Skip to Content

Ver páxina sen bloques de navegación

É posible, dentro do sitio web, crear unha páxina na que non aparezan os bloques de navegación?

Sen bloques de navegación

Pois sí é posible, pero non entendo a razón.

Un dos apartados do menú de Drupal fala de como acochar bloques.

Na configuración dos bloques existe unha opción que dí:

Mostrar en todas as páxinas agás nas listadas.

Habería que optar por dita opción, e no recadro poñer a páxina (nodo) na que no queremos que se vexan todos ou determinados bloques.

ex: node/124 . É unha páxina ou contido. Se non quero ver bloques nela, teño que engadir "node/124" no recadro de configuración do bloque.

De calquera xeito os experimentos con gaseosa xa que podedes perder a navegación e logo resultaría dificil recuperala.

 

Sen bloques de navegación

A razón é que algún departamento quere dispoñer de máis sitio (máis pantalla) para a súa páxina. Podería facer que esa páxina abrise noutra ventá?. Entendo que así non habería problemas de navegación. Moitas grazas


forum | by Dr. Radut