Skip to Content

Drupal 5.7

Inserir contidos ARDORA ou LIM

 

CÓDIGO PARA EMBEBER UNHA ACTIVIDADE LIM OU ARDORA:

<div align="center"><iframe src="http://centros.edu.xunta.es/webcentro/recurso/actividade.html" frameborder="0" height="500" width="500" scrolling="auto"></iframe></div>.

1 - Actividade ARDORA

Ardora xenera dous arquivos. Un é un .html e o outro e un .jar.
Métoos nunha carpeta (recurso) e subo dita carpeta ao noso espazo web.

Logo creo un contido tipo páxina, e introduzo o código html (mediante código no botón html do procesador) tendo en conta a dirección de enlace da actividade (actividade.html).

2 - Actividade LIM

LIM xenera un arquivo .html, un arquivo .swf e ademáis teño que incorporar o arquivo lim.swf que incorpora o propio LIM para que funcione o recurso a máis dos arquivos de imaxe, son... necesarios para a actividade. Todos eles deberían estar nunha carpeta (actividade).

Subiría dita carpeta con todos os arquivos ao espazo web.

Logo creo un contido tipo páxina, e introduzo o código html (mediante código no botón html do procesador) tendo en conta a dirección de enlace da actividade (actividade.html).

3 - Hot Potatoes

Hot Potatoes tamén nos proporciona unha páxina HTML. Teremos que ter subida a actividade ou actividades a unha carpeta dentro do noso espazo Web. Estes ficheiros deberán situarse dentro do directorio '/srv/hosting/home/websdinamicas/drupal/files'. Unha vez que teñamos a URL do arquivo que queremos embeber, só será aplicar o código arriba indicado.

Drupal 6.0 e copias de seguridade

Un par de dúbidas: Nun dos recentes comentarios do webmaster, informábase de que en xuño se faría unha actualización a Drupal 5.7, pero vexo que xa está dispoñible a versión 6.0 con importantes melloras, non poderíamos pasar xa a 6.0? Por outra parte, temos forma de facer unha copia de seguridade dos nosos espazos web?, ou a Consellería xa o está facendo periódicamente pola súa conta?

Video STREAMING en Drupal (I)

Primeiro deberemos ter en conta o tamaño dos videos tendo en conta o peso (máis de 15 MB non é aconsellable), o tempo (+- 5 min) e a ventana (320x240).

Unha ventana maior implicará aumentar o peso e polo tanto disminuir o tempo.

Queremos servir o video case en tempo real e usaremos un formato FLV.

Podemos dispor dun programa gratuíto, SUPER, que nos permitirá transformar practicamente calquera formato de video a FLV.

Agora baixarei o arquivo adxunto e descomprímoo, obtendo unha carpeta chamada videon con 5 arquivos. Nesa carpeta terei que meter o arquivo video.flv creado.

Leo o arquivo AXUDA:

1-Crea (renomea) unha carpeta chamada video1 ou video2 ou video3 ou...videon

2-Dentro desa carpeta teño que ter 5 arquivos:
index.html, portada.jpg, titulo.txt, video_new.swf e video.flv

3-Edito o arquivo titulo.txt
Teño coidado de so modificar os textos "Escribo o título", "Escribo o subtítulo" e "Escribo a data".

&titulo=, &subtitulo= e &datavideo= son variables que non debo tocar.

4-Podo editar e personalizar a imaxe portada.jpeg sempre que respete as medidas

5-Comprimo a carpeta e súboa a carpeta files de drupal.

6-A ruta do video vai a ser:
http://centros.edu.xunta.es/webdocentro/files/videon/index.html

7-A etiqueta IFRAME para Drupal vai a ser :
<div align="center"><iframe src="http://centros.edu.xunta.es/webdocentro/files/videon/index.html" frameborder="0" height="400" width="400" scrolling="auto"></iframe></div>

8-Introduzo a etiqueta IFRAME no código dunha páxina de DRUPAL

PODEMOS VER UN EXEMPLO:

Video STREAMING en Drupal (II)

Vamos facelo sen necesidade de instalar ningún módulo adiccional de video en Drupal.

O primeiro que teremos que ter en conta cando desexemos publicar un video na web, é o tamaño do arquivo.
Videos de máis de 5 min ou 15 MB non son apropiados.

En segundo lugar o formato. O máis apropiado será poder servir un video en streaming, polo que traballaremos con video FLV e un player.swf que o sirva para a web.

Procedemento:

1-SUPER é un programa gratuíto que nos pasará prácticamente calquera formato de video a FLV con son mp3. Exportaremolo para unha xanela de 320x240. Ten múltiples opcións.

2-AnyFlvPlayer é outra aplicación gratuíta que nos reproducirá o video antes creado en contorno local, pero que nos exportará xunto co video, para unha carpeta, os arquivos necesarios para servir o video en streaming video.FLV, video.html, player.swf)

3-Etiqueta IFRAME para embeber o vídeo no contido ou páxina de Drupal. O código desta etiqueta é o segunte:

<div align="center"><iframe src="http://rutadovideo/video.htm" frameborder="0" height="400" width="400" scrolling="auto"></iframe></div>

O código da etiqueta haberá que pegalo no nodo ou páxina correspondente, indicar a ruta do arquivo video.html que nos xenerou a aplicación AnyFlvPlayer. O alto e ancho tamén variará segundo o tamaño da ventana do video.

