Skip to Content

Drupal 5.7

Rematou un curso e volta a empezar

Cando remata un curso, o normal será que moita da información do noso espazo web quede obsoleta, outra ocupe un espazo inadecuado pero non queremos perdela e outra simplemente será necesario actualizala.

Recomendamos crear un Menú HISTÓRICO ( visible ou non segundo para que perfiles) no cual iremos desplazando os documentos doutros menus.

O lóxico sería pensar que ese HISTÓRICO tivera termos ANUAIS e dentro destes termos un subtermos que clasificasen dun xeito moi sinxelo os contidos a gardar.

Moitos dos documento haberá que borralos buscandoos en contido e simplemente borrándoos o editando e borrando.

A maneira máis sinxela de localizar os documentos e ir recoorrendo a web, permendo nos documentos, editándoos e republicalos ou borralos para que desaparezan definitavamente ou pasen ao menú adecuado.

 

Introducimos imaxes nun contido con IMCE

Podemos incluír imaxes nos nosos escritos, pero o seu tamaño deberá ser moderado, nunca máis de 50 kb.

De incluír varias nunha mesma páxina, que sexan miniaturas ou a suma do seu peso escasa, para facilitar a navegación.

Vexamos como proceder:

1º.-Premer na icona coa imaxe de árbore que temos no procesador do escritorio virtual.

2º.-Con isto abrirase unha xanela onde poderemos actuar de dúas maneiras:

  • Escribir no espazo "Image URL" un enderezo (URL) dunha imaxe que se atopa en Internet e que temos permiso para usar; é dicir, unha imaxe libre. Logo premer no botón "Insert" e xa aparecerá na nosa folla do libro.
  • Premer na icona que sinalamos en vermello na ilustración de abaixo se o que quermos é inserir unha imaxe que temos no noso ordenador.

3º.-Daquela aparece un novo formulario que nos permitirá  buscar a imaxe no ordenador, subir a imaxe e engadila no escrito.

4º.Cando prememos en "Add" volvemos á xanela anterior e con premer no botón "insert" teremos a imaxe inserida na páxina.

Agora temos que colocala no lugar correcto do texto. Seleccionamos a imaxe e prememos na icona xa coñecida con imaxe de árbore. Na pestana "appareance" poderemos darlle propiedade á imaxe de tamaño ou xustificación.

Recomendamos axudarse das táboas para maquetar imaxes no texto se for necesario.

Inserir arquivos Flash nun documento

No procesador de textos de Drupal dispoñemos dunha icona para inserir arquivos .swf.

Cando prememos en dita icona ábrese unha ventá para buscar o arquivo no equipo (Examinar) , subilo ao servidor (Upload) e logo engadilo (Add).

Subiremolo como calquera imaxe pero é moi importante indicar a medida(SIZE) que sexa distinto de 0, xa que no caso contrario non se verá.

Se nos sae unha mensaxe de erro cando intentamos subir o arquivo do tipo "Only images with .jpg, .gif, and .png extensions are allowed" é debido a que non temos configurado o IMCE correctamente.

Na ruta: Administrar>Opcións>Imce no oco Non-image file support: engadimos .swf.

Logo de engadir con Add, deberiamos dar o tamaño da ventana na que aparecerá o flash

Marquesina en un bloque

Añadimos una marquesina fácilmente editable que puede ir directamente dentro de un bloque: Bloques - Crear bloque - copiar el código de la marquesina en la vista html Ej: http://centros.edu.xunta.es/ceipdeandrade Esta marquesina funciona bien con B7, si se cambia de tema hay que activar de nuevo el bloque. Una de las características de esta marquesina es que al pasar el ratón por encima se detiene. Para editar el contenido basta con sustituir lo que se sitúa entre las etiquetas dentro del código. Si se quieren poner más notas habría que añadir el contenido a continuación de la etiqueta li. El ejemplo que damos va con dos notas, una sin link y la otra con link. La marquesina aparece dimensionada para que vaya bien en el bloque pero evidentemente se pueden cambiar los valores Height y Width. El código es:

