FORMACIÓN BÁSICA EN SEGURIDADE

 

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO

XXMAPX2113

DURACIÓN 70 Horas.
REQUISITOS

DNI, NIE ou pasaporte.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O ESTADO FÍSICO DO ALUMNADO PARA AS PRÁCTICAS.

DESCRICIÓN

Requirirase a posesión do «CERTIFICADO DE FORMACIÓN BÁSICA EN SEGURIDADE» a todo o persoal que exerza funcións profesionais marítimas nos buques civís, así como a aqueles aos que se lles confían tarefas de seguridade ou de prevención da contaminación relacionadas coas operacións do buque, en virtude do Cadro de Obrigacións e Consignas do Buque, do Plan de Emerxencias de a bordo en caso de Contaminación por Hidrocarburos ou do Manual de Xestión da Seguridade.

De interés para aficionados e outros profesionais do sector náutico.  É un dos certificados profesionais necesarios para a titulación de Patrón Profesional de Recreo (PPER).

TEMARIO

1º-Supervivencia no mar en caso de abandono do barco.

2º-Prevención e loita contra incendios e a súa extinción.

3º-Adopción das normas mínimas de competencia nos primeiros auxilios.

4º-Seguridade persoal e responsabilidades sociais.

IMPORTANTE

O certificado de Formación Básica en Seguridade terá unha validez máxima de cinco anos, debendo, unha vez transcorrido este prazo, realizar un novo curso de Actualización a fin de renovalo.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O RECOÑECEMENTO MÉDICO: PINCHA AQUÍ E MIRA O ANEXOS DE ESTE RD 1696/2007

 

VÍDEO SOBRE O RECOÑECEMENTO MÉDICO

PASOS A SEGUIR DESPOIS DE OBTER O CERTIFICADO

Pincha AQUÍ para saber os pasos a seguir despois de obter o certificado.

INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DA LIBRETA MARÍTIMA  
DATAS DE CURSOS  Pincha AQUÍ para saber datas de cursos de Formación Básica en Seguridade.