Skip to Content

Actualización e mellora do Proxecto Webs Dinámicas

Dende o Proxecto Websdinámicas estamos a traballar nunha actualización das aplicacións que se ofrecen ós centros. Estas suporán melloras técnicas significativas reducindo dun xeito moi considerable a solución de problemas así como o tempo de resposta e as novas melloras que se poidan incorporar.

Por este motivo debemos facer unha pequena parada técnica no proceso de instalación das aplicacións dos novos centros, xa que o tempo é limitado e faise necesaria a priorización de obxectivos.

Tal e como indica o protocolo “¿Como solicitar?”, os centros educativos poden continuar facendo as súas solicitudes de participación e serán incluídos na lista de centros pendentes que podedes consultar nesta páxina.

Entendemos dende o Proxecto Webs Dinámicas as molestias que esta espera pode causar, pero a mellora estructural do mesmo así o require. Confiamos en poder instalar os centros pendentes o antes posible e continuamos traballando en favor dunha introducción integral das TIC na educación galega.

 

Atentamente, Proxecto Webs Dinámicas
Santiago de Compostela, 28 de Setembro de 2009


page | by Dr. Radut