<marquee LOOP="0" BEHAVIOR="scroll" onmouseover='this.stop()' onmouseout='this.start()' BGCOLOR="#ffffff" scrollamount="1" DIRECTION="up" HEIGHT="100" WIDTH="160"><li><a>SOLICITUDE DE ADMISIÓN: Aberto o prazo dende o __ ao __ de ____</a><li><a href="http://centros.edu.xunta.es" target="_blank">AXUDAS ORDENADORES: convocadas pola Consellería de Educación</a></li></marquee>

Nota para webmaster: el problema es que al poner el código, Drupal lo interpreta con lo que no se visualiza. Estoy seguro que hay alguna etiqueta que soluciona esto. Nota 2: He estado investigando y no es tan fácil, al menos no lo he encontrado. Se podrían sustituir los caracteres <> por > y > respectivamente pero se hace muy farragoso. Hay un módulo para drupal que se llama CodeFilter (http://drupal.org/node/107193) y que permite usar las etiquetas code. Otra opción para citar código sería poder enviar un adjunto de texto con el código pero yo no tengo esa posiblidad. ---------------

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN: Aberto o prazo dende o __ ao __ de ____
  • AXUDAS ORDENADORES: convocadas pola Consellería de Educación

  • Marquesina na zona de contido en Firefox

    Cando queremos introducir unha marquesina na parte central do contido teremos que crear un novo contido, tipo páxina, por exemplo, e pegar o seguinte código:

    <marquee LOOP="0" BEHAVIOR="scroll" onmouseover='this.stop()' onmouseout='this.start()' BGCOLOR="#ffffff" scrollamount="1" DIRECTION="up" HEIGHT="100" WIDTH="100%">
    <p>Parágrafo 1 con <a href="http://www.google.es/" target="_blank">enlace a Google</a></p>
    <p>Parágrafo 2 con <a href="http://www.edu.xunta.es/" target="_blank">enlace a Portal educativo</a></p>
    </marquee>

    Ollo! dependendo das etiquetas que leve a marquesina pode ser que funcione ou non nalgúns navegadores. Nas probas efectuadas observouse que se empregamos as etiquetas de listas non ordenadas <ul> e <li> a marquesina non funciona no navegador Mozilla Firefox.

    Acochar bloques 1

    Pode que desexemos acochar bloques cando entramos nun determinado menú, tipo de contido ou documento. Unha maneira moi sinxela de acochalos é ir á ruta Administrar » Construcción da páxina  » Bloques e alí engadir o nome das rutas nas que quero que un determinado bloque se acoche ou se mostre.
    Observemos a imaxe:

    taxonomy_menu/8/41 é a ruta dun determinado menú.
    node/173 é a ruta dun documento ou páxina.
    <front> é a páxina principal.

    Neste caso, o menú ao que lle estou dando esas propiedades, cando selecciones ditas páxinas non se verá. Desaparecerá da pantalla.

    Control de acceso: ver, editar, crear

    É necesario crear ROLES, dar PERMISOS e CATEGORIZAR PERMISOS

    Na ruta Administrar » Mantenemento de usuarios » Roles creamos os roles que consideramos necesarios para o centro. Os menos posible. Máis de 6 xa sería difícil de controlar

    Na ruta Administrar » Mantenemento de usuarios » Control de acceso dámoslle a cada rol a potencialidade e posibilidade de traballar con centros módulos: crear páxinas, foros, imaxes

    Na ruta Administrar » Mantenemento de usuarios » Taxonomy access: permissións vamos a controlar o acceso dos roles as dintintas partes dos menús para poder publicar, modificar ou borrar,

    Crear páxinas, libros, artículos.... pode estar permitido a usuarios autenticados pero temos que limitarlle onde publicalos.

    Ver-Actualizar-Borrar - Create- Lista

    Os tres primeiros vanlle a permitir ao usuario realizar esas funcións cun determinado contido.

    Os dous últimos - Create e Lista - vanlle a permitir ou non a un usuario crear contidos para un menu ou ver (listar) un menú.

    A-I-D
    A=confirma o permiso
    I=espera que se de ou non permiso, pero se non se cambia denega o permiso.
    D=permido denegado

    Cousas e cousiñas:

    Se a un usuario non lle permito LISTAR un menú, non vou a ver nin o menú nin os contidos anque estes teñan o permido de ver.

    Se a un usuario lle permito LISTAR un menú pero non ver os contidos, verei os menús pero non accedo aos documento

    TAXONOMY ACCESS: PERMISSIONS regula o acceso a menús creados en base a categorías.

