Skip to Content

Drupal 5.7

Definindo Drupal

 

Drupal é un Sistema de Xestión de Contidos (CMS: Content Management System) co que dun xeito sinxelo, cómodo e en liña se pode manter un espacio web dinámico.

Permite o traballo colaborativo de distintos roles de usuarios para que dun xeito uniforme creen, xestionen, publiquen e actualicen contidos.

Crear contidos e tan sinxelo como encher formularios que o usuario pode publicar en menús simplemente seleccionando as opcións de saída.

Usar Drupal non implica coñecemento de código, usar programas de ftp ou instalación de aplicacións web.

Os centros participantes no proxecto recibirán acceso á aplicación completamente instalada e configurada, cun menú orientativo que cada centro poderá adaptar as súas necesidades.

Dentro do proxecto optamos por facer menús mediante taxonomías e por determinados módulos que nos permiten un control fiable dos usuarios. Os centros participantes no proxecto poderán propoñer novos módulos para á aplicación pero so serán instalados cando estean sobradamente probados e sexan de interese xeral.

Aqueles centros que opten por traballar ou instalar módulos ao marxe do proxecto Drupal que presentamos non poderán ser asesorados nin actualizados dende servizos centrais xa que non somos quen de asumir as características individuais de cada centro educativo.

Enlaces externos:

Proxecto Web Dinámicas

Protocolo de solicitude do proxecto

OBXECTIVOS

  1. Favorecer a comunicación e colaboración entre os membros da comunidade educativa a través de plataformas web 2.0.
  2. Fomentar a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación no marco da Sociedade da Información.
  3. Permitir o achegamento real de contidos educativos dixitais ás aulas a través de tecnoloxías innovadoras.
  4. Universalizar a creación de contidos en contorno web e redución da fenda dixital.
  5. Contribuír á difusión do coñecemento libre nun marco altamente colaborativo e de licenzas abertas, en consonancia coas novas tendencias na Sociedade do Coñecemento.

Os Premios Siega (Contidos Educativos) foron o mellor impulso para promover a elaboración de recursos educativos e en especial para as Páxinas Web dos centros educativos.

Sen embargo, en canto as páxinas web, aínda que se logrou o obxectivo de que practicamente tódolos centros educativos se animasen a elaborar a súa páxina web, na súa maioría non foron froito dun traballo colectivo da comunidade educativa polo que foron quedando esquecidas e no mellor dos actualizadas por un profesor voluntarioso que non logra enganchar ao resto do profesorado ou alumnado.

Empregar linguaxes de programación, ferramentas máis ou menos complicados de edición de páxinas web, necesitar aloxalas convenientemente nun servidor, a mobilidade do profesorado.... suman un conxunto de inconvenientes e atrancos que fan que as páxinas deixen de actualizarse.

Buscando solucións os problemas sinalados e tratando de darlle sentido as páxinas web dos centros xorde o proxecto de aplicacións dinámicas para os centros educativos.

Un proxecto no que a información e os contidos cobran maior importancia, onde se ten en conta fundamentalmente o traballo colaborativo e o construtivismo.

PROXECTO DE APLICACIÓNS "WEBS DINÁMICAS":

Pretendemos ofertar aos centros educativos unhas aplicacións dinámicas en contorno web preinstaladas nos servidores da Consellería de Educación.

Como características comúns as ditas aplicacións sinalariamos:

  • Son código libre (software libre). PHP. Bases de datos MSQL
  • Desenvólvense contorno Web
  • Defínense roles e perfís de usuario
  • Transmisión de ficheiros por http
  • Non se precisan coñecementos de linguaxes html, php, jsp,...
  • Respectan as normas de seguridade dos servidores da Consellería
  • Asistencia nas actualizacións as novas versións
  • Existen múltiples posibilidades de estilos ou temas
  • Favorecen o traballo colaborativo
  • Permiten e fomentan a participación de toda a comunidade educativa
  • Eliminan as diferencias entre centros educativos de alta cualificación tecnolóxica con aqueles menos alfabetizados, xa que non se precisan grandes coñecementos a nivel usuario.

Drupal:

Xestor de información e contidos.

Ferramenta para a creación do portal web dos centros educativos.

Dun xeito moi sinxelo se elabora un menú de navegación, libros colaborativos, blog’s, chats, artigos con posibilidade de comentarios,...

Coppermine:

Aplicación para xerar galerías de imaxes e vídeos.

Os usuarios con permisos poden engadir galerías, textos, valoracións e comentarios aos albumes e as imaxes ou vídeos.

Moodle

Xestor de contidos e ferramenta de teleformación. Aula virtual do centro educativo.

Moodle é unha ferramenta imprescindible para a xestión dos contidos de apoio na ensinanza presencial. Con ela o profesorado pode elaborar as súas unidades didácticas e sesións presencias dun xeito rápido e sinxelo.

Permitirá ao alumnado asignado a cada unidade ou lección traballar na aula, na casa, nas bibliotecas sen a presencia obrigada do profesorado.

Os pais, nais e titores poderán ter acceso as leccións, traballos, e seguir a evolución das tarefas dende a presentación, elaboración e avaliación.

Pretendemos polo tanto, que Moodle sexa máis unha ferramenta de apoio para a xestión de contidos na ensinanza presencial que unha ferramenta de ensinanza a distancia.

Evidentemente vai a ser unha ferramenta moi apropiada para a formación continua do profesorado do propio centro educativo ou para abrir a formación a comunidade educativa do propio centro.

O aspecto da web

Os temas son os que van a determinar básicamente os aspecto da nosa web.

A cor, o encabezado, a forma dos bloques, o tipo de letra virá determinado polo tema elexido.

Nos temas nos poderemos incluir un encabezado ou logo personalizado.

Tamén podemos intervir na situación dos bloques e por suposto na configuración dos menús.

Nas actualizacións os temas non valen dunhas versións para outras. Así os da 4.xx non funcionan na 5.xx. Esto provoca que algúns espazos webs non poidan conservar o aspecto cando se actualiza a novas versións.

Temas incorporados na versión 5.1:

Andreas01-2Col-a, Andreas01-2Col-b, Andreas01-3Col, B7, B7 Brown, B7 Green, Pleroma, Amadou, andreas01, andreas09, aquasoft, barrón, barróness, bluebreeze, bluebreeze-fixed, bluemarine, box_cleanslate, box_grey, chameleon, channel_nine, garland, golden_hour, interlaced, marvin, minnelli, newsportal, pushbutton, slash, slash_black, slash_blue, slash_green, slash_laran, slash_special

Para elixir un tema teremos que seguir a ruta:

administrar-contrucción da páxina-Plantillas (temas)

Agora podemos seleccionr os temas e que a nosa web teña ese por defecto.

É importante tamén ir a opción configurar e sobre todo determinar a opcións globais xa que aquí poderemos Activa o desactiva o texto "enviado por Usuario en data" cando se amosan os envíos do tipo seguinte.

Deste xeito os envios poderán levar ou non a data e o nome de quen os creou

Tamén aquí se cargará o logo personalizado para cada tema.

Distribuir contido


by Dr. Radut