Novas da Xunta
Convocatoria dos Premios Innovagal 2024 para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 2 de abril de 2024 pola que se convocan os premios educativos Innovagal para os centros educativos públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2024.
As categorías nas que poden participar os centros son as seguintes:
Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.
Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas.
A presentación das candidaturas realizarase mediante Sede Electrónica e irán dirixidas ao Servizo de Innovación e Programas Educativos da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. O período de presentación estará aberto dende o día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo ata o mércores, 31 de xullo de 2024.
File:
Resolución do 2 de abril de 2024 Anexo I. Liñas temáticas Anexo II. Solicitude Anexo III. Modelo de memoria descritiva Anexo IV. Autorización para o uso de imaxe de menores Anexo V. Folla de autobaremación Anexo VI. BaremoTema:
Programas e plans Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínPrograma de Inmersión Lingüística . Convocatoria MEFPD 2024/2025
Publicado o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan axudas destinadas a alumnado de sexto curso de Educación Primaria e segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun Programa de Inmersión Lingüística en lingua inglesa en España durante o curso 2024/2025.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril, incluído.
Tema:
Programas e plans Inmersión lingüísticaEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos Entidades nacionaisColectivo:
AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletín Linguas estranxeirasBIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS - Convocatoria da concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e da selección de experiencias de Voluntariado de Primaria
Publícase a Resolución do 2 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, destinadas a centros públicos de nivel non universitario e de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no curso 2023/24.
Concederanse 5 Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" 2023/2024 e seleccionaranse 10 experiencias dos centros adheridos "Voluntariado de Primaria".
O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).
- O prazo de presentación é de 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación no Portal Educativo.
File:
Resolución do 2 de abril de 2024Tema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínRomán Rodríguez anima ao equipo galego a demostrar todo o potencial da nosa FP no campionato Spainskills
Summary:
O conselleiro de Educación en funcións recibe aos 38 mozos de 23 centros educativos que representan a nosa Comunidade nas olimpíadas nacionais destas ensinanzas
O certame desenvólvese en Madrid entre do 9 ao 13 de abril
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, recibiu hoxe ao equipo que vai representar a Galicia no certame Spainskills 2024. “Agardo que demostredes neste campionato todo o potencial que ten a nosa FP”, animounos, lembrando que os resultados da delegación galega en citas de anos anteriores foron “moi satisfactorios e un orgullo para o noso sistema educativo”.
Son aproximadamente 100 as persoas, entre alumnos e docentes, que conforman o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolverán no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, do 9 ao 13 de abril.
En total haberá 38 alumnos de 23 centros competindo xa que en catro modalidades se participa por parellas (Xardinería paisaxística, Mecatrónica, Sistemas robóticos integrados e Robótica Colaborativa).
Galicia participa en 34 modalidades de skills, das cales 29 son competicións oficiais, e polo tanto clasificables para os campionatos internacionais, e cinco son en formato demostración. No caso das skills oficiais, a relación de centros galegos participantes por cada unha delas son:
Modalidade de competición
Concello
Centro educativo
Animación 3D e xogos
A Coruña
CIFP Imaxe e Son
Atención socio sanitaria
Cee
IES Agra de Raíces
Carpintería
Ortigueira
IES de Ortigueira
CNC fresado
Vigo
IES Politécnico de Vigo
Cociña
Pontevedra
CIFP Carlos Oroza
Control industrial
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Desenvolvemento web
Santiago de Compostela
IES San Clemente
Deseño mecánico CAD
Ferrol
CIFP Ferrolterra
Ebanistería
Melide
IES de Melide
Electrónica
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Escaparatismo
A Coruña
IES Ramón Menéndez Pidal
Estética
A Coruña
CIFP Someso
Floraría
Ponteareas
CIFP A Granxa
Fontanaría e calefacción
Culleredo
CIFP Universidade Laboral
Instalacións eléctricas
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Xardinaría paisajística
Pontevedra
CIFP Montecelo
Mecatrónica
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Panadaría
A Coruña
CIFP Paseo das Pontes
Peiteado
Vigo
IES de Teis
Pintura do automóbil
A Coruña
CIFP Someso
Recepción hoteleira
Vigo
CIFP Manuel Antonio
Refrixeración e aire acondicionado
Lugo
CIFP As Mercedes
Reparación de carrozaría
Ponteceso
IES Eduardo Pondal
Servizo de restaurante e bar
A Coruña
CIFP Paseo das Pontes
Sistemas robóticos integrados
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Soldadura
Vila de Cruces
IES Marco do Camballón
Tecnoloxía da moda
A Coruña
CIFP Paseo das Pontes
Tecnoloxía do automóbil
Betanzos
IES As Mariñas
TIC administración de sistemas en rede
Vigo
IES de Teis
Ademais, haberá representación galega nas seguintes demostracións:
Modalidade de demostración
Concello
Centro educativo
Cloud Computing
A Coruña
IES Fernando Wirtz Suárez
Enerxías Renovables
Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Farmacia e parafarmacia
Pontevedra
CIFP Montecelo
Robótica Colaborativa
Vigo
IES Politécnico de Vigo
Tecnoloxía de vehículos pesados
Lugo
CIFP As Mercedes
Os estudantes gañadores da medalla de ouro en Spainskills 2024 formará parte da delegación española que participará nos próximos campionatos internacionais de FP. Galicia participa activamente desde o ano 2007 nas distintas edicións das Competicións Nacionais de Formación Profesional, Spainskills, e tamén nas edicións internacionais Worldskills e Euroskills. Ademais, desde o ano 2012 organízase o campionato autonómico, Galiciaskills.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesRomán Rodríguez convida a celebrar a fonda tradición e legado dos estudos de Historia da Universidade de Santiago
Summary:
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións participa na presentación do libro ‘Razón de historia’ dirixido polo catedrático Ramón Villares
A obra, encadrada no centenario destes estudos, afonda na evolución da Facultade de Xeografía e Historia da USC a través de estudos, biografías e testemuñas
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación do libro Razón de historia, un volume dirixido polo catedrático Ramón Villares que se encadra na celebración dos 100 anos cumpridos por estes estudos no curso pasado.
Na súa intervención, o representante do Goberno galego convidou a celebrar a “fonda tradición e legado” destes estudos aos que se referiu como unha “clave para entender a Galicia contemporánea”. “Os que pasamos por esta facultade, no meu caso tanto como estudante como profesor, temos a sorte de formar parte dunha gran comunidade educativa e profesional xunto con algúns dos nomes máis brillantes da historiografía española e europea e os miles de mozos e mozas que hoxe continúan adquirindo coñecemento”, sinalou Román Rodríguez antes de referirse a persoeiros como Antonio Eiras Roel, Xosé Ramón Barreiro ou Ramón Otero Pedrayo.
Neste senso, gabou o traballo feito pola Universidade de Santiago de Compostela ao longo dos anos “e a súa capacidade para avanzar de xeito parello ao curso da sociedade e adaptar o ensino da historia para ofrecer un maior entendemento da realidade pasada, presente e futura”. “O historiador é unha figura transversal que abrangue coñecementos de moitos eidos, pero que ten un obxectivo concreto: ampliar a visión da poboación e por iso é importante que os estudos ofrezan unha formación o máis ampla posible, como se fai en Santiago”, puntualizou.
O volume presentado hoxe en Santiago nun acto no que tamén estivo o reitor da USC, Antonio López, está feito baixo a dirección do catedrático Ramón Villares e afonda na evolución da Facultade de Xeografía e Historia a través de estudos, biografías e testemuños directos, ofrecendo unha obra coral e ilustrada que proporciona unha estampa rigorosa e de calidade dun centro universitario senlleiro que, durante décadas, foi a única licenciatura ofrecida na USC no eido das Humanidades.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
A Xunta esixe ao Ministerio de Universidades diálogo e negociación coas comunidades e que aclare como vai reducir a temporalidade docente sen orzamentos
Summary:
O Goberno central non explica como asumirá este ano o pago das prazas anunciadas sen acordo previo dado que non ten previsión de aprobar Orzamentos en 2024
O conselleiro Román Rodríguez lamenta este xeito de facer política, resumido no “yo invito y tú pagas”, e reprocha a “falta de respecto á arquitectura institucional”
Idioma GallegoA Xunta de Galicia participou hoxe na Conferencia General de Política Universitaria en Madrid, onde se abordou a redución da temporalidade do profesorado universitario. No transcurso do encontro, ao que asistiu o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, 11 das 17 comunidades autónomas esixiron ao Ministerio de Universidades que aclare como vai executar o seu plan, despois de que Moncloa esixise adherirse in situ pese a non estar na orde do día.