 

Lanzar CRON

Que é o CRON?

O Cron é unha ferramenta que reindexa a páxina, é dicir, ordena os contidos e recoñeceos de xeito que se logo empregamos o buscador para atopalos, aparecerán.

Esto quere dicir, que se publicamos un contido e logo o queremos buscar po algunha das súas palabra incluídas no texto, so aparecerá de despios de publicalo lanzamos o CRON

Non afecta pois á publicación pero si a unha actividade de busca.

 

FORO

Animamos a todos os centros adscritos ao proxecto a empregar os foros para as súas consultas e suxerencias.

Con elo estaremos axudando a crear un espazo colaborativo do que todos sacaremos proveito, xa que as preguntas son comúns e as respostas semellantes.

Non esquezades de empregar o buscador para atopar un tema que xa pode estar presenta no espazo web:

Imaxes nos bloques

No bloque Ligazóns deste portal, empregamos imaxes con ligazóns para lanzar determindas paxinas.

Unha maneira sinxela de incluir imaxes nun bloque pode ser a seguinte, utilizando un código moi simple:

1-Primeiro deberiamos subir unha imaxe, cun tamaño adecuado, para incluir no bloque.

Para subir a imaxe, podemos facelo de distintas maneiras, pero posiblemente a máis sinxela sexa, crear un contido páxina e incluir unha imaxe no corpo premendo na icona da árbore.

Cando prememos na icona da árbore podemos atopar xa a imaxe subida ou terémola que subir. Unha vez arriba, se prememos co botón dereito sobre ela, veremos a súa URL. Copiámola.

2-Na ruta Administrar>Contrucción da páxina>Bloques engadimos un bloque, poñemoslle nome e configurámolo.

No corpo incluímos un codigo no que indicamos a dirección da imaxe e a dirección da ligazón.

Na imaxe, marcado en azul podemos ver a URL da imaxe, que termos que sustituir pola que corresponda. Antes, entre comiñas vemos a URL da ligazón, que tamén deberiamos modificar.

CÓDIGO
<a href="http://moodle.org/course/view.php?id=11" target="_blank"> <img border="0" src="/formaciondrupal/files/moodle.gif" width="91" height="26"></a>

En bermelo a URL da ligazón, en blanco a URL da imaxe.

Coidadiño cos tamaños xa que podemos desfigurar a imaxe. 

Automatic logout - A sesión caduca automaticamente

Na ruta Administrar>Construcción da páxina>Automatic logout podemos configurar este módulo, moi importante, xa que moitos usuarios da aplicación saen da páxina sen cerrar a sesión.

Cerrar a sesión, significa perchar a páxina na opción Sair.

Cando non o facemos así, deixamos a sesión aberta no PC para o seguinte usuario, de xeito que se un novo usuario do mesmo PC escribe a dirección da páxina, entrará na aplicación aberta na sesión do usuario anterior que non a cerrou. 

WARNING, user with ID = 1 (initial admin user) is never auto-logged out

Este módulo funciona con todos os usuario, menos co usuario admin, primeiro usuario que se creou na aplicación. 

O módulo Automatic logout, o que fai é que aqueles usuarios que teñen a páxina aberta sen traballar máis tempo dunha cantidade .de segundos indicada no recadro Timeout value in seconds.

Enforce: O rol correspondente, ten forzosamente activo o módulo
Exclude: O rol correspondente non ten o módulo activo
By user: cada usuario pode indicar se desexa ou non activar o módulo

 

 

 

 

Creación dunha nova categoría

Cando creamos unha nova categoría, cos seus termos correspondentes, resulta que no Taxonomy Access: Permissions asígnanse permisos por defecto no rol de usuario autenticado (authenticated user).

Como todos os roles creados tamén son por defecto usuarios autenticados, ó crear a nova categoría automaticamente todos os roles collen permiso de lectura de creación e de vista por seren tamén usuarios autenticados.

Por isto, se queremos crear unha nova categoría destinada só a uns roles específicos, deberemos en primeiro lugar quitarlle os permisos ó usuario autenticado desde Taxonomy Access, e despois darlle os permisos adecuados ó rol que desexemos.

 


Engadir un contador de visitas en Drupal

Se queremos incluir un contador de visitas , chega con incluir nun bloque ou menú o código

<img src="/cgi-bin/Count.cgi?df=xxxxxxxx.dat">

onde xxxxxxxx é o nome de usuario co que se accede á aplicación net2ftp.

Na ruta Administrar > Construción da páxina > Bloques engado un bloque ao que podo chamar Contador de visitas.

Configuro o bloque e no "Corpo do bloque" engado o código indicado anteriormente.

Finalmente publico o Bloque na cabeceira, pé, lateral dereito ou lateral esquerdo.

Podedes atopar máis información en: http://centros.edu.xunta.es/portal/aloxamentoweb/index.html

Distribuir contido


by Dr. Radut