Skip to Content

Arranxado: Comentarios entre centros nos foros

A finais do curso pasado detectamos a cola de moderación activada para os comentarios que os centros facían a contidos publicados por outros centros.

Aínda que isto non impedía a publicación de novos temas, si facía imposible a colaboración entre centros, factor importante no proxecto.

Como é normal, isto causou certa extrañeza en algúns compañeiros, xa que non entra na liña de traballo colaborativo que dende o proxecto queremos impulsar.

Por todo isto, comunicámosvos que o problema quedou arranxado e que os comentarios que no portal fagades publicaranse automáticamente, favorecendo o dinamismo do propio portal.

Animámovos tamén a que participedes no foro "Comparte a túa experiencia".

Para unha mellor fluidez do coñecemento libre na rede recomendamos Licenzas Creative Commons

Proxecto Webs Dinámicas
21 de Setembro de 2009



page | by Dr. Radut