Neste sentido, Galicia, ao igual que a inmensa maioría das comunidades, explicou que non é posible sumarse a un acordo cuxo contido e financiamento específico se descoñece e que non foi negociado previamente cos gobernos autonómicos a pesar de que se pretende que parte do financiamento recaia neles. Cómpre lembrar que o Goberno do Estado deixou sen efecto o grupo de traballo coas autonomías, que eles mesmos constituirán para abordar este asunto, anunciando un plan sen acordo previo.
Na Conferencia General de hoxe non houbo lugar a negociación, dado que o Ministerio indicou que as administracións autonómicas deberían adherirse ao acordo e pagar un terzo das prazas desde o curso 2024/25 ao 2027/28. Iso malia que o Ministerio non foi quen de aclarar como vai asumir o pago completo das prazas este ano, tendo en conta que o Goberno central non vai ser quen de aprobar Orzamentos para o 2024.
Posición vantaxosa de Galicia
A este respecto, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, lamentou en declaracións aos medios de comunicación que o Ministerio de Universidades afonde na política do “yo invito y tú pagas”, con accións “sen orzamento que as sustente”, o que representa “unha falta de respecto á arquitectura institucional do Estado español”. “É necesario que se acheguen fondos específicos ás comunidades autónomas, que somos as que financiamos practicamente o 100% dos sistemas universitarios autonómicos”, explicou o representante da Xunta de Galicia.
En todo caso, explicou que Galicia parte dunha situación vantaxosa: “Afortunadamente levamos tempo con plans de financiación plurianuais que están posibilitando que as universidades teñan os máximos orzamentos da súa historia”. En concreto, este ano a achega da Consellería de Educación ás universidades supera por primeira vez os 500M€. Nesta mesma liña, lembrou que na nosa Comunidade “se fixeron ben as cousas tamén en relación ás plantillas universitarias, polo que o impacto da medida será menor”.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a adxudicación do servizo de transporte escolar da Xunta
Summary:
Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou “conforme a dereito” e descarta que un único adxudicatario superara o máximo de adxudicacións previstas nos pregos de contratación
O fallo da sala, tendo en conta as alegacións e proba achegadas pola Administración, rectifica o criterio das sentenzas anteriores do mesmo tribunal emitidas en sentido contrario
Idioma GallegoO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de avalar o proceso de adxudicación de transporte escolar realizado pola Xunta de Galicia, por realizarse conforme á legalidade e aos pregos de contratación aprobados. Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou “conforme a dereito” e descarta que se producira unha concentración de adxudicacións nunha única empresa adxudicataria que superase o máximo de oito previsto nos pregos, contradicindo neste sentido a tese que se mantiña no recurso dos demandantes.
A resolución atinxe á adxudicación do lote nº 50, e nela o TSXG finalmente conclúe que non se incumpriu o requisito do número máximo de oito adxudicacións previsto nos pregos. Así o estimou o Tribunal logo de analizar a proba achegada pola administración e as alegacións realizadas polos servizos xurídicos da Xunta, que advertían de que nas súas sentencias anteriores o tribunal non tiña aplicado a regra do prego de contratación que determinaba que no número máximo de adxudicacións non debían computarse aquelas relativas a lotes nos que se presentase un único licitador.
Así pois, este último fallo rectifica o criterio que o mesmo TSXG mantiña nas súas anteriores sentenzas, o que conduce ao “rexeitamento total” das pretensións do demandante. Contra as aludidas sentenzas (correspondentes aos lotes 40, 45, 51, 54, 55 e 57) ), a Xunta de Galicia presentou recurso de casación que se encontra pendente ante o Tribunal Supremo. Do mesmo xeito será presentado estes días recurso de casación contra a correspondente ao lote 46.
A Xunta de Galicia considera moi positivo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declare finalmente nesta sentenza a conformidade a dereito do proceso de contratación do servizo de transporte escolar, e insiste en que se fixo desde a máis absoluta rigorosidade e transparencia e de acordo coa normativa vixente. Non en balde, en todas as sentenzas emitidas, o Tribunal indica de forma expresa que non existen indicios fundados de prácticas colusorias (alteración do principio de competencia) no procedemento, aos que agora se suma a validación no que atinxe ao número máximo de adxudicacións por concesionaria.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Corrección de erros da Resolución provisional de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de EP e de ESO durante o curso 2023/24
Achégase corrección de erros da resolución provisional de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.