    Con CONTROL DE ACCESO e TAXONOMY ACCESS podemos regular e controlar o acceso dos usuarios a todos os contidos e menús do espazo web sen necesidade de máis barreiras, sempre e cando sigamos o modelo de construccións de menús baseados en categorias como propoñemos

    Uncategorized nodes

    Son os contidos que non publicamos en ningunha categoría e que promocionamos na páxina principal. Podemos regular o acceso de cada rol par ver-actualizar-borrar

    MOI IMPORTANTE

    Sempre que creemos unha categoría nova, cos seus termos e logo publiquemos o bloque, por defecto os roles usuario-anónimo e usuario_atenticado collen os permisos de listar-crear e ver. polo que todos os usuarios adquiren ditos permisos.

    Polo tanto, é fundamentar editar os permisos dos roles anonimous_user e autenticates_user

    MÁIS IMPORTANTE AÍNDA:

    Sempre que estableza permisos en TAXOM¡NOMY ACCES, logo teño que pasar por CONTROL DE ACCESO  e confirmar os permisos simplemente abrindo e gardando, só así se actualizarán. 

    Comentarios con e sin

    Para poder emitir comentarios a un contido, ten que estar o módulo  comment activado.

    Ademais teñen que estar nos tipos de contido tamén habilitados con lectura e escritura.

    Igualmente, en control de acceso-permisos o rol do usuario correspondente tamén estará marcado.

    Debemos observar ademais que poderemos habilitar para comentarios con e sin aprobación.

    Os comentarios sen aprobación veránse inmediatamente, pero os comentarios que necesitan validación pasan á cola de aprobación.

    Para examinar a cola, os usuarios que teñan permiso de administración de comentarios irán á ruta :

    administrar-comentarios, e alí verán tódolos comentarios que precisan ser avaliados e que unha vez chequeados e aprobados pasaran a ser publicados.

    Menús basados en categorías

    Propoñemos crear menús basándonos nas taxonomías. Facémolo así porque Drupal dispón de uns módulos que nos van a permitir crear eses menús e controlar o acceso a eles tanto para publicar como para ver ou editar os seus contidos.

    O proceso é un tanto laborioso pero sinxelo unha vez entendido.

    1 - Creamos categorías:

    Administrar » Administración do contido » Categorías: Engadímos vocabulario e indicamos:

    tipos de contido que van a poder publicarse dentro dese vocabulario (normalmente todos menos foros)

    Xerarquía simple: vainos a permitir facer menús dentro de menú

    Etiquetado libre: se o marcase non serían necesario termos nese vocabulario. Cando crease o contido poría o nome do termo ou menú.

    Selección múltiple: se o marcamos permitenos que un mesmo contido figure en varios apartados dese menú. Normalmente non se marca.

    Requerido: implicaría que sería un lugar obligatorio de publicación de calquera contido. Non se debería marcar normalmente

    2 - Ao vocabulario engadido creámoslle termos. Os termos son os distintos apartados do menú. Damoslle un nome e un peso para que conserven unha orde. Os termos de menos peso estarán máis arriba.

    3 - Unha vez creada a categoría, co seu vocabulario e os seus termos, teremos que realizar unha acción que nos vai a permitir empregar ou converter esta categoría nun menú.

    Accedemos á opción Administrar » Configuración da páxina » Taxonomías - Menús. Añí veremos que todas as categorías creadas previamente teñen seleccionada a opción Normal, mentres que a da categoría recén creada ten seleccionada por defecto a opción Non. Debemos, pois, marcar a opción Normal para que esta Taxonomía se converta nun Menú.

    4 - Na ruta Administrar » Construcción da páxina » Menús » Engadir menús engadimos menú.

    Fixarse que dito menú aparece ao final da páxina de menús

    5 - Nesa mesma páxina de menús, buscamos dentro do menú de Navegación a categoría creada cos seus termos.

    Ahí mesmo, prememos en editar ese vocabulario, ábrirase unha ventá na que temos que ir ao desplegable elemento pai (Navegación) e asignámoslle o nome do menú que fixemos.

    Se fixemos ben as cousas veremos que o vocabulario e os termos agora están dentro do menú creado.

