Skip to Content

Copiar texto de Word e OpenOffice

Cando queiramos copiar texto dun procesador  externo tipo Word ou OpenOffice deberiamos eliminar o formato de xeito que se limpe todo o código.

Evidentemente perderemos os tipos de letra e a maquetación pero pegalos directamente seguramente vai dar problemas na edición do contido na web.

En Word eso faise seleccionando o contido, ir a Formato-Estilos e formato e premer na opción de Borrar formato.

En OpenOffice farase no menú Formato-Estilos e formatado. Co texto previamente sinalado seleccionamos a opción Corpo de texto.

FrontPage xenera un código especialmente atravesado.

Por hixiene deberiamos limpar todo texto de código antes de pegalo en Drupal, ganaremos tempo e evitaremos problemas.

Texto sen formato

Outra solución para sacar o formato é copiar o texto dende Word e pegar no bloc de notas e logo copialo dende o bloc de notas e pegar no Drupal.


forum | by Dr. Radut