Anuncio principal:
Convocada a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2023/24Tema:
Lingua estranxeiraEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
CentrosSección:
Boletín Linguas estranxeirasA XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas premiará a investigación escolar arredor do patrimonio lingüístico e cultural galego
Summary:
Organizado polo Museo do Pobo Galego co apoio da Xunta, busca achegar aos escolares á lingua, á etnografía, á antropoloxía, á xeografía, á historia e á arte galegas
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta convocatoria dirixida aos centros de Primaria e Secundaria
Idioma GallegoA Xunta de Galicia e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas convocan a XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, destinado a poñer en valor o patrimonio lingüístico e cultural galegos desde o ensino. Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a presidenta da dita Fundación, Concha Losada, que animaron o profesorado e a rapazada a participar nesta iniciativa “que pon en valor e visibiliza o patrimonio material e inmaterial galegos así como a lingua propia de Galicia, que se abordará a través da toponimia, a antroponimia ou a fraseoloxía”.
O proxecto inclúe dúas modalidades de participación (ensino primario e secundario) dotadas con cadanseus 7.000 euros destinados a materializar os proxectos gañadores durante o vindeiro curso escolar 2024-25 en colaboración co Museo do Pobo Galego.
Poderán participar, ata o vindeiro 1 de xuño, os centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades que impartan ensinanzas de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP ou Educación Especial.
O ámbito temático dos proxectos abranguerá un ou varios destes campos: etnografía, antropoloxía, xeografía, historia ou arte da contorna inmediata do centro e un capítulo, ou a liña do traballo, dedicarase a abordar algún aspecto lingüístico relacionado co tema proposto. Ademais, valoraranse as accións que fomenten a educación en igualdade e o coñecemento do patrimonio material e inmaterial relacionado cos Camiños de Santiago.
As bases completas poden consultarse no Portal da Lingua Galega.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesRomán Rodríguez anuncia que a Xunta prepara un proxecto para a rehabilitación integral do instituto Alfredo Brañas de Carballo
Summary:
O conselleiro de Educación en funcións inaugura o novo salón de actos deste centro, que conta cun investimento de case 270.000€ do seu departamento
A Consellería ten encargado o proxecto para a remodelación do centro, unha obra cun investimento estimado de 1,5M€ que podería licitarse a partir de 2025
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, anunciou hoxe que a Xunta está a preparar un proxecto para a rehabilitación integral do Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo. Nunha visita para inaugurar o novo salón de actos, o representante da Xunta explicou que o seu departamento ten xa encargado o proxecto para remodelación do centro, unha obra cun investimento estimado de 1,5M€ que podería licitarse a partir de 2025.
No referido ao novo salón de actos, que contou cun investimento de case 270.000€, Román Rodríguez explicou que con esta actuación se dá resposta a unha demanda do centro. “Grazas a esta reforma, o instituto conta agora cun espazo dotado de todo o necesario para que a comunidade educativa poida celebrar aquí diversos actos e reunións, dos que hoxe imos ver un pequeno adianto”, destacou Román Rodríguez.
Non en balde, varios alumnos do centro interviñeron no acto varios estudantes, que ofreceron actuacións musicais. Ademais, o director do Hospital Materno Infantil da Coruña, Alejandro Ávila, os actores Rober Bodegas e María Tasende e o catedrático de Física da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira enviaron vídeos falando do seu paso polo instituto, do que foron alumnos no seu momento
A intervención incluíu a substitución do falso teito, mellora da acústica, acabados e instalacións básicas, cambio de pavimento, instalación de paneis de madeira pintados e renovación da instalación eléctrica. Ademais, mellorouse a accesibilidade do espazo, mudáronse as butacas e redeseñouse o palco superior.
Investimento de 1,7 M€O conselleiro en funcións lembrou que a Xunta investiu nos centros educativos de Carballo un total de 1,7M€ desde 2009. “Ademais, neste momento temos en marcha a instalación dunha caldeira de biomasa no Instituto IES Monte Neme, cun investimento de máis de 400.000€, que está en adxudicación”, indicou.
