta.es e trato de subilo desde a Consellería para ver si podo determinar que che está ocurrindo.