    Menú

    • Vocabulario (Categoría)

    Termo1
    Termo2
    Termo3

    Normalmente desactivamos o vocabulario dentro do menú para que se vexan so os termos salvo no caso de que ditos termos non estén expandidos. Se están expandidos non soe ter sentido que esté activo o vocabulario.

    Se desactivamos a categoría os termos expándense automaticamente.

    5 - Bloques.

    Se fixemos todo correctamente vamos á ruta Administrar » Construcción da páxina » Bloques e apareceranos un bloque co mesmo nome que o menú creado, coa categoría dentro se non está desactivada e os termos correspondente.

    Agora so nos queda marcar dito bloque endicar onde o queremos: arriba, abaixo, dreira ou esquerda.

    Resumindo:

    Creamos unha Categoría cos seus termos. Marcanos na opción de Taxonomías-Menús a opción Normal para que a cetegoría actúe como Menú. Logo creamos un menú no que facemos que navegue a categoría (Metemos a categoría cos termos dentro do menú). Con elo xa temos un bloque, que teremos que activar para que se vexa.

    Elaborando un libro

    Para crear un libo iremos >Crear contido > Páxina de libro.

    Poñerémoslle un título e elixiremos o apartado do menú donde colgaremos esta primeira páxina do libro.

    Esta primeira páxina será o título e a portada de dito libro.

    Unha vez enviada empezamos a crear páxinas fillas: engadir páxina filla.

    Importante suliñar que as novas páxinas fillas van a colgar da primeira páxina do libro ou doutra páxina do libro según donde as fagamos.

    As páxinas fillas xa non teño que indicarlles no menú de onde colgan xa que colgarán directamente da portada.

    É dicir: se fago as páxinas fillas como capítulos do libro tereinas que facer todas como fillas da páxina portada e así xerarase o índice.

    Se fago páxinas fillas a partir dun dos capítulos farei que dito capítulo teña subcapítulos.

    O orde das páxinas ou capítulos ven dado polo peso de cada páxina. Se todas teñen o mesmo peso vanse a ordenar alfabeticamente, polo que poderiamos poñer 01-XXX, 02-XXX,... e así sairían co orden elixido.

    Creando contidos

    Na ruta >Crear contido  accederemos á un menú no que teremos que escoller o tipo de contido a elaborar. Normalmente será unha páxina ou un artigo.

    Unha vez elexido abrirase unha plantilla na que é obrigatorio un título.

    Logo elixiremos o lugar do menú no que vamos a publicar

    Finalmente escribiremos o texto coa axuda do procesador.

    IMAXES

    1- (Co módulo IMCE) O xeito máis doado, e premer na icona que representa unha árbore no procesador de textos. fimaxeÁbrese un formulario que nos permite engadir unha imaxe mediante a ruta URL pero tamén dispoñemos dun cadriño que se o prememos nos permite buscar imaxes no noso ordenador e subilar á nosa carpeta de usuario ou a unha comú, segundo o administrador teña configurado o módulo IMCE.

    2- (Co módulo image_assist) Teremos que premer na opción Disable rich-text. Aparecerá unha icona  na ims0que premeremos. Abrirase unha ventá na que podereremos seleccionar a imaxe desexada . Prememos en insert e subirá ao noso texto en formato de código.

    A imaxe subirá por defecto como minuatura (100x100) se non se modifican as opcións.

    Agora para ver o texto sen código prememos en enable rich-text e veremos a fotografía incrustada no texto.

    Se quixeramos colocar a imaxe nun lugar determinado dentro do texto podemos empregar a icona da barra de ferramentas representada por unha árbore. Selecionamos a imaxe, prememos na icona e eliximos nas opcións. fimaxe

    O ideal e ter as imaxes subidas previamente empregando a opción de crear contido-imaxe.

    Se está habilitada a  scheduling options poderemos darlle data de inicio e caducidade ao noso documento.

    Finalmente prememos en enviar e o texto publicarase.

    OBSERVACIÓNS

    Cada perfil de usuario poderá crear os tipos de contidos que teña habilitados polo administrador na ruta administrar-control de acceso-permisos.

    Páxínas de libro, páxinas, artículos,temas de foro... poderán publicarse no menú para o que nos deron permiso na ruta administrar-control de acceso-category_permissions

    Distribuir contido


    by Dr. Radut