Estas actuacións enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para renovar os 1.600 edificios que forman os máis de 1.000 centros educativos galegos e adaptalos ás necesidades do ensino do século XXI, ao tempo que se mellora a súa eficiencia enerxética e o confort da comunidade escolar.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta inicia os trámites para implantar un ciclo de espeleoloxía no IES San Rosendo de Mondoñedo en colaboración coa federación galega desta disciplina
Summary:
A intención é poñelo en marcha, na modalidade dual, o curso que vén aproveitando as instalacións da Federación e do Concello de Mondoñedo
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, e o presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Gonzalo Villarmea, reuníronse para abordar a posta en marcha dun ciclo nesta materia. Tal e como explica o representante do Goberno galego, neste momento existe o título de técnico deportivo en Espeleoloxía, sen implantación en Galicia.
O departamento educativo da Xunta de Galicia está a iniciar os trámites para intentar poñer en marcha este ciclo no curso 2024/25. Faríase na modalidade dual en colaboración coa Federación Galega de Espeleoloxía, aproveitando tanto as instalacións desta entidade, con sede en Mondoñedo, como as do Concello mindoniense.
“Estamos comezando xa a traballar nestes trámites e nos da elaboración do currículo galego destas ensinanzas deportivas”, afirma Román Rodríguez. No encontro participaron tamén a directora xeral de FP, Eugenia Pérez; o director do Instituto IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, José Carlos García Barro; o concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías de Mondoñedo, Alberto García Fernández, e a vicepresidenta da Federación Galega de Espeleoloxía, Noa Loira.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesConvocatoria de axudas de mobilidade complementarias Erasmus+ para as ensinanzas artísticas superiores, curso 2023/24
Xúntase a Orde do 11 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2023/24 (código de procedemento ED322A).
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
File:
Orde do 11 de marzo de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 11 de marzo de 2024 (DOG)Tema:
Bolsas Programas e plans ErasmusEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletínResolución provisional de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria curso 2023/24
Achégase a resolución provisional de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.
Anuncio principal:
Convocada a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2023/24Tema:
Lingua estranxeiraEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
CentrosSección:
Boletín Linguas estranxeirasO segundo Ciclo de Cultura Científica da Xunta arranca desmontando mitos sobre o uso da tecnoloxía nas aulas
Summary:
A primeira das sesións, ‘Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?’, desenvólvese o vindeiro xoves 4 da man de Héctor Ruiz Martín
Aborda prexuízos sobre unha posible incidencia negativa das pantallas na saúde dos nenos ou no seu razoamento, entre outros
Idioma GallegoA segunda edición do Ciclo de Cultura Científica da Xunta arranca o vindeiro xoves 4 de abril desmontando mitos sobre o uso das tecnoloxías nas aulas e por parte dos máis novos. O investigador e director da International Science Teaching Foundation, Héctor Ruiz Martín, será o responsable de afondar nestas cuestións na conferencia Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?.
Baseándose na súa ampla traxectoria investigadora sobre a aprendizaxe e o ensino, Ruiz Martín abordará algúns dos prexuízos máis consolidados, como a diminución da atención da mocidade como consecuencia do uso da tecnoloxía dixital ou o risco que as pantallas na escola poden supoñer para a saúde dos nenos, no seu razoamento e forma de aprender. Tamén a falsa crenza de que a tecnoloxía redunda nun menor uso da memoria e, polo tanto, na súa mingua.
Segundo o experto, autor de libros como Aprendendo a aprender, Como aprendemos? Unha aproximación científica á aprendizaxe e o ensino, ou Edumitos, estes mitos derivan de sesgos cognitivos e razoamentos mediante pensamentos falaces. No relatorio afondarase na orixe destas crenzas, por que e como nacen e que di a investigación ao respecto.
A conferencia é a primeira do ciclo que, baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, ofrece ata o mes de xuño a visión de expertos sobre a Intelixencia Artificial ou a relación da tecnoloxía coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía, entre outros. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria, documentada e baseada en investigacións.
Didáctica baseada na cienciaHéctor Ruiz Martín é director da International Science Teaching Foundation, onde investiga a memoria e a aprendizaxe en ámbitos educativos desde a neurociencia e a psicoloxía cognitiva. O seu obxectivo é desenvolver recursos didácticos, para desenvolver recursos didácticos baseados en la evidencia científica.
