MARIÑEIRO/A PESCADOR/A

 

MOI IMPORTANTE

Recorda que se te matriculaches de Mariñeiro/a Pescador/a noutro sitio (a Escola Náutica de Vigo, Ribeira, etc) sexa na modalidade presencial ou online, tes que darte de baixa para facer con nós o curso. NON se pode estar matriculado en dous sitios ao mesmo tempo de mesmo curso.

Se non te das de baixa, non poderás facer o exame.

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO

XXMAPX2123 

DESCRICIÓN

Proporciona a formación e requisitos de idoneidade profesional requiridos para dispoñer da Tarxeta Profesional de Mariñeiro/a Pescador/a (sen mando), preceptiva para enrolarse como mariñeiro de buques de pesca.

Ademais se deberá dispoñer do certificado médico de aptitude.

DURACIÓN 70 Horas
REQUISITOS

-Ter cumpridos 16 anos.

-Declaración responsable de posuír aptitude para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos.

-Certificado de estudos primarios ou equivalente.

TEMARIO

MÓDULOS FORMATIVOS

1º-A embarcación de pesca.

2º-O regulamento internacional para previr as abordaxes no mar.

3º-A práctica dunha pesca responsable.

4º-Manipulación e conservación dos produtos de pesca.

ATRIBUCIÓNS

-Manexar con fins comerciais embarcacións de menos de 10 m de eslora, dedicadas á pesca ou auxiliar de acuicultura, que operen exclusivamente dentro das augas interiores dos portos e teñan unha potencia adecuada á embarcación, e sempre que non transporten pasaxeiros.

-Exercer como mariñeiro/a en buques de pesca.

-Para exercer o mando deberá ter realizado un período de embarque non inferior a 6 meses como mariñeiro/a, en buques de pesca ou auxiliares de acuicultura, desde a data de expedición do título profesional de mariñeiro/a-pescador/a. Ademais se deberá dispoñer do certificado médico de aptitude.

-Tamén pódese validar a tarxeta de MARIÑEIRO/A PESCADOR/A –sen restricción de mando– pola correspondente tarxeta de lecer (Patrón/a de Navegación Básica).

 

PASOS A SEGUIR PARA OBTER A TARXETA A TRAVÉS DE INTERNET

Agora, o procedemento normal para solicitar a tarxeta é mediante CHAVE365.

Primeiro tes que solicitar a alta no sistema CHAVE365 nun centro de saúde ou nun edificio administrativo da Xunta de Galicia. Pincha AQUÍ para máis información.

Cando xa teñas usuario/a e contrasinal, entra nesta páxina de CHAVE365 para iniciar a solicitude da tarxeta de Mariñeiro/a Pescador/a.

PASOS A SEGUIR PARA OBTER A TARXETA DE FORMA PRESENCIAL

Xa non se necesita ter o certificado da Escola de ter o curso rematado.

Hai que ir a un edificio da Consellería do mar e presentar:

-Unha fotografía.

-O papel da solicitude de tarxeta, que se pode descargar AQUÍ en PDF para imprimilo.

-O papel das taxas pagadas de solicitude de tarxeta, que se descarga AQUÍ.

Hai que pinchar en "INICIAR TAXA", logo no "CANDADO ABERTO" e despóis en "DESCARGAR MODELO".

Se descarga un PDF con tres follas (unha para o interesado, outra para a Consellería e outra para o banco. Hai que cubrir as tres). 

Tamén hai que pór os seguintes códigos:

 

  • CONSELLERÍA: 12-MAR
  • DELEGACIÓN:13-SERVICIOS CENTRAIS
  • SERVIZO: 05-DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO
  • TAXA: 30.26.01-POR EXPEDICIÓN DAS TARXETAS ACREDITATIVAS DAS TITULACIÓNS
  • OBXECTO DE PAGO: solicitude de tarxeta Mariñeiro/a Pescador/a
  • A INGRESAR: NESTE ENLACE TES AS TAXAS CORRESPONDENTES A CADA  CÓDIGO
PASOS A SEGUIR DESPÓIS DE APROBAR O CURSO

Pincha AQUÍ para saber o que tes que facer despóis de aprobar o curso de Mariñeiro/a Pescador/a.

MÁIS INFORMACIÓN

DATAS DE CURSOS Pincha AQUÍ para saber datas de cursos de Mariñeiro/a Pescador/a.

 

 

MODELO DE TARXETA DE MARIÑEIRO/A PESCADOR/A: