Skip to Content

Problemas coas notificacións de entradas nos foros

Dende o Ies de Sanxenxo temos problemas á hora de que tódolos membros suscritos a un foro reciban os post que introduce o administrador do sitio ou calquera participante. Soamente se reciben se se executa manualmente o arquivo cron.php por parte do administrador. As miñas cuestións son: - Pódese facer que se execute o cron de maneira automática sen ter que lanza-lo manualmente cada vez que se queira comunicar algo? - Atopei CÓMO FACER que o cron se execute cada cinco minutos pero non atopei ONDE FACELO. Podemos facelo dende o centro, hai que facelo dende os servicios centrais ou non se pode facer? Temos a aula funcionando a medias pola falla de comunicación inmediata entre usuarios. Grazas por adiantado e Saúdos, Carlos Santiso Medín

CRON automático en Moodle

Boas compañeiros, contemplamos que na próxima (cada vez máis próxima) actualización-migración a multisite solucionar este problema xa que entendemos que o CRON é unha ferramenta moi importante na utilización do moodle, xa que incide directamente sobre a comunicación entre os usuarios, xa sexa por mensaxería ou a través das notificacións ós correos.

De momento o que estades a facer é a mellor opción, lanzalo manualmente cada día.

Un sáudo e ánimo!

Pablo Nimo

-----------------

Grupo de Asesores SIEGA 

filtro de mail?

Ola! Diredes que son un curioso, pero ándame na cabeza como pensades solucionar o tema de envíos aos diferentes enderezos electrónicos. De momento, só se envían e reciben a todo o que sexa @edu.xunta.es. Para aproveitar ben todo este potencial, sería interesante que calquera dominio de enderezo electrónico puidera recibir ditos mailings (Sobre todo, ando pensando en hotmail ou gmail, que é o que adoitan empregar a maioría dos alumnos). ¿Ides levantar a restricción? ;) Saúdos! Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda


forum | by Dr. Radut