Neste sentido, é director da colección Educación baseada en evidencias, e nas últimas dúas décadas ten impulsado numerosos proxectos en prol da mellora do ensino, proporcionando ferramentas e metodoloxías a docentes e alumnos sobre o modo de aprender das persoas.
A súa traxectoria como divulgador científico é moi extensa, tanto como autor dos devanditos libros, como na dirección das revistas de divulgación Omnis cellula e Eureka, e como colaborador frecuente en prensa, radio e televisión.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA rede de aulas de capacitación dixital da Xunta suma 16 centros e chega a 71 en toda Galicia
Summary:
Estes espazos permiten á cidadanía formarse en competencias dixitais para o aceso a servizos como a banca, a relación coas administracións ou o consumo telemático
En 2023 formáronse máis de 2.400 persoas nestas aulas e está previsto formar outras 2.792 en 2024
Idioma GallegoA Xunta de Galicia incorpora 16 novos centros á Rede de Capacitación Dixital, de tal forma que son xa 71 os centros que imparten ensinanzas para persoas adultas de educación secundaria, bacharelato ou FP, que dispoñen destas aulas. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina un total 1.230.875€ para o conxunto destes espazos.
Esta actuación pon ao servizo da cidadanía as infraestruturas e dotacións dos centros educativos para formarse nas competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática.
As actividades van dirixidas, preferentemente, ás persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero, á poboación vulnerable e ás zonas rurais, de acordo co establecido na Estratexia Edudixital 2030, que ten como eixo segundo a mellora das competencias dixitais da cidadanía no ámbito das súas competencias.
Durante o seu primeiro ano de funcionamento formáronse en competencias dixitais básicas nas 55 aulas habilitadas na primeira convocatoria un total de 2.409 persoas e agárdase chegar a 2.792 ao longo do ano 2024.
A relación de centros dotados con estas aulas, das que as marcadas en verde son de nova incorporación, é a que se reflicte no seguinte cadro:
Provincia
Concello
Nome do centro
A Coruña
Arteixo
IES de Sabón
A Coruña
Betanzos
IES As Mariñas
A Coruña
Carballo
IES Isidro Parga Pondal
A Coruña
Cedeira
IES Punta Candieira
A Coruña
Cee
IES Fernando Blanco
A Coruña
A Coruña
EPAPU Eduardo Pondal
A Coruña
A Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
A Coruña
Culleredo
IES Rego de Trabe
A Coruña
Curtis
EPAPU de Teixeiro
A Coruña
Ferrol
EPAPU Sta. María de Caranza
A Coruña
Ferrol
IES Concepción Arenal
A Coruña
Melide
IES de Melide
A Coruña
Muros
IES Plurilingüe Fontexería
A Coruña
Noia
IES Campo de San Alberto
A Coruña
Outes
IES Poeta Añón
A Coruña
As Pontes de García Rodríguez
IES Plurilingüe Castro da Uz
A Coruña
Ribeira
IES Nº 1
A Coruña
Sada
IES Isaac Díaz Pardo
A Coruña
Santiago de Compostela
IES Arcebispo Xelmírez I
A Coruña
Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro
A Coruña
Santiago de Compostela
IES San Clemente
Lugo
Burela
IES Monte Castelo
Lugo
Chantada
IES Lama das Quendas
Lugo
Foz
IES de Foz
Lugo
Lugo
CIFP As Mercedes
Lugo
Lugo
EPAPU Albeiros
Lugo
Lugo
IES Muralla Romana
Lugo
Monforte de Lemos
IES Río Cabe
Lugo
Monterroso
EPAPU de Monterroso
Lugo
Outeiro de Rei
EPAPU de Bonxe
Lugo
Ribadeo
CIFP Porta da Auga
Lugo
Ribadeo
IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Lugo
Sarria
IES Gregorio Fernández
Lugo
Vilalba
IES Lois Peña Novo
Lugo
Viveiro
IES María Sarmiento
Ourense
O Barco de Valdeorras
IES Lauro Olmo
Ourense
O Carballiño
IES Manuel Chamoso Lamas
Ourense
Ourense
CIFP A Carballeira
Ourense
Ourense
CIFP A Farixa
Ourense
Ourense
EPAPU de Ourense
Ourense
Ourense
IES Ramón Otero Pedrayo
Ourense
Ourense
IES Universidade Laboral
Ourense
O Pereiro de Aguiar
EPAPU de Pereiro de Aguiar
Ourense
Verín
IES García-Barbón
Pontevedra
Bueu
IES Johan Carballeira
Pontevedra
Cambados
IES Francisco Asorey
Pontevedra
Cangas
IES de Rodeira
Pontevedra
A Estrada
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Pontevedra
A Guarda
IES A Sangriña
Pontevedra
Lalín
IES Laxeiro
Pontevedra
A Lama
EPAPU Nelson Mandela
Pontevedra
Marín
IES Chan do Monte
Pontevedra
Nigrán
IES Escolas Proval
Pontevedra
Ponteareas
IES Val do Tea
Pontevedra
Pontevedra
CIFP A Xunqueira
Pontevedra
Pontevedra
CIFP Montecelo
Pontevedra
Pontevedra
EPAPU Río Lérez
Pontevedra
O Porriño
IES Ribeira do Louro
Pontevedra
Redondela
IES Pedro Floriani
Pontevedra
Sanxenxo
IES de Vilalonga
Pontevedra
Silleda
IES Plurilingüe Pintor Colmeiro
Pontevedra
Tui
IES Indalecio Pérez Tizón
Pontevedra
Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Pontevedra
Vigo
EPAPU Berbés
Pontevedra
Vigo
IES A Guía
Pontevedra
Vigo
IES Castelao
Pontevedra
Vigo
IES de Teis
Pontevedra
Vigo
IES Politécnico de Vigo
Pontevedra
Vigo
IES Santa Irene
Pontevedra
Vilagarcía de Arousa
CIFP Fontecarmoa
Pontevedra
Vilagarcía de Arousa
IES Armando Cotarelo Valledor
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta recoñecerá a excelencia de 23 titulados de FP de Grao Superior cos premios extraordinarios
Summary:
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria destes galardóns, dirixidos aos estudantes que remataron o ciclo no ano 2023
Cada estudante premiado recibe 1.000€, un diploma acreditativo, e poderá concorrer ao correspondente Premio Nacional
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria dos premios extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior para o alumnado que rematou os seus estudos no curso 2022/23. Son en total 23 galardóns, un por cada familia profesional, cos que se recoñecen e valoran publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estas ensinanzas.
Poderán optar a estes premios as persoas que cursaran estudos de FP de grao superior durante o curso 2022/23 nalgún centro educativo galego, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e remataran no ano 2023. Ademais, esíxese unha cualificación final igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.
O prazo de presentación de solicitudes para optar aos galardóns estará aberto ata o día 25 de abril. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.
Cada estudante premiado recibirá 1.000€ e un diploma acreditativo. Ademais, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesSelección de estadías formativas 2024. Resolución provisional
Publicada a resolución provisional da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
O prazo para efectuar reclamación, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Data límite para reclamacións: 03/04/2024 (incluído).
Tema:
Información xeral Programas e plansEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
Profesorado Centros EmpresasUn total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao apoio da Xunta
Summary:
Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e gastos de funcionamento
Os clubs de lectura están concibidos como espazos de aprendizaxe e de convivencia, onde se fomenta a adquisición de competencias lectoras, o traballo en equipo e o intercambio de experiencias
Idioma GallegoUn total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación, desenvolven clubs de lectura nas súas bibliotecas durante este curso grazas ao apoio da Xunta, que destina un total de 400.000 euros a este programa. O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021-2025, é fomentar e consolidar os hábitos lectores e as competencias básicas do alumnado (comunicación lingüística, competencia social, cultural, artística...).
Por provincias, 162 dos centros integrados no programa son da Coruña (24 de nova incorporación este curso), 60 de Lugo (cinco novos), 54 de Ourense (seis novos) e 155 de Pontevedra (18 novos). Cada un deles ten asignada unha contía de entre 600 e 1.235€, en función do tipo de centro e do proposta presentada, para destinar fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar, así como para gastos derivados do funcionamento do club.
Compartir experienciasPoñer en marcha un club de lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de alumnado para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso.
Normalmente estes clubs de lectura -cuxo espazo natural son as bibliotecas escolares- vense enriquecidos polo emprego das tecnoloxías da información e a comunicación (que contribúen á lectura en diversos soportes, permiten introducir as narrativas transmedia e facilitan a difusión de actividades), así como pola participación de adultos da comunidade educativa que propician o intercambio de experiencias interxeracionais.
Ademais da dinamización a prol da lectura e ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida, os Clubs de Lectura tamén están concibidos como espazos de convivencia e de educación cidadá.
Centros de nova incorporaciónOs 53 centros de nova incorporación este curso son os reflectidos na seguinte táboa:
Provincia
Concello
Centro
A Coruña
A Coruña
CEE Nosa Señora do Rosario
A Coruña
A Coruña
CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cervino
A Coruña
A Coruña
CEIP Rosalía de Castro
A Coruña
A Coruña
CIFP Paseo das Pontes
A Coruña
A Coruña
IES Fernando Wirtz Suárez
A Coruña
Betanzos
IES As Mariñas
A Coruña
Boimorto
CPI Armando Cotarelo Valledor
A Coruña
Boiro
CEIP Santa Baia
A Coruña
Boiro
IES A Cachada
A Coruña
Boqueixón
CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto
A Coruña
Camariñas
CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto
A Coruña
Carballo
CEIP Bergantiños
A Coruña
Carballo
CEIP Plurilingüe A Cristina
A Coruña
Fene
IES de Fene
A Coruña
Ferrol
CEIP de Pazos-Mestre García Niebla
A Coruña
Muros
CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío
A Coruña
Muxía
IES Ramón Caamaño
A Coruña
Noia
IES Virxe do Mar
A Coruña
Ordes
CEIP de Mesón do Vento
A Coruña
Ponteceso
CRA Nosa Señora do Faro
A Coruña
Ribeira
CEIP Plurilingüe O Grupo
A Coruña
Rois
CEIP Plurilingüe de Pumar-Urdilde
A Coruña
Santiago de Compostela
CEIP Arquitecto Casas Novoa
A Coruña
Santiago de Compostela
CEIP Pío XII
Lugo
Cospeito
CEIP Plurilingüe de Muimenta
Lugo
Lugo
CEE Santa María
Lugo
Lugo
CEIP Sagrado Corazón
Lugo
Monforte de Lemos
IES Francisco Daviña Rey
Lugo
Pantón
CEIP Plurilingüe Monte Baliño
Ourense
Leiro
CEIP Emilia Pardo Bazán
Ourense
O Barco de Valdeorras
CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas
Ourense
Os Blancos
CEIP Plurilingüe dos Blancos
Ourense
Ourense
CEIP Plurilingüe Albino Núñez
Ourense
Ourense
CEIP Plurilingüe Inmaculada
Ourense
Ourense
CIFP A Farixa
Pontevedra
A Lama
CEIP A Lama
Pontevedra
Barro
IES de Barro
Pontevedra
Cambados
IES Francisco Asorey
Pontevedra
Lalín
CEIP Xesús Golmar
Pontevedra
Meaño
CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas
Pontevedra
Nigrán
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios
Pontevedra
O Grove
CEIP Rosalía de Castro
Pontevedra
Oia
CEIP Mestre Manuel García
Pontevedra
Ponte Caldelas
CEIP Manuel Cordo Boullosa
Pontevedra
Ponteareas
CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera
Pontevedra
Pontevedra
CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos
Pontevedra
Pontevedra
IES Frei Martín Sarmiento
Pontevedra
Redondela
IES de Chapela
Pontevedra
Salvaterra de Miño
CEIP Plurilingüe de Leirado
Pontevedra
Salvaterra de Miño
IES de Salvaterra de Miño
Pontevedra
Valga
IES Plurilingüe de Valga
Pontevedra
Vigo
CEIP de Coutada-Beade
Pontevedra
Vigo
CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Proposta provisional de adxudicación de mobilidades. Persoal Erasmus+ KA131-HED-000064182
Publícase a proposta provisional de adxudicación de mobilidades de persoal convocadas pola Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional.
O prazo de presentación de reclamacións ou renuncias será de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación.
Tema:
Programas e plans Programas europeos e internacionais ErasmusEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
Profesorado CentrosListaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2023 nas universidades do SUG
Xúntanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión referentes á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2023 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A) publicada no DOG do 29 de xaneiro de 2024.
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2023 nas universidades do Sistema universitario de GaliciaTema:
Premios autonómicosEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado UniversitarioColectivo:
Alumnado- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- seguinte ›
- última »
Últimos artigos
Frases
